"Rodríguez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 437.
-
GALICIA
Bandoleiro. Coñecido como Xan Quinto, a súa cuadrilla actuou pola comarca do Salnés e o Barbanza. Foi acusado de homicidio, violación de morada, roubos e asaltos con intimidación (1870-1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Funcionario e político agrarista. Loitador antiforista e orador, presidiu a Federación Municipal Agraria de Tomiño. Foi membro do Partido Galeguista, coorganizador e tesoureiro do Congreso Provincial Agrario (1929) e alcalde interino do concello de Tomiño en 1931. Foi redactor de El Agro de Tomiño (1928), fundador e director do semanario Agro del Miño (1931) e redactor de Nuevo Heraldo (1934-1936). Publicou Memoria correspondiente al XX año de su existencia y al Ejercicio de 1925 (1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e historiador. Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e graduado social, ordeouse sacerdote en 1951. Cóengo do cabido catedralicio de Tui-Vigo, desde 1958 colaborou en Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, La Noche e Galicia Social, do que foi director. Publicou La Villa de Bouzas en los años 1680-1860 (1976), La escuela linoleista de Pontevedra (1982), El Condado entre lo lírico y la historia (1986), Cofradía del Santísimo Sacramento en la Comarca del Tea, 1659-1888 (1995) e Taboexa-As Neves. Historia y Arte (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Destacou na revindicación da liturxia en galego. Escribiu Pro e contra da liturxia en galego: historia dunha polémica (1980), Nova concencia da Igrexa galega (1976) e as obras dramáticas Creón, Creón (1975), Ifixenia non quere morrer (1977) e Alcestes, traxedia en dous actos e sete cadros (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Colaborou na fundación do Partido Socialista Galego (1963) e na agrupación cultural O Facho. Colaborou tamén na creación de Realidade Galega (1980), formou parte da Comisión dos 16 e participou na elaboración do Estatuto de Autonomía de Galicia. Secretario xeral do PSdeG-PSOE (1979-1980), foi deputado no Congreso de los Diputados (1979-1982), senador electo (1982-1989) pola Coruña e deputado no Parlamento de Galicia (1990-1993). Presidiu a Asociación Galega de Avogados.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Hispanista, fillo de Ricardo Rodríguez Pastor. Coñecido tamén como Antonio Pastor ou Zacharías de la Medem, doutorouse en Oxford coa tese La teología de Plotino. Foi lector de literatura española e historia de España en Oxford e catedrático da Cervantes Chair of Spanish Language and Literature. Fundou e dirixiu o Instituto de España en Londres e vicepresidiu a Anglo-Spanish Society. Foi académico correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia Española. Das súas obras destacan Un embajador de España en la escena inglesa (el Conde de Gondomar) (1925) e The idea of Robinson Crusoe (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Financeiro. Estudou e traballou en Inglaterra e Alemaña, onde se fixo enxeñeiro ferroviario. En 1889 entrou a formar parte da Sociedad Sobrinos de José Pastor, que en 1925 se converteu no Banco Pastor, da que foi presidente e director vitalicio. En 1929 foi designado conselleiro do Banco de España en representación da banca privada.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso franciscano. Colaborou nas publicacións Archivo ibero-americano e El Eco Franciscano, da que foi director. Publicou La Santa Misa, Glorificación de la Santísima Trinidad (1943) e El Episcopado gallego a la luz de los documentos romanos (1946). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político paraguaio. Protagonizou un golpe de estado en febreiro de 1989 contra o réxime de Alfredo Stroessner e proclamouse presidente do Estado de Paraguay e das Forzas Armadas. Durante o seu goberno legalizou os partidos políticos. Foi reelixido nas eleccións presidenciais de 1989 pero a Constitución de 1992 vetou a súa reelección e foi substituído por Juan Carlos Wasmosy Monti.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e político. Foi presidente do Colexio Oficial de Arquitectos de Ourense e vicepresidente do Ateneo da mesma cidade. Secretario xeral do Partido Galeguista, foi presidente do consello nacional e secretario xeral do Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista. Foi conselleiro de Pesca (1987-1990), membro da comisión permanente do consello nacional do BNG e deputado autonómico por Coalición Galega (1993-1997) e polo BNG desde 1997.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Foi elixido deputado polo distrito de Padrón en catro ocasións entre 1918 e 1923, e pola provincia da Coruña pola ORGA (1931-1933) e polo Partido Republicano Radical (1933-1936). Formou parte da redacción da Constitución de 1931.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e farmaceútico. Foi deputado na Deputación Provincial de Lugo entre 1979 e 1991, alcalde do concello de Bóveda (1984-1985), deputado do Parlamento de Galicia (1985-1999) e senador electo por Lugo (2000-2004). Presidiu e fundou a asociación Grupo Local de Desenvolvemento Rural Río Lor (1991-1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Durante a Primeira Guerra Carlista e ata 1834 foi encarcerado por supoñer a súa afiliación aos carlistas e pola publicación de El secreto revelado (1827).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Boxeador. Coñecido como Pantera Rodríguez, debutou como afeccionado en 1972 e proclamouse campión de España en 1974 e 1976. En 1977 converteuse en profesional e foi campión de España dos pesos pesados, título que defendeu en 11 ocasións. Retirouse en 1989.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Traballou como correspondente de RNE e Radio Noroeste para, a partir de 1981, comezar a traballar en El Progreso. Presentou “Terra-Miñota” en Radio Faro e “Falamos de?” na televisión comarcal Televinte. Colaborador en distintas publicacións e cofundador do Centro Teatral Faro-Miño, coordinou o certame poético “Xohán de Requeixo”. Publicou Unha noite de poesía (1985), Chantada na súa prensa (1908-1931) (1988), en colaboración con Anxo Sánchez Moure; Voltar a Bacelares (1989), As beiras do Sil (1994), Baixo o ceo de Camba (2000) e Agasallo de verbas (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso franciscano. Foi o primeiro español en obter o grao de doutor en Misionoloxía polo Instituto Misional Científico de Propaganda Fide. Estivo nas misións en Marrocos (1936) e Roma (1937), e en Pontevedra dirixiu a Unión Misional Franciscana.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mago, humorista e presentador de televisión. Como mago obtivo diversos recoñecementos en congresos nacionais e internacionais. Realizou ademais unha xira por distintos países europeos, especialmente por Reino Unido, onde actuou en diversas ocasións na BBC. En España participou en programas de TVE e Tele 5.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico, escritor e produtor audiovisual. Coñecido como Antón Reixa, licenciouse en Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, onde entrou en contacto coas vangardas artísticas do momento. En 1975 fundou, xunto con Alberto Avendaño, Manuel Romón e Camilo Valdehorras, o Grupo de Comunicación Poética Rompente, co que publicou as obras Silabario da turbina (1978), As ladillas do travesti (1979) e A dama que fala (1983). A comezos da década de 1980 iniciou un achegamento a distintas formacións musicais como Siniestro Total e fundou, en 1982, o grupo de rock Os Resentidos, do que foi vocalista. Durante estes anos colaborou con outros intérpretes e formacións musicais, como Henrique X. Macías, Bibiano, Xosé Manuel Piñeiro, Na Lúa e La Fura dels Baus. En 1995 comezou un novo proxecto musical coa creación do grupo Nación Reixa, que tivo unha proxección nacional, e colaborou con grupos como Negu Gorriak. Director e presentador de programas en Radio...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e empresario. Foi un dos impulsores de COREN en Ourense, presidente de Caixa Rural de Ourense e vicepresidente primeiro de Caixa Galicia. Dedicouse tamén a hostalaría e foi conselleiro delegado de Cervezas San Martín SA. Foi deputado provincial na Deputación Provincial de Ourense (1972-1979) e senador electo por Ourense en dúas lexislaturas pola UCD (1977-1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Formado no seminario de Santiago de Compostela, emigrou a Bos Aires en 1874, onde foi tesoureiro-contador da súa universidade. Colaborou en El Libredón, La Unión Gallega, El Gallego, El Eco de Galicia e Almanaque Gallego. Escribiu La Penitencia e a poesía “Mi sino”. Foi membro correspondente da Real Academia Galega (1905).
VER O DETALLE DO TERMO