"Omán" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 328.

  • XACEMENTOS

    Xacemento situado na punta de Toralla, entre as praias do Vao e Canido, fronte á illa de Toralla na parroquia de Oia (Vigo). A punta de Toralla foi cedida a comezos do s XX ao empresario catalán Tomás Mirambell Maristany, que iniciou as escavacións a finais da década de 1920. En 1992 o concello de Vigo recuperou a súa propiedade e desde entón realizáronse novas intervencións arqueolóxicas e o posterior inicio dun proxecto museístico. Trátase dunha vila romana, rural e marítima, datada na época baixoimperial e tardorromana (ss III-IV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo e fotógrafo ruso. Establecido en Berlín (1920), especializouse en endocrinoloxía e fotoxornalismo, retratando as comunidades xudías nos guetos (1933-1939). Fuxido a EE UU pola persecución nazi (1941), naturalizouse (1946) e estableceu un estudo fotográfico. Interesado pola microfotografía, foi pioneiro no uso de técnicas para a fotografía en cor de microorganismos vivos. Filmou a serie Living Biology (1961-1964) e publicou Polish Jews (1947) e Building Blocks of Life (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo estadounidense. Instalouse en Pasadena en 1894 e comezou a fotografar os pobos nativos da zona, sobre todo os hopi (1895-1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de adiviñar mediante os corpos terrestres ou figuras feitas con terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á xeomancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Clase social de pequenos propietarios rurais de Inglaterra nos ss XIII-XV.

    2. Membro da garda real (Yeomen of the Guad) creada por Eduardo VII en 1485 e que axiña tivo só funcións de cerimonial. Son os gardiáns da Torre de Londres (beefeaters).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Milicia de cabaleiros formada por yeomen na Inglaterra de finais do s XVIII. Tiña funcións de policía e de defensa do país. Integráronse no exército regular en 1939.

    VER O DETALLE DO TERMO