"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
PERSOEIRO
Político e escritor. Foi durante uns anos a figura máis importante do rexurdimento político catalán. Participou na revolución de setembro en Barcelona (1868), interveu na fundación do Partit Republicà Democratic Federal e foi elixido primeiro presidente do Club dos Federalistas. Iniciou a publicación do primeiro diario en lingua catalá El Diari Català (1879). No 1866 presidiu os Jocs Florals de Barcelona, e publicou a súa obra capital: Lo Catalanisme. Motius que el legitimen, fonaments científics y soluciòns pràctiques (O Catalanismo. Motivos que o lexitiman, fundamentos científicos e solucións prácticas), exposición sistemática da doutrina catalanista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Traballou como liquidador de Utilidades. En colaboración co funcionario de Facenda Luis Castañón Suárez publicou Legislación del Nuevo Estado Español. La contribución excepcional sobre beneficios extraordinarios de guerra (1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico cirurxián. Realizou investigacións sobre o aparato dixestivo, entre as que cómpre salientar Resultados lejanos de la gastroenterostomía como tratamiento de las retracciones cicatriciales de píloro, tema da súa tese de doutoramento (1904). Estivo vencellado aos círculos rexionalistas cataláns.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xurista arxentino. Opositor a J. M. Rosas, tivo que exiliarse a Montevideo. Ao retornar do exilio, foi elixido Gobernador de Bos Aires (1852-1857), senador (1861) e Presidente do Senado (1867). Redactou o Código Penal do 1862.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Conxunto de dialectos do alemánque sufriron a segunda mutación consonántica. Comprende os dialectos alto alemáns inferiores, nomeados en alemán mitteldeutsch (‘alemán medio’), occidental e oriental, e os alemáns superiores, nomeados oberdeutsch (‘alemán superior’), alamánico e bávaro.
-
Relativo ou pertencente ao alto alemán.
-
-
alto alemán inferior occidental Dialecto alemán que comprende as falas populares de grande parte do territorio de Renania, o Palatinado, Franconia, Hessen a parte setentrional de Württemberg e de Lorena, o Gran Ducado de Luxemburgo e o territorio belga de Eupen e Malmedy.
-
alto alemán inferior oriental Dialecto alemán que comprende as falas populares de Turinxia, da alta Saxonia e da parte meridional de Brandenburgo (incluída a cidade de Berlín), e a poboación xermánica de Silesia (entre os estados de Polonia e da República Checa).
-
-
PERSOEIRO
Economista e político. En 1879 defendeu publicamente o socialismo de cátedra e a súa adhesión ao Krausismo no seu discurso reitoral El socialismo de cátedra. Difundiu a obra dos grandes economistas alemáns da época como Adolf Wagner e Albert Schäffte.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Líder comunista. O maior de nove irmáns dunha familia de clase media, fixo os seus estudios primarios entre a súa vila natal e a cidade de Ourense, para pasar a continuación ao Instituto de Santiago de Compostela, localidade na que tamén cursou veterinaria, profesión que comezaría a exercer en Maceda. Descoñécese a data de inicio do seu compromiso político, pero parece que a súa primeira detención data de 1930. A época con máis repercusión pública da súa actividade política, ligada á súa militancia no Partido Comunista de España, corresponde aos anos da Segunda República, cando foi nomeado Secretario Provincial do PCE na cidade de Ourense, localidade á que trasladará a súa residencia para se dedicar integramente á política. A proxección das súas actividades dende este posto permitíronlle resultar elixido membro do Comité Central do PCE no seu IV Congreso, celebrado en Sevilla en abril de 1932. Nas eleccións de 1933 os comunistas presentaron na circunscrición de Ourense unha candidatura...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Publicou poesía na prensa periódica e o libro Caminos al atardecer (1973), e en galego, o poemario Albas de primaveira (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Catedrático de Dereito Romano e membro do grupo de intelectuais da Institución Libre de Enseñanza. Comezou a súa actuación parlamentaria como republicano opoñéndose ao Goberno de Maura. Dende 1901 converteuse en Deputado Permanente pola Unión Republicana de Salmerón pero, como consecuencia da integración deste no pacto lectoral da Solidaridad Catalana, pasou a liderar unha liña crítica dentro do propio seo republicano. Logo, integrouse na Conjunción Republicano-Socialista. A Galicia chegou no 1911 con Salvatella cando xa era ben coñecido polo seu labor político no Congreso. Daquela, o republicanismo na Coruña chocaba coas diferentes faccións do republicanismo nacional inclinándose polo reformismo de Melquíades, liderado por Joaquín Martín Martínez. No 1912 fundou o Partido Reformista, integrado por un nutrido grupo de intelectuais que entrou no xogo das forzas monárquicas fronte ao republicanismo clásico e aos socialistas. Tamén viaxou con Basilio Álvarez a Bande onde conseguiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Redactor gráfico de El Progreso, delineante e fotógrafo. Foi delegado en Lugo da axencia Efe e da Asociación Nacional de Informadores gráficos de Prensa. Recibiu diversos premios en fotografía artística (1976-1979). As súas creacións poden contemplarse nos volumes Lugo, cita con los siglos (1982), Dueños de la luz (1990), La otra cara (1996) ou Cinco años de jazz 1991-1995 (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor ruso. Escribiu numerosos romances, dos que o máis coñecido é Solovej (O rousinol).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos amalecitas.
-
Individuo dunha das tribos nómadas establecidas no S do Negueb, que aparecen na Biblia como descendentes de Amalec, neto de Esaú. En guerra constante cos israelitas, foron exterminados por David.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
amalecita.
-
PERSOEIRO
Rei de Xerusalén (1162-1174). Fillo de Foulques de Anjou e sucesor do seu irmán Baldovino III. Para impedir que o gobernante turco de Siria, Nūr al-Dīn, se apoderase do Exipto fatimita, pactou co seu sogro, o Emperador de Bizancio, Manuel I de Comneno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei nominal de Xerusalén (1197-1205) e de Chipre (Amalrico I, 1194-1205). Herdou do seu irmán Guido I de Xerusalén o señorío de Chipre (1194). No 1197 foi nomeado Rei de Xerusalén polo seu casamento con Isabel I, viúva de Conrado de Montferrat. Axudado polos cruzados alemáns, tomou Beirut.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Feito de posuír simultaneamente dous valores diferentes, dúas significacións opostas.
-
Presencia simultánea de sentimentos antagónicos cara a unha mesma persoa ou cousa, especialmente amor e odio.
-
-
-
Pertencente ou relativo á ambivalencia.
-
Que presenta ambivalencia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comarca de Navarra, no S da serra de Urbasa. Abrangue a Ameskoa Alta e a Ameskoa Baixa.
-
PERSOEIRO
Novelista ruso. Emigrou a París e dirixiu unha revista de oposición. O esencial da súa obra constitúeno novelas sobre a intelligencija rusa de fins do s XIX e sobre problemas como o da prostitución: Marja Susjevna (1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Extirpación dunha ou das dúas amígdalas palatinas, chamada tamén tonsilectomía.