"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Relativo ou pertencente ás citofagáceas.

    2. Bacteria da familia das citofagáceas.

    3. Familia de bacterias mixobacteriais, integrada por bacterias baciliformes máis ou menos en forma de punta, escorregadizas, Gram-negativas, que non producen corpos frutíferos nin quistes. Son organismos especializados na descomposición de polisacáridos complexos como a celulosa ou a quitina. Viven en ambientes ricos en materia orgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento medieval da familia do laúde, moi semellante á mandolina, de catro ou cinco cordas que se puntean con plectro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desintegración da célula debida á acción de lisinas, a unha diferenza de presión osmótica, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima que produce a destrución ou lise dunha célula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especialista en citoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rama da bioloxía que estudia a estrutura e función da célula. O desenvolvemento da citoloxía estivo intimamente ligado ao proceso da teoría celular e aos avances técnicos dos medios de observación, como o microscopio. En 1625 F. Cesi e F. Stelluti publicaron Apiarium, primeira obra coñecida de obxectos examinados co microscopio. Posteriormente, en 1665, R. Hooke editou a súa Micrographia, obra na que aparece a primeira descrición das células vexetais. Segundo Hooke, a cortiza e outros tecidos vexetais estaban feitos de buracos pequenos, que denominou celas pola súa semellanza coas dun panal de abellas. A célula recibiu distintos nomes, ata que, dende comezos do s XIX, se popularizou o nome actual. En 1757 A. von Haller describiu por vez primeira a fibra, e desta idea naceu a dos tecidos, que estudiaría Bichat maxistralmente. Moldenhawer, coa maceración de órganos vexetais, illou as células en 1812 e demostrou que cada unha ten parede propia e...

      1. Estudio das distintas formas celulares, normais e patolóxicas, dun tecido, dun fluído, etc, que se realiza con finalidade diagnóstica.

      2. citoloxía exfoliativa cérvico-vaxinal

        Procedemento de diagnose baseado na obtención dunha mostra de células escamadas do colo uterino e da vaxina que, despois dunha tinguidura especial, se observa polo microscopio. Tamén se denomina frottis cérvico-vaxinal, test de Papanicolau ou PAP.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á citoloxía ou á célula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico duns virus de ADN do grupo dos herpes virus. Causan infeccións, en xeral frecuentes e asintomáticas. En individuos coas defensas diminuídas poden ser graves e xeneralizadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración na forma ou función das células. Particularmente, refírese á alteración histolóxica producida na substitución reversible dunha célula adulta por outra tamén adulta, de xeito que se experimenta un cambio tisular de morfoloxía e función.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso celular de transporte activo de vacúolos líquidos a través da célula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Déficit de elementos celulares, especialmente no sangue circulante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constituínte fundamental da célula, delimitado pola membrana plasmática e pola membrana nuclear, onde van incluídos todos os restantes elementos celulares. Co microscopio óptico aparece como unha masa fluída e homoxénea, máis ou menos transparente, a miúdo máis refrinxente ca a auga. Durante moito tempo admitíronse tres partes fundamentais no citoplasma: o ectoplasma ou citoplasma periférico, practicamente adherido á membrana esquelética celular; o tonoplasma, que limita cos vacúolos; e o endoplasma, que corresponde co resto. A súa composición química varía moito dunha célula a outra e tamén conforme ás funcións celulares. A auga é vital para o citoplasma e a súa proporción é moi distinta entre as diferentes células segundo o seu estado fisiolóxico. Pode darse en tres formas: auga ligada, que forma parte dun determinado número de moléculas; auga libre, que circula polos tecidos e enche os vacúolos; e auga de imbibición (a forma máis...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao citoplasma.

    2. Nome aplicado a un orgánulo celular do citoplasma ou a unha inclusión citoplasmática.

    3. ciclose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orificio polo que algúns protozoos expulsan os materiais non dixeridos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da citoloxía e da bioquímica que estudia a distribución de compostos bioquímicos, zonas de reacción, etc, por medios físicos e químicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á citoquímica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Factor soluble segregado polos leucocitos, que actúan como sinal para outros leucocitos. Hai dous tipos básicos: as linfoquinas, segregadas polos linfocitos, e as monoquinas, segregadas polos macrófagos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona vexetal que regula a división celular. As citoquininas estimulan o alongamento das células, exercen unha acción morfoxenética ao inducir a formación de órganos, inhiben a elongación do eixe principal das raíces e atrasan a senescencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Base pirimidínica moi distribuída na natureza como parte da citidina e dos nucleótidos que derivan dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porción líquida do citoplasma. É a fracción líquida que queda despois de extraerse os orgánulos celulares e outras partículas sólidas, xeralmente por centrifugación de homoxenados celulares.

    VER O DETALLE DO TERMO