"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Templo rupestre exipcio, consagrado á deusa Pakhet, situado a 1,5 km ao S da actual vila de Bani Hassan, na ribeira oriental do Nilo. Na época faraónica recibía o nome de Seret, actual Istabl ‘Antar. É obra de Hatšepsut. Está composto de dúas salas: un pórtico ou vestíbulo exterior e un santuario, conectados por un curto pasadizo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario subterráneo do antigo Exipto. Escavados na rocha, tiñan as fachadas adornadas con estatuas colosais dos faraóns. Destacan os dos templos de Abu Simbel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista alemán. Profesor nas universidades de Viena (1913) e Bonn (1918), en 1933 abandonou Alemaña, e foi profesor en Istambul, e en 1936 pasou a Baltimore. Formado na escola de Meyer-Lübke, das súas obras cómpre destacar Die Wortbildung als stilistisches. Mittel exemplifiziert an Rabelais (1910), Aufsätze zur romanischen Syntax und Stilistik (1918), Italienische Ungangsprache (1922), Stilstudien (1928), Romanische Stil-und Literar-studien (1931), Linguistics and Literary History (1948), Essays in Historical Semantics (1948), Romanische Literaturstudien: 1936-1959 (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo polaco. Destacan as escolmas poéticas Dzien duszy (O día da alma, 1903), Ptakom niebieskim (Aos paxaros do ceo, 1905), Teçzalez i krwi (O arco iris de lágrimas e sangue, 1918) e Wiklina (O vimbio, 1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e médico alemán. Foi o creador da teoría do floxisto, que expuxo na obra Fundamenta chimiae (1723), coa que se explicou durante moitos anos o fenómeno da combustión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xenetista. Fixo numerosos estudos sobre o proceso de evolución das plantas, as propiedades xenéticas das novas especies e a variación dos cromosomas. Escribiu Chromosomal evolution in higher plants (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario e escritor. Estudou as relacións entre literatura e sociedade. Das súas obras destacan a narración Anno Domini (1964) e os ensaios Tolstoy or Dostoevsky (1958), The Death of Tragedy (1960), After Babel (1975), Antigones (1984), Passion Spent: Essays 1978-96 (1996), Errata: an Examined Life (1997) e Grammars of Creation (2001). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades en 2001.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema segundo o que o momento de inercia dun corpo de masa m respecto a un eixe que está a unha distancia d do centro de gravidade do corpo é igual ao momento de inercia respecto a un eixe paralelo ao anterior e que pasa polo centro de gravidade (I0), aumentado do momento de inercia que tería se toda a masa quedase concentrada no centro de gravidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante e pintor suízo. Foi un importante cartelista, ilustrador de libros e augafortista, e destacou como debuxante realista de temas populares.  

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e inventor inglés. Elaborou o proxecto da primeira locomotora de vapor, construíu a locomotora para a liña de ferrocarril Stockton-Darlington (inaugurada en 1825), perfeccionou as locomotoras e construíu The Rocket coa colaboración do seu fillo Robert Stephenson (Willington 1803 - Londres 1859), co que contribuíron á expansión do ferrocarril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico estadounidense. Da súa filmografía destacan Alice Adams (1935), A Place in the Sun (1951, Oscar ao mellor director en 1952), Shane (1953), Giant (1956, Oscar ao mellor director en 1957), The Diary of Anne Frank (1958) e The Only Game in Town (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Partidario da economía libre, o seu pensamento evolucionou cara a unha maior comprensión do marxismo. O seu artigo “The Cost of Subsistence” (1945) foi precursor da programación lineal. Das súas obras destaca Prodution and Distribution Theories (1941), Theory of Prices (1952) e Essays in the History of Economics (1965). En 1982 recibiu o Premio Nobel de Economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e físico irlandés. Como físico estudou a dinámica dos fluídos e investigou a fluorescencia e a difracción da luz, e estableceu a primeira e segunda lei de Stokes. Como matemático formulou un teorema sobre as integrais de superficie (1849) e estudou a converxencia das series.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Teorema segundo o que, dada unha rexión R, con fronteira C e superficie S, en que se dan certas condicións de regularidade, se verifica que

    FORMULA
    onde F é un campo vectorial sobre R.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra. Formado en Londres e en Oxford, naturalizouse estadounidense. Dirixiu a orquestra de Philadelphia (1912-1936), a NBC Symphony Orchestra (1941-1944), a Orquestra Filharmónica de Nova York (1949-1950) e compuxo numerosas bandas sonoras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e matemático irlandés. Estudou a estrutura da materia, a teoría cinética dos gases, as ondas e a electricidade, na que introduciu o termo electrón e tentou calcular a súa carga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta alemán. A súa poesía caracterízase por un acentuado lirismo; destaca Gedichte (Poemas, 1852). Cultivou tamén a novela como Immensee (O lago Immen, 1852) ou Die Söhne des Senators (Os fillos do senador, 1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fonetista e romanista francés. Doutor polas universidades de Praga e de Estrasburgo, impulsou a Revue de linguistique romane desde a súa reaparición en 1953 e fundou os Travaux de Linguistique et de Littérature (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo alemán naturalizado estadounidense. Na súa produción distínguense tres períodos: unha primeira etapa de erudición, con Die Religionskritik Spinozas (A crítica da relixión en Spinoza, 1930); unha segunda co descubrimento da literatura esotérica que o abriu a unha nova comprensión da Antigüidade, con On Tyranny: An Interpretation of Xenophon’s Hiero (1948), Persecution and The Art of Writing (1952) e Natural Right and History (1953); e unha terceira en que se esforzou por restablecer unha lectura inxenua dos clásicos, como en Thoughts on Machiavelli (1958), City and Man (1964) e The Argument and the Action of Plato’s Laws (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e director de orquestra. Foi director de orquestra en Múnic e Berlín e director xeral da ópera de Viena (1919-1924). Cultivou a música tonal, da que destacan Don Juan (1889), Till Eulenspiegel (1895), Also sprach Zarathustra (Así falou Zarathustra, 1897), Sinfonia Domestica (1904) e Eine Alpensinfonie (A sinfonía dos Alpes, 1915). No campo dramático amosouse moi audaz, especialmente en Salomé (1905), con texto de O. Wilde. Con Elektra (1908) iniciou a colaboración co escritor H. von Hoffmannstal. Outras obras foron Der Rosenkavalier (O cabaleiro da rosa, 1911), Ariadne auf Naxos (1916), Intermezzo (1924), Arabella (1933) e finalmente Capricio (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO