"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • CAPITAIS

    Capital de Guinea Ecuatorial, situada nunha baía ao NL da illa de Bioko (47.500 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta de Grecia, situada no Mar Exeo, que constitúe o extremo sudoriental de Peloponeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ensanchamento que forma o río Congo antes de atravesar o limiar precámbrico do Baixo Congo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Forcadela e Nogaledo (O Barco de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.131 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Foi membro fundador, primeiro conselleiro, delegado e director (1977-1982) de Avui. Escribiu as obras narrativas Tina a interludis (1956) e Pol-len (1963, premio Víctor Català). Foi director xeral de Cine, Música e Teatro do departamento de cultura da Generalitat de Catalunya (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Baile de orixe cubana, de ritmo sincopado, que se introduciu en Europa na década de 1950.

    2. Música que acompaña este baile.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Olives (A Estrada). O seu cumio acada os 681 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Home novo que aínda non chegou á idade adulta.

    2. Persoa que traballa nunha farmacia, sen título acreditativo, e que está baixo as ordes dun farmacéutico.

    3. Persoa que mantén relacións sexuais habituais con outra sen estar casada con ela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Emigrou a Montevideo a finais de 1870, onde traballou como tipógrafo. Estudiou os autores españois do Século de Ouro e escribiu un traballo sobre as obras de Castelar, publicado en El Siglo de Montevideo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de Venezuela, situado na depresión entre a Sierra Nevada de Mérida, ao L, e a serra de Perijá, ao O (14.000 km2). Comunica co golfo de Venezuela a través dunha canle natural duns 50 km de lonxitude. É o lago máis grande de América do Sur, e conta con importantes xacementos de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Zulia, Venezuela, situada á beira da canle que comunica o lago de Maracaibo co golfo de Venezuela (1.660.233 h [1997]). É o primeiro centro petrolífero de América latina e un importante exportador de café a través do seu porto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PICOS

    Pico dos Pireneos que pertence ao macizo de Monte Perdido e que fai de fronteira entre o Estado español e o francés. O seu cumio acada os 3.353 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Tamaguelos (Verín) e Vilar de Cervos (Vilardevós). O seu cumio acada os 661 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Navarra (1305-1315), filla do duque Roberto II de Borgoña. Casou en 1305 co Rei Luís I de Navarra (Luís X de Francia). Acusada de adulterio e de maxia, o seu marido fíxoa asasinar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Portugal e infanta de España, filla de Filipe V e de Isabel de Farnese. Casou en 1727 con Xosé, príncipe de Brasil e herdeiro dos reis de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María Cristina das Dúas Sicilias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duquesa titular de Borgoña, duquesa de Brabante e Limburg, e condesa de Borgoña e Flandres (1447-1482), filla de Carlos I de Borgoña o Temerario. Casada co Emperador Maximiliano I, foi a nai de Filipe I o Fermoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infanta de España e raíña das Dúas Sicilias, filla do Rei Carlos IV de España. Casou en 1802 co seu curmán o Rei Francisco I das Dúas Sicilias. Foi nai de María Cristina das Dúas Sicilias. Viúva, volveu casar en 1839 co conde Francesco del Balzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Princesa de Nápoles-Sicilia, infanta de España, gran duquesa de Toscana e emperatriz, filla de Carlos III e de María Amalia de Saxonia. Casou co arquiduque Pedro Leopoldo de Austria, futuro Emperador Leopoldo II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infanta de España, raíña de Etruria e duquesa de Lucca (1817-1824), filla de Carlos IV e María Luísa de Parma. Casou en 1795 co seu curmán, o futuro Rei Luís I de Etruria. Ao morrer este en 1803, exerceu como rexente do seu fillo Luís II. Ao restablecerse o Antigo Réxime (1807), os franceses invadiron o reino e destronáronos. De novo na Corte de Madrid, foi confinada por Napoleón I Bonaparte e no Congreso de Viena doáronlle o ducado de Luca.

    VER O DETALLE DO TERMO