"RAF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 981.

  • Conxunto de procedementos técnicos que se aplica ao gravado calcográfico e que se destina á reprodución de imaxes por medio de impresión electrostática como a xerografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás vasoiriñas constituídas por unha mestura de carbón aglomerado, brea, alcatrán e outras substancias, fortemente prensada e sometida a unha temperatura de 3.000°C para a súa cocción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato para a reprodución da escritura, de debuxos ou deseños por medio de corrente eléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método utilizado para rexistrar os cambios de potencial eléctrico que se producen nun músculo illado ou nun grupo muscular cando se contrae de xeito espontáneo ou por indución con estímulos xeralmente eléctricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que se emprega para realizar unha electromiografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Técnica que permite rexistrar unha imaxe electrónica sobre unha película fotográfica. Realízase mediante unha cámara electronográfica que contén unha emulsión que é directamente sensible aos electróns.

    2. Imaxe electrónica obtida sobre papel fotográfico mediante unha cámara electronográfica. Tamén se denomina fotografía electrónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á electronografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que serve para trazar elipses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radiografía do cranio feita despois da extracción do líquido cefalorraquídeo e da súa substitución por aire, no caso da pneumatoencefalografía, ou por un contraste iodado, no caso da ventriculografía lipiodolada nos ventrículos cerebrais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Meter o viño ou outro líquido nunha garrafa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manchar algo, especialmente a cara, as mans ou a roupa.

    2. Poñerse sucio alguén, especialmente a cara, as mans ou a roupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cita ou texto breve que resume o contido dunha obra literaria, científica ou dun artigo periodístico. Pode aparecer na cabeceira da obra ou ao comezo dos capítulos.

    2. Palabra ou frase que serve como encabezamento nunha clasificación ou catalogación.

    3. Inscrición gravada ou pintada, realizada sobre algún material duro, normalmente pedra ou metal, para lembrar un personaxe destacado, un suceso, unha efeméride ou tamén unha dedicación ou voto de tipo relixioso ou funerario. Entre os exemplos máis destacados da Antigüidade destacan o código Hammurabi, a pedra Rosetta -que permitiu descifrar a escritura xeroglífica-, e a Res gestae Divi Augusti, testamento político do Emperador Octavio Augusto. Na Península Ibérica destacan os bronces de Botorrita e de Vipasca, e en Galicia, as téseras do Courel e de Castromao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia auxiliar da historia que estudia as inscricións gravadas e pintadas sobre pedra e outros soportes perdurables, entre outros, o bronce, a madeira, o óso e a cerámica. Os estudios epigráficos permiten obter información sobre a lingua, a sociedade, a política, a economía, a relixión e a literatura das distintas civilizacións e culturas. Aínda que existe unha ciencia epigráfica de cada sociedade antiga ou moderna, o desenvolvemento da mesma produciuse no Renacemento mediante a copia e o debuxo de numerosas inscricións gregas e latinas. En 1603 publicouse a primeira colección de epígrafes latinos e gregos, o Inscriptionum romanarum corpus absolutissimum de I. Gruteus, pero ata 1828 non se publicou a primeira colección sistemática, a Inscriptionum latinarum selectarum aplissima collectio ad illustrandam romanae antiquitatis disciplinam accomodata ac magnarum collectionum supplementa complura em de I. C. Orelli. As grandes compilacións de epígrafes realizáronse...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á epigrafía.

    2. Aplícase á decoración a base de epígrafes ou inscricións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa versada ou especialista en epigrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de escribir epístolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que cultiva a epistolografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección ou hábito de escribir ou debuxar sobre temas sexuais. Son unha mostra característica os graffiti dos retretes.

    VER O DETALLE DO TERMO