"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • Andrea di Pietro della Gondola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (1.586 h [2001]). A base da súa economía é a agricultura, co predominio do regadío dedicado principalmente aos cítricos. Conta ademais con industrias de manufactura de peles e a apicultura, que é unha actividade tradicional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero carnívoro que alcanza 150 cm de lonxitude e 150 kg de peso, ten o pelame branco manchado de negro nos ollos, as orellas, as patas e unha gran parte do abdome e do tronco, e presenta na man unha prolongación ósea que parece un sexto dedo, que utiliza para comer bambú. A súa posición filoxenética non está moi clara e durante moito tempo foi incluído na familia dos prociónidos. Habita nas selvas de bambú do S de China, Myanmar, Nepal e Tibet e está en perigo de extinción. OBS: Tamén se denomina oso panda e panda xigante.

    2. Mamífero que alcanza 55 cm de longo e é de cor vermella con manchas brancas na cara e as orellas. Son arborícolas e a súa alimentación baséase no bambú. A súa distribución xeográfica é semellante á do panda. A súa posición filoxenética non está clara e foron incluídos tradicionalmente na familia dos prociónidos, aínda que algúns científicos inclúenos na familia dos úrsidos, ou incluso nunha familia propia, a dos ailúridos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Cubilledo (Baleira). O seu cumio acada os 874 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Valonga (Pol) e Martín (Baleira). O seu cumio acada os 833 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de pandar.

    2. Que torceu ou adquiriu forma curva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás pandanáceas.

    2. Planta da familia das pandanáceas.

    3. Familia de plantas leñosas arborescente ou lianoides, da orde das pandanais, que presentan frecuentemente raíces aéreas ou paliformes, follas trísticas, lanceoladas e en forma de serra, flores unisexuais, dispostas en espádice, e froitos sincárpicos carnosos. Comprende case 300 especies de distribución paleotropical.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás pandanais.

    2. Planta da orde das pandanais.

    3. Orde de plantas leñosas ou herbáceas, da clase das monocotiledóneas, que presentan follas simples, estreitas e paralelinervias, flores unisexuais agrupadas en inflorescencias, e de froitos de diverso tipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. apandar.

    2. Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘sufrir’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Simón da Costa (Vilalba). O seu cumio acada os 700 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Diversión ruidosa e animada en que participan varias persoas.

    2. Festa animada en que se come e bebe en abundancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen é amigo de pándegas.

    2. Que ou quen é simpático, gracioso e divertido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento musical de percusión formado por unha armazón cadrada ou rectangular cuberta por un parche de pel, semellante á pandeireta pero de maior tamaño e con ou sen ferreñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de pandeiros que se tocan ao mesmo tempo.

      1. Forma musical con acompañamento rítmico, semellante ao da muiñeira, que se caracteriza porque a parte musical, o canto e o ritmo son executados por unha soa persoa. É sempre coreada e rítmica, de ritmo melódico binario, cun acompañamento de ritmo terciario ostinato baseado na reiteración. A melodía pode articularse sobre o mesmo ritmo de acompañamento ou sobre outro diferente. A súa denominación garda unha estreita relación co instrumento de percusión co que se marca o ritmo: o pandeiro, ás veces substituído pola pandeireta. A súa orixe é incerta, xa que non se conserva ningunha fonte documental que indique a época precisa en que se creou, se ben o carácter arcaico dalgunhas das composicións fai pensar na pandeirada como unha das formas máis antigas do folclore galego, antecedente da muiñeira.

      2. Baile ao son desta música.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento musical de percusión que consiste nun aro de madeira, de 25 a 30 cm de diámetro, revestido nun dos lados con pel de ovella e que nos bordos leva colocados, nunhas rañuras, en grupos de dous, uns discos de latón, denominados ferreñas, nunha cantidade que oscila entre os 7 e os 14 pares. As fendas do aro e colocadas en dous planos paralelos á membrana, poden presentarse alternas ou ben situadas perpendicularmente. Tócase movéndoo cunha man e golpeándoo contra a outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que toca a pandeireta.

    2. Persoa que vende ou fai pandeiretas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento musical de percusión cuadrangular constituído por un bastidor de madeira, duns 35 cm de lado e 5 cm de ancho, revestido dunha pel de cabra, dobrada nun dos seus extremos e cosida nos outros tres, que se toca golpeándoo coas mans, os cotenos, etc. No interior sitúanse unhas pequenas cordas das que se penduran uns axóuxeres que lle dan maior sonoridade, e no exterior vai unha correa de coiro para poder penduralo do pescozo, ou ben dúas cintas para poder atalo no van.

    2. Músico que toca este instrumento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Braña (Baleira). O seu cumio acada os 904 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO