"André" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

  • PERSOEIRO

    Regatista. Participou en probas da clase 470 e Láser, e competiu nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996) e nos de Sydney (2000), onde navegou na clase Mistral. Conseguiu a medalla de bronce   no Campionato de Europa (1999) e a segunda praza na Semana de Hyères.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. As súas obras reflicten a súa ideoloxía filocomunista e apóianse nas súas experiencias vitais en Indochina, na Guerra Civil Española e na Segunda Guerra Mundial. Trala contenda foi ministro de Información (1945-1946) e de Cultura (1959-1969). Escribiu La tentation de l’Occident (1926), Les conquérants (1928), La condition humaine (Premio Goncourt 1933), L´espoir (1937) e Les noyers d´Altenburg (1943). Despois de dedicarse á procura de elementos estéticos, redactou as súas Antimémoires (1967) e publicou Les chênes qu’on abat (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote e pedagogo. En 1877 foi profesor de dereito canónico en Santiago de Compostela e, en 1902, foi a figura máis destacada do Congreso Católico Nacional de 1902, celebrado en Santiago de Compostela. En 1888 abriu en Granada a primeira escola católica para nenos pobres, as escolas do Ave María, en que introduciu métodos orixinais de pedagoxía activa, desde unha posición ecléctica, que rexeitaba as posicións filosóficas do movemento internacional da escola nova e activa. Foi un dos defensores da moral católica e un dos rivais de F. Giner de los Ríos. Escribiu El pensamiento de las escuelas del Ave María (1900-1903), Derechos de los padres de familia en la instrución y la educación de sus hijos (1902), Las escuelas laicas (1910), El maestro mirando hacia dentro (1915), El maestro ideal (1916) e El maestro mirando hacia fuera (1923). Ademais publicouse unha edición das súas obras en 8 volumes (1945-1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Formouse en Padua, onde realizou interesantes experimentos coa perspectiva na decoración da capela Ovetari da igrexa dos Eremitani (1448-1451) e no retablo da Virxe da igrexa de San Zeno de Verona. Xenro de Iacopo Bellini, recibiu influencias dos pintores desta familia, reflectidas en La morte della Vergine ou Madonna col bambino. En 1460 foi chamado á Corte de Mantua, onde pintou San Sebastino (1476) e Orazione nell’orto e decorou a Camera degli sposi no palazzo ducale (1472-1474). Tras unha viaxe a Roma (1488-1490), fixo a serie Trionfo di Cesare para Federico Gonzaga, Madonna della Vittoria (1495) e Il Parnaso. Nos últimos anos pintou Cristo morto, estudo de anatomía que representaba un magnífico escorzo e a culminación do seu estilo. Como gravador foi un dos primeiros mestres do Renacemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Foi un dos iniciadores da análise química e introduciu o uso do microscopio nos estudios químicos. Empregou o ensaio á chama para diferenciar o sodio do potasio e obter o P2O2 por combustión do elemento; e tamén demostrou en1946 que o cinc era un elemento, cando conseguiu illalo en estado puro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Traballou con Francisco Casas no retablo de san Bieito para o mosteiro de San Martiño Pinario (1742-1743).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático ruso. Traballou na lei dos grandes números e analizou os procesos estocásticos, que considera como unha cadea de probas, denominada cadea de Markov. Aplicou os seus coñecementos matemáticos á lingüística (análise de Markov).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e guionista. Foi autor de novelas de serie negra e libros infantís. Escribiu guións de cómics e de películas como Estoy en crisis (1982), El caballero del Dragón (1985) e Barcelona Connection (1987), e dirixiu a película Sauna (1989). Para televisión traballou nos guións das series Crónica negra e Pájaro en una tormenta. Destacan as súas obras Aprende y calla (1979), Infern forestal (1987), Flanagan Blues Band (1997) e Los vampiros no creen en Flanagans (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista francés. Influído polo Círculo Lingüístico de Copenhague e polos behavioristas estadounidenses, sobre todo por L. Bloomfield, foi o principal representante da escola funcionalista francesa e o difusor dos métodos estruturalistas en Europa. Creou a Société internationale de Linguistique fonctionnelle (SILF) e a revista La lingüistique (1965), órgano oficial do funcionalismo. Centrou os seus estudios na lingüística xeral e na fonoloxía, baseándose na premisa de que o obxecto básico da linguaxe é o de satisfacer as necesidades comunicativas, polo que é básico determinar os trazos lingüísticos capaces de transmitir información. Da súa produción destacan Phonology as Functional Phonetic (1949), Economie des changements phonétiques: traité de phonologie diachronique (1955), Èléments de linguistique générale (1960), A Functional View of Language (1962), La linguistique synchronique. Études et recherches (1965), Le langage (1968),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anatomista. Fundou o Museo Arqueológico e a Sociedad Económica de Amigos del País e dirixiu o Hospital de San Roque de Santiago de Compostela. Publicou un estudo sobre frei Martín Sarmiento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Coñecido como Rómulo Galíndez, escribiu en Grial o artigo “Sobre la emigración de Curros Enríquez”. Das súas obras destacan Íntimas: fragmento de una autobiografía e impresiones de un viaje (1903), Rasgos (1904), a colección de artigos Ráfagas (1905), Siluetas (1907) e Semblanzas raciales (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquiveiro e editor. Logo de estudar a carreira de Diplomática nas escolas superiores de Oviedo e Madrid, ingresou en 1865 no Arquivo do Ministerio de Gobernación. En 1872 trasladouse ao Arquivo do Reino de Galicia, na Coruña, onde comezou a súa estreita amizade con Manuel Murguía. Desde esta ocupación profundizou na campo da historiografía, baseándose na recollida de documentación tratada de forma sistemática e detallada. Nese proceso de investigación tirou do prelo numerosos estudios con documentación inédita, como Crónica Troyana. Códice gallego del siglo XIV (1900), Fragmentos de un nuevo códice gallego de “Las Partidas” (1910), Documentos gallegos de los siglos XIII al XV (1911) e Documentos gallegos del Archivo Municipal de La Coruña (1915). No eido da investigación lingüística e histórica, cómpre salientar Antiguallas de Galicia. Los nombres de La Coruña (1889), “La fauna en la toponimia gallega” (1912-1913) e De la Guerra de la Independencia en Galicia (1953). Colaborador de diversas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Entrou no Parti Communiste Français (PCF) en 1923 e converteuse en membro do comité central en 1925. Formou parte do comité executivo da Terceira Internacional, da que foi secretario (1935). Paralelamente foi tamén deputado, conselleiro municipal de París, conselleiro xeral do Sena e deputado por Puteaux (1923) e París (1936). Despois da liberación de París, foi elixido deputado e secretario do comité central do PCF (1947). En 1952 foi excluído do partido acusado de desviacionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Polemizou contra a tiranía relixiosa exercida polo goberno. Escribiu importantes composicións de tema amoroso, como To his coy mistress, versos eloxiando a Cromwell, como Horation Ode upon Cromwell’s Return from Ireland e Upon trhe Death of his Late Highness the Lord Protector, e sátiras sobre o rei. Os seus poemas foron recompilados en 1681, baixo o título Miscellaneous poems.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés, duque de Rívoli e príncipe de Essling. Nomeado xeneral en 1793, a súa participación decidiu as batallas de Lodi e Rivoli. Derrotou os rusos en Zúric (1799) e defendeu Xénova (1800). Foi enviado a Portugal, loitou contra o duque de Wellington e como mariscal desde 1804, librou a indecisa Batalla de Fuentes de Oñoro (1811).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, gravador e debuxante francés. Cultivou o cubismo (1922) e introduciuse no surrealismo (1923-1929) con obras como Les quatre éléments (1923-1924). Pintou series sobre os mesmos temas, como Massacres (1931-1933) e en España (1934-1936) realizou Insectes e ilustrou Tauromachie de M. Leiris. Refuxiado en EE UU en 1941, exerceu unha grande influencia sobre a action painting. Influído pola abstracción e despois polo informalismo, pintou Cérémonies e como gravador ilustrou El cerco de Numancia de Cervantes (1937) e Woyzeck de G. Büchner (1963). Debuxou os decorados e o vestiario de Morts sans sépulture de J. P. Sartre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - 1083?) Nobre, filla do conde Balduíno V. Casou con Guillerme I ; de Inglaterra o Conquistador e atribuíuselle a autoría do Tapiz de Bayeux.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Coñecido como Émile Herzog, as súas experiencias na Primeira Guerra Mundial reflectíronse en Les silences du colonel Bramble (1918). Cultivou un estilo elegante e convencional e publicou as obras Bernard Quesnay (1926), Climats (1928) e Le cercle de famille (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo. Doutor en medicina, investigou sobre a estrutura e a natureza coloidal do protoplasma, sobre os equilibrios físico-químicos nas células vivas, sobre a regulación térmica nos organismos e sobre os efectos fisiolóxicos dos gases de combate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo francés. Determinou a posición de numerosos planetas e estrelas, e estudiou as eclipses de Sol. En 1787 comprobou, xunto con Cassini e Legendre, a diferenza de lonxitudes dos observatorios de París e Greenwich. Entre 1792 e 1798 mediu, con Delambre, o arco de meridiano comprendido entre Dunquerke e Barcelona para establecer a lonxitude do metro patrón. Tentou aumentar a precisión das medidas prolongando o meridiano ata as Illes Balears, pero morreu mentres realizaba esta tarefa.

    VER O DETALLE DO TERMO