"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín publicado na Coruña a partir de 1959. Subtitulado “Boletín informativo” a partir do número 7, foi unha das primeiras publicacións fotográficas editadas en Galicia. Cunha periodicidade mensual, tivo un carácter divulgativo e didáctico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación fundada en 1982 por licenciados en Xeografía que ten como finalidade o coñecemento dos aspectos xeográficos de Galicia, a organización de seminarios e congresos para difundir o interese pola Xeografía e a conservación e defensa da paisaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación fundada en 1912 na Guarda coa finalidade de protexer o monte de Santa Tegra e dotalo de infraestruturas. Promoveu a escavación dos restos arqueolóxicos a partir de 1914 e a construción do museo. En 1929 ampliouse a agrupación para fundar o Patronato do Monte de Santa Tegra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representación gráfica dos resultados obtidos en sociometría.
-
PERSOEIRO
Poetisa rusa. Escribiu en sueco e introduciu o expresionismo na literatura sueca. Destacan Dikter (Poemas, 1916), Septemberlyran (A lista de setembro, 1918) e Rosenaltaret (O altar de rosas, 1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de España, filla do Rei Paulo I de Grecia e de Federica de Hannover. Con motivo da invasión do seu país polos alemáns (1941) exiliouse coa súa familia en Creta, en Exipto e en África do Sur ata 1946. Realizou estudos de música e arqueoloxía. En 1960 participou como suplente no equipo de vela grego nos Xogos Olímpicos de Roma. En 1962 casou en Atenas co futuro Rei Xoán Carlos I de España, con quen tivo tres fillos. Presidenta executiva da Fundación Reina Sofía e presidenta de honra da Fundación de Ayuda contra la Drogadición e do Real Patronato de Discapacidad, ademais doutras institucións, participa, entre outros, en proxectos internacionais sobre o desenvolvemento da muller rural.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre os concellos de Laza, Vilariño de Conso e Castrelo do Val. O seu cumio acada os 1.369 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pai ou nai dun dos cónxuxes respecto do outro.
-
PERSOEIRO
Político e militar tailandés. Oficial do exército, participou no golpe de estado conservador de 1932. En 1938 asumiu o poder e implantou unha ditadura dereitista e nacionalista. Destituído (1945), volveu ao poder mediante un golpe de forza (1948-1957), apoiou aos franceses durante a guerra de Indochina, e desde 1955 intentou liberalizar o seu réxime. Derrotado por un golpe de estado (1957), retirouse a Xapón.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Técnica que se emprega para analizar os fondos mariños mediante a emisión e recepción de ecos que varre transversalmente os costados dun barco especialmente preparado.
-
Imaxe do fondo mariño que se obtén por sonografía.
-
-
ecografía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiu en 1925 a antiga cidade rusa de Caricyn ou Tsaritsyn e que en 1961 foi cambiado polo de Volgograd.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate que se desenvolveu en Stalingrado no transcurso da Segunda Guerra Mundial (1942-1943). Logo de franquear o Don, as tropas alemás, baixo as ordes de Von Paulus, atacaron a cidade, defendida polos rusos, comandados por Čujkov. Os alemáns ocuparon algunhas zonas da cidade, pero non conseguiron pasar o Volga. A finais de novembro, as tropas rusas atacaron e rodearon ás de Von Paulus, que capitulou o 21 de xaneiro de 1943.
-
PERSOEIRO
Astrofísico sueco. Foi profesor nas universidades de Chicago e de Copenhaguen. Desenvolveu a teoría das nubes luminosas interestelares, denominadas esferas de Strömgren, que están formadas por hidróxeno ionizado por estrelas a altas temperaturas, e estudou a clasificación espectral.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Subdivisión dun grupo.
-
-
Calquera subconxunto H dun grupo (G, +) tal que é estable para a operación do grupo e el mesmo é un grupo para esa operación. O conxunto de enteiros coa operación de adición é un subgrupo do grupo aditivo de números racionais.
-
subgrupo normal
Subgrupo H dun grupo non conmutativo <G,∗,e> só se, para cada g∈G, g∗H = H∗g. Estes subgrupos definen unha relación de equivalencia que é compatible coa estrutura do grupo e son adecuados para que o cociente G/H herde a estrutura do grupo.
-
-
-
-
Arbusto perennifolio, de 1 a 3 m de altura, con follas compostas, imparipinnadas, con folíolos ovais ou lanceolados e dentados. As flores son pequenas, numerosas e de cor branca, dispostas en tirsos e froito en drupa de cor parda vermella. Florece entre a primavera e o verán e os froitos maduran a finais do verán ou principios de outono. A casca e as follas, ricas en taninos, empréganse en curtidos.
-
Arbusto, de ata 8 m de altura, con follas caducas, imparipinnadas con folíolos oblongo-lanceolados e dentados. As flores son unisexuais, pequenas, dispostas en espigas e froito en drupa de cor vermella. É orixinario de EE UU e pódese atopar como ornamental en parques e xardíns e asilvestrada en diversas zonas do N da Península Ibérica.
-
Arbusto caducifolio, de 1 a 3 m de altura, con pólas gabeadoras ou rastreiras, follas trifoliadas, flores verdosas, dispostas en acios axilares e froitos en drupa de cor amarela. É orixinario de América do Norte.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Marca ou fronteira, nos países árabes.
-
IGREXAS
Igrexa con vestixios medievais que destaca pola pequena capela funeraria neorrománica dun lateral.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena estatua de terracota policromada de época helenística que tomou o nome da cidade de Tanagra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade da Beocia (Grecia), ao L de Tebas, que sobrevive actualmente no poboado homónimo (1.097 h [1981]). Sometida a Roma en 145 a C, continuou florecendo ata o s VI. Tiña un templo de Hermes, cunha estatua do deus feita por Calamis.