"bat" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 561.
-
GALICIA
Avogado e xornalista. Estudiou dereito nas universidades de Madrid e Santiago de Compostela. Despois de licenciarse nesta última trasladouse a Lugo para formar parte da redacción de El Progreso, xornal que dirixiu durante varios anos e no que escribiu numerosos artigos de temática política, económica e cultural, ás veces baixo o pseudónimo de D’Orca. Foi o creador do personaxe Pelúdez, presente nas páxinas do xornal dende a súa fundación. Colaborou noutros medios informativos e dende a Librería Religiosa editou publicacións e postais de Lugo. Exerceu tamén como presidente do Orfeón Gallego e do Círculo das Artes. Dende a presidencia da Asociación da Prensa convocou diversos certames literarios nos que se recoñeceron diversos traballos de Antón Villar Ponte, Antonio Couceiro Freijomil e Ramón Otero Pedrayo, entre outros. Foi primeiro tenente de alcalde do concello de Lugo, posto dende o que promoveu a creación da Banda Municipal. Paralelamente, sen abandonar o...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Despois de estudar o bacharelato en Lugo, cursou estudios superiores na Universidad de Valladolid. Residiu en Albacete, Ciudad Real e Córdoba, e nos primeiros anos trinta entrou a formar parte da redacción do xornal lucense, onde escribiu crónicas locais, críticas cinematográficas e, durante uns anos, as columnas do personaxe Pelúdez, creado en 1908 polo seu irmán Antonio. Foi director xerente do xornal El Progreso e presidente da Asociación da Prensa lucense, que durante o seu mandato editou a Hoja del Lunes de Lugo, concelleiro de Lugo, presidente do Círculo das Artes e conselleiro do Instituto Nacional de Previsión. Así mesmo, a dirección xeral de Prensa nomeouno conselleiro nacional e o goberno entregoulle as encomendas da orde do Mérito Civil e a Gran Orden de Isabel La Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Tira de seda, la ou muselina que se coloca arredor do colo da camisa cun nó ou lazo na parte dianteira.
-
Banda que forma unha lazada e que está pousada no extremo da hasta dunha bandeira ou dun estandarte.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doce de follado en forma de gravata, cuberto cun baño de azucre e améndoa moída. A súa orixe data de principios do s XX, aínda que os follados de Cantabria, onde se localiza Unquera, gozan de recoñecemento desde o s XV.
-
CIDADES
Cidade da illa de Mindanao, Filipinas, situada preto da desembocadura do río Mindanao, no Golfo Moro (127.000 h [1990]). A base da súa economía é a agricultura, que ocupa o 62% da poboación activa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento da Guerra dos Cen Anos que aconteceu no sur de Crécy-en-Ponthieu (Picardie) o 26 de agosto de 1346. Eduardo III de Inglaterra derrotou a Filipe IV de Francia e como consecuencia Calais pasou a ser propiedade dos británicos entre 1347 e 1458.
-
PERSOEIRO
Pintor e arquitecto. Foi superintendente das actividades artísticas durante o pontificado de Paulo V. Trasladouse a Madrid en 1617 e encargouse da decoración do panteón dos reis de El Escorial (1654), realizada por broncistas italianos. No eido da pintura realizou bodegóns.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, escultor e arquitecto italiano. Coñecido como Il Cerano, a súa obra adscríbese á escola lombarda. Dirixiu a Accademia Ambrosiana. Malia ter contactos co manierismo, a súa arte achegouse á realidade histórica e rexeitou a retórica. O seu estilo rebaixou as tintas, simplificou a composición e reduciu a descrición dos elementos esenciais e significativos. Por mor da beatificación de san Carlos, realizou Scene della vita di San Carlo (1602) e, trala súa canonización, Milagres de San Carlos (1910). No eido da escultura realizou a decoración da catedral de Milán.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de debater.
-
Disputa entre dous personaxes alegóricos, feito que o diferenza da tensó e do joc-partit trobadorescos, onde o diálogo se establece entre personaxes reais. O tema pode ser filosófico ou intrascendente. O xénero comezou a desenvolverse a partir do s VIII, pero ten precedentes na literatura latina dende o s V. Foi moi frecuente na obra dos trobadores cataláns do s XII.
-
-
DIARIOS
Diario católico editado en Madrid entre 1910 e 1936. Fundado por Francisco Luis Díaz e dirixido por Ángel Herrera Oria (1911-1913), a partir de 1914 iniciou unha segunda época. Contaba con cinco edicións diarias. Entre os seus colaboradores figuraban Luis de Castro, Luis Puig, Joaquín Turina, Manuel Graña e José María Gil Robles. Incluía as seccións: “Crónica de sociedad”, “Cinematógrafos y teatros”, “Deportes”, “La vida en Madrid”, “Información comercial y financiera”, “Provincias” e “Extranjero”. Acompañaban os artigos fotografías, anuncios, cómics e na última páxina publicábanse diversos artigos de crítica e cartas dirixidas ao xornal. De tendencia conservadora, durante a Segunda República converteuse no voceiro dos católicos moderados republicanos de Acción Popular e máis tarde da CEDA.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Discutir amplamente un asunto, con un ou máis interlocutores que xeralmente sosteñen opinións distintas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Discutir amplamente un asunto, con un ou máis interlocutores que xeralmente sosteñen opinións distintas.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Influído por Correggio, traballou en Modena e Boloña. Formou parte da escola de Fontainebleau, onde decorou a galería de Ulises, segundo os debuxos preparatorios de Primaticio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos dendrobátidos.
-
Anfibio da familia dos dendrobátidos.
-
Familia de anfibios anuros, de vivas cores e hábitos diúrnos, que realiza a posta no chan onde un dos adultos, dependendo da especie pode ser a femia ou o macho, coida dos ovos ata o momento da eclosión para despois desprazalos ás costas, grazas a unha mucosa que os adhire ao corpo, á vez que os mantén húmidos. Os desprazamentos poden durar máis dunha semana, tempo no que os cágados continúan desenvolvéndose. Distribúense por América Central e Sudamérica tropical e as distintas especies están presentes na selva chuviosa, tanto no chan como nas árbores, así como en ambientes abertos e secos. Das 135 especies coñecidas, 55 son tóxicas debido á presencia na súa pel do veleno batrocotoxina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mamífero artiodáctilo de ata 90 cm de lonxitude e 35 kg de peso, co pescozo curto e fino. O macho presenta cornos curtos e estriados, coas puntas curvadas cara a adiante. O seu pelame é de cor cinsenta arrubiada na parte superior e de cor branca na parte inferior e na parte alta do lombo. Viven en grupos pequenos, de entre 3 e 6 individuos, aínda que os machos adoitan ter hábitos solitarios. Para acceder á ramaxe das árbores poden levantarse sobre as patas traseiras. As femias paren unha única cría de 3 kg, logo de 220 días de xestación. Habita en chairas abertas con matogueiras e arbustos espiñentos de Etiopia e Somalia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate sostido pola posesión da localidade de Dien Bien Phu (Vietnam do Norte), no alto Tonquín, entre os franceses e as forzas do Viet Minh (1954). A derrota dos europeos puxo fin á dominación francesa sobre Indochina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado en San Xoán do Borneiro (Cabana) nunha pequena chaira orientada cara ao interior, no límite coa comarca de Soneira-Xallas. Trátase dunha das antas máis coñecidas de Galicia, mencionada xa por Eduardo Pondal. Escavouse parcialmente entre os veráns de 1987 a 1989 nunha intervención que dirixiu Xosé María Bello Diéguez. Está composto por unha estrutura megalítica de cámara poligonal de grandes dimensións (4,20 x 2,90 m), con sete lousas chantadas e inclinadas cara ao interior e unha de cubrición. O corredor, ben diferenciado, conserva parte do seu alzado (tres laxes a cada lado), da súa cubrición (unha lousa desprazada cara á dereita das chantas) e a lousa de peche; orientado cara ao O, ten unha lonxitude de 4,10 m, unha anchura variable entre os 95 e os 140 cm e unha altura que diminúe a medida que se afasta da cámara principal, que oscila entre os 95 e os 150 cm. O túmulo, duns 24 m de diámetro e 1,80 m de altura, estaba formado por unha masa de terra escura recuberta parcialmente...
-
PERSOEIRO
Astrónomo italiano. Descubriu seis cometas, entre eles o 1858 VI. Foi un dos primeiros en investigar os espectros estelares para determinar a composición dos astros. A partir do 1864 aplicou o mesmo método ao estudo dos cometas, e concluíu, de xeito erróneo, que a materia da que se constituían estaba en estado gasoso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Combate entre a escuadra española, dirixida por Antonio de Oquendo, e a holandesa de Tromp, na costa do condado de Kent, o 21 de outubro de 1639. A derrota española supuxo o peche das comunicacións marítimas cos Países Baixos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combates entre as tropas española e holandesa en 1600, e española e anglofrancesa en 1658, coa derrota dos españois en ambos casos. No primeiro, Mauricio de Nassau venceu o arquiduque Alberto; no segundo, Turena venceu en Dunkerque a Xoán de Austria e a Condé, e invadiu os Países Baixos.