"Gonzalez" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 326.
-
GALICIA
Poeta. Licenciado en Filosofía e Dereito e graduado pola Escuela Oficial de Periodismo, foi fundador e redactor da revista Certamen. Pertenceu á Xeración do 36 e foi autor de A beira da vida (1988), publicada postumamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse en París, -na Académie Julien- onde se estableceu ao redor de 1906, aínda que desde 1908 regresou esporadicamente a Galicia e participou nas exposicións rexionais. Na súa obra, de forte riqueza cromática, recolleu todos os postulados impresionistas, especialmente nas súas paisaxes (O piñeiral de Ecuina e Mariña, 1913). Tamén destacan as súas pinturas naturalistas (Nu, 1891 e 1914) ou as composicións idílicas (Idilio vasco,1920; O pastor). Recibiu a segunda medalla no Salon dos Champs-Élysées (1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiadora. Especilista en historia contemporánea, foi codirectora desde 1988 do proxecto HISTORGA (Historia Oral de Galicia), que recollía testemuños orais da historia recente de Galicia e formou parte do Seminario de Fontes Orais. Publicou Prensa juvenil y estudantil en el bando franquista de la Guerra Civil (1986) e La Universidad de Santiago de Compostela 1898-1936 (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Estudou dereito en Oviedo e titulouse en xornalismo en Madrid (1968). En 1969 fíxose cargo da delegación de El Ideal Gallego en Santiago de Compostela. Foi correspondente de Ya e da axencia Logos. Deseñador da revista Outeiro (1981), en 1984 exerceu como director-xerente da Fundación Araguaney e director de programas na produtora CTV. Foi guionista da TVG, traballou, desde 1993, no Consorcio de Santiago e foi responsable dos programas Galicia Enteira e Galeguidade. Publicou a novela Cando soñar é canso (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Crítico literario e escritor. Coñecido como Miro Villar, colaborou no poemario Ao mar de adentro (1998). Autor de relatos breves como “Augas de silencio” e “Verbas cruzadas con Amaranta”, polos que recibiu o Premio Modesto Figueiredo (1985 e 1987), publicou Ausencias impretéritas (finalista Premio Esquío 1990), 42 décimas de febre (1994) e Abecedario da desolación (1997), e os libros para nenos Carlota, a marmota que non podía durmir (2000) e Carlota e a bota perdida (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Traballou no servizo de normalización lingüística da universidade compostelá e como asesor lingüístico da TVG. Colaborou no poemario Ao mar de adentro (1998) e escribiu os relatos “Realmente Inês...” (1990) ou “A busca ou a burla” (Premio Curuxa de Humor Literario, 1991). Publicou Liques da memoria (1993, Premio de Poesía Fermín Bouza Brey 1992), O devalo do mar (1994), A sotavento dunha singradura (1995), Casa ou sombra (1997, Premio Cómaros Verdes) e Días de Sherezade (1999).
VER O DETALLE DO TERMO