"rot" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 672.

  • Construción de monllos, baixa e ancha, máis pequena ca a meda, que se fai nas leiras despois de segar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porco pequeno que se ceba con rapidez para a matanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reserva de metal líquido que ten por obxecto producir, dentro do molde, a presión necesaria para asegurar que o metal líquido ocupe todo o espacio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prótalo formado nos pteridófitos heterosporios a partir dunha megaspora, sobre o que se desenvolven os arquegonios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política e científica alemá. Doutora en Física pola Universidade de Leipzig e investigadora na Academia de Ciencias da RDA, non entrou en política ata o derrube do Muro (1989), pero dende entón foi viceportavoz do goberno, ministra de Muller e Xuventude (ambos en 1990) e, posteriormente, de Medio Ambiente (1994). En 1998 nomeárona secretaria xeral da Christlich-Demockratische Union (CDU), que presidiu desde 2000. Despois dunha exitosa etapa como líder da oposición conservadora no Bundestag, o seu partido gaña as eleccións e Merkel é nomeada chanceleira de Alemania (2005). A revista Forbes a considerou a muller máis poderosa do mundo (2006). Tivo un papel decisivo na sinatura do Tratado de Lisboa, que substituíu á fracasada Constitución Europea, recibindo por iso o Premio Carlomagno ao europeísmo (2008).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División en segmentos dunha unidade biolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade do Proterozoico con categoría de eratema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Mesoproterozoico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proteína conxugada que contén átomos metálicos como grupo prostético. O grupo prostético é o átomo metálico, firmemente unido á cadea polipeptídica, imprescindible para a estrutura e a función da proteína. Son exemplos a ferritina, que é unha ferroproteína, e o alcohol deshidroxenase. Existen metaloproteínas que conteñen átomos metálicos unidos a outros tipos de grupos prostéticos. Outro grupo, as hemoproteínas, conteñen o átomo metálico como parte integrante do grupo prostético denominado hemo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prótalo que se forma nos pteridófitos heterosporios a partir dunha microspora e sobre a que se desenvolven os anteridios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte dun teléfono ou radioteléfono onde se aloxan o micrófono e o receptor, e que a miúdo tamén leva incorporada o teclado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos micrótinos.

    2. Mamífero roedor da familia dos micrótinos.

    3. Subfamilia de mamíferos, da orde dos roedores, formada por ratos que se caracterizan polo feito de ter unha forte arcada cigomática, molares de crecemento continuo formados por dúas series alternas de prismas triangulares e incisivos inferiores situados en alvéolos moi profundos. A esta familia pertencen as cortas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se emprega para facer cortes moi finos e regulares de tecidos vexetais ou animais para a elaboración de preparacións microscópicas. O micrótomo de caracol ou manual emprégase principalmente para cortar tecidos vexetais. Os micrótomos universais son de precisión e máis complexos e variados, e o material debe ser incluído previamente en parafina, celoidina ou calquera outra substancia plástica. O micrótomo de conxelación emprégase para cortar material conxelado. A microscopia electrónica esixe o uso dun aparato de alta precisión, denominado ultramicrótomo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acelerador de electróns constituído por un electroimán, que crea un campo magnético nunha cavidade anular e que fai que os electróns describan órbitas circulares crecentes segundo aumente a aceleración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrutura tubular non ramificada e agrupada en feixes, que está presente no citoplasma das células eucariotas. Son túbulos delgados formados por filamentos de tubulina dispostos helicoidalmente. Atópase en cilios, flaxelos, e outras estruturas con motricidade ou contráctiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos, da familia dos micrótidos, de pequeno tamaño, cola curta, orellas pequenas e pelame moi denso. Existe unha gran cantidade de especies, como M. arvalis (corta campestre), M. agrestis (corta dos prados) ou M. lusitanicus (corta galega), entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Entre 540 e 516 a C, conseguiu un gran número de vitorias como loitador nos Xogos Olímpicos, píticos, ístmicos e nemeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ácido que ten unha molécula que pode ceder un só protón.

    VER O DETALLE DO TERMO