"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de fecundación na que os cigotos se forman por unión de dous gametocitos, que non chegan, ningún dos dous, a producir gametos diferenciais. Denominada tamén conxugación, é típica das algas conxugadas (cigofíceas) e dos fungos da clase dos cigomicetos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Radiografía da vexiga urinaria. Practícase inxectando na vexiga unha substancia opaca aos raios X ou no transcurso dunha urografía intravenosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Concreción intracelular de carbonato cálcico formada sobre algunha excrecencia da membrana de determinadas células vexetais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Avaliación do ton muscular da parede da vexiga urinaria. Realízase enchendo a vexiga de auga e determinando deseguido a presión cun manómetro adecuado que se denomina cistómetro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manómetro empregado para a práctica da cistometría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exploración endoscópica da vexiga urinaria. Mediante un cistoscopio, emprégase para o exame da mucosa, da cavidade vesical e da función excretora pielouretral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento para a práctica da cistoscopia.
-
-
Relativo ou pertencente ás cistoseiráceas.
-
Alga da familia das cistoseiráceas.
-
Familia de algas pardas da orde das fucais á que pertencen os xéneros Bifurcaria, Cystoseira e Halidrys.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incisión na vexiga urinaria para extraer un cálculo ou un corpo estraño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Individuo polipoide, presente nos cormidios das colonias dos sifonóforos, que ten función excretora.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á orde emitida para comparecer perante un xuíz. Ex: Chegoulle a orde citatoria para o xuízo por aquela denuncia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega nos procesos de composición co significado de ‘célula’. Ex: citocinese, citoplasma. OBS: Tamén se emprega como sufixo coa forma -cito. Ex: leucocito, trombocito.
-
GALICIA
Entallador. En 1798 reedificou a capela maior de Santa María de Bascuas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de separación e segmentación do citoplasma que ten lugar na última fase da mitose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á citocinese.
-
-
Heteroproteido presente en todos os organismos aerobios, que posúe un grupo prostético porfirínico con ferro e que é susceptible de intervir en sistemas redox mediante as variacións reversibles do estado de oxidación deste ión metálico. Actúa fisioloxicamente en procesos de oxidación-redución que teñen lugar no interior da célula. A concentración de citocromo nas células, onde se acumulan basicamente nas mitocondrias, está relacionada coa súa actividade respiratoria. Hai tres tipos de citocromos: o citocromo a, o citocromo b e o citocromo c, que se diferencian polos substituíntes do grupo hemo. Serven para o transporte de electróns nas cadeas respiratorias e a súa enerxía emprégase para a síntese de compostos de elevada enerxía de enlace, como o ATP.
-
Enzima hemoproteínico que, no último elo da cadea respiratoria, fai de ponte na transferencia de electróns dende os citocromos c ata o osíxeno molecular.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diagnose baseada no estudo das diversas formas celulares normais e patolóxicas atopadas nun líquido orgánico, nunha lesión, etc.
-
-
Relativo ou pertencente á citodiagnose.
-
Determinación dunha enfermidade por medio do estudio celular dun tecido, dunha secreción ou doutra mostra orgánica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
División do protoplasto que ten lugar, polo xeral, despois da división do núcleo celular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rede de fibras, formadas por microtúbulos (25 nm de diámetro), filamentos de actina (8 nm de diámetro) e filamentos intermediarios (10 nm de diámetro), que se atopan nas células e que proporcionan soporte para os orgánulos e estrutura para a membrana celular. Ao mesmo tempo, facilita o movemento celular.