"Josep" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 326.
-
PERSOEIRO
Sociólogo. Foi secretario da Axencia Europea para a Cultura e conselleiro da UNESCO en París, ademais de director xeral de Educación, Ciencia e Cultura do Consello de Europa (1985-1991). Publicou España a debate (1993) e La ventana global. Ciberespacio, esfera pública mundial y universo mediático (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xurista. Foi ministro de Educación e Ciencia (1968-1973) e amparou politicamente a reforma do ensino coa Lei Xeral de Educación (1970). Destacan as súas obras Observaciones sobre el sistema fiscal español (1951) e Intervención económica en la industria (1965). Foi membro da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teórico, organista e compositor alemán. Grande improvisador, é autor de obras instrumentais, vocais e escénicas. Considérase o precursor da etnomusicoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e diplomático polaco, conde de Colonna, fillo natural de Napoleón I. Naturalizado francés, foi ministro de Asuntos Exteriores (1856-1860) e presidiu o Congreso de París (1856). Como ministro de Estado (1860-1863) propugnou medidas reformistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro e inventor inglés. En 1833 fundou en Manchester unha fábrica de máquinas-ferramentas, en que ideou un sistema de rosca que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Naturalizado inglés, interesouse pola lóxica e os fundamentos da matemática. No Tractatus logico-philosophicus (1922) trata de dar unha saída aos problemas non resoltos polo positivismo clásico respecto ás matemáticas, á ciencia e á filosofía. A filosofía non é un saber, senón unha actividade, e a súa finalidade é aclarar as proposicións; así, a filosofía circunscríbese a unha análise da linguaxe. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Escribiu Philosophische Unterschungen (Investigacións filosóficas, 1953) e Lectures and Conversations on Aesthetics, Psychology and Religious Belief (1968).
VER O DETALLE DO TERMO