"ERS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
PERSOEIRO
Mariño. Alférez de fragata na Mariña española (1776), foi destinado a América para vixiar as costas da rexión de La Plata (1779). Foi gobernador de Misiones e capitán do porto de Ensenada (1806). Defendeu Bos Aires dos ataques ingleses (1806-1807). Nomeado vicerrei de Río de La Plata (1807), morreu fusilado polos revolucionarios en 1810.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fibra de algodón moi pequena que se saca das sementes por medio da máquina Linter-Gin e que se aproveita para a obtención de derivados químicos da celulosa, para a obtención de algodón hidrófilo e na fabricación de papel.
-
PERSOEIRO
Óptico neerlandés. En 1608 reivindicou a invención da lente de longa vista, que algúns investigadores atribuíran a Zacharias Jansen en 1590.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político neerlandés. Coñecido como Ruud Lubbers, foi membro do Katholieke Volkspartij (KVP) entre 1973 e 1997. Ministro de Facenda durante o goberno de Den Uyl (1973-1977), foi elixido presidente do grupo parlamentario dos democristiáns denominados Christen Democratisch Appèl (CDA), integrado polo antigo KVP e outros partidos confesionais en 1978. Primeiro ministro entre 1982 e 1993, foi nomeado alto comisionado da ONU para os refuxiados en 2001.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Estudiou e foi profesor da Universidade de Chicago. Foi o principal representante da denominada Macroeconomía Clásica. Recibiu o Premio Nobel en Ciencias Económicas (1995) por desenvolver e aplicar a hipótese das expectativas racionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta escocés. Despois dunha laboriosa recollida de manuscritos gaélicos, xunto co tamén poeta John Hume, publicou Fragments of Ancient Poetry... Translated from the Gaelic Language (1760), Fingal (1762) e Temora (1763), onde afirmaba que eran obra dun poeta gaélico do s III chamado Ossian. Recibiu fortes críticas porque non se coñecía ningún manuscrito gaélico anterior ao s X. Probablemente se baseara en parte nuns orixinais antigos que transformou dándolles un contido distinto.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de malversar.
-
Delito contra a propiedade pública que poden realizar as autoridades ou funcionarios que gardan os efectos públicos ao seu cargo. O funcionario pode cometer este delito coa subtracción activa ou co consentimento para que outro o realice, coa utilización dos bens públicos para uso propio ou diferente ao que son destinados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen malversa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apropiarse ou facer un uso inadecuado dun diñeiro público que se tiña baixo obrigación de custodia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento asinado por un grupo de deputados, encabezados por Bernardo Mozo de Rosales, que lle foi presentado a Fernando VII en València (abril de 1814). O manifesto demandaba a supresión da constitución e dos decretos das Cortes de Cádiz, e serviulle a Fernando VII para xustificar a posteriori o restablecemento do absolutismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Holding financeiro de EE UU que se constituíu en Nova York, como resultado da fusión da Manufacturers Trust Company, creada en 1905 e o Hanover Bank, sucesor do Phoenix Bank, creado en 1812. O grupo desenvolveu sobre todo actividades bancarias, pero tamén todo tipo de actividades financeiras como leasing, crédito hipotecario ou factoring.
-
VER O DETALLE DO TERMO
María de Antioquía.
-
PERSOEIRO
Mártir. Foi martirizada en Roma co seu esposo Mario. A súa festividade celébrase o 29 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sexólogo estadounidense. Traballou coa psicóloga e socióloga Virginia E. Johnson, e as súas achegas en sexoloxía e psicoloxía sexual considéranse fundamentais. Da súa produción destacan Human Sexual Response (1966) e Human Sexual Inadequacy (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Desenvolveu en Inglaterra a súa obra novelística e teatral. Describiu as miserias dos arrabaldes de Londres nas novelas Liza of Lambeth (1897), Mrs. Craddock (1902) e Cakes and Ale (1930). En teatro dirixiu The Land of Promise (1913) e The Letter (1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora estadounidense. En 1940 acadou un grande éxito coa súa primeira novela The Heart is a Lonely Hunter (1940). Tamén publicou Reflections in a Golden Eye (1941), cunha versión cinematográfica de John Houston (1967), e o libro para nenos Sweet as a Pickle, Clean as a Pig (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Licenciouse en 1884 na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como titular do concello de Fene desde 1895. En 1891 trasladouse a Ferrol, onde dirixiu o Boletín del Colegio Médico-Farmacéutico e colaborou na prensa local. Publicou Escuelas de Artes y Oficios del Ferrol. Memoria leída en la solemne apertura del curso de 1901 a 1902 [...] (1902).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Poetas-músicos alemáns que tiveron moita relevancia nos ss XIV, XV e XVI. Organizábanse en grupos corporativos e eran fieis ao estrito formalismo do simbolismo musical. O máis famoso foi Hans Sachs.
-
PERSOEIRO
Compositor e musicólogo. Nas súas obras predomina o eclecticismo e a busca de efectos instrumentais. Destacan os seus estudos musicolóxicos François Couperin (1950) e Music and Society (1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome sueco do lääni Keski-Suomen.