"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

    1. Xenealoxía dos deuses.

    2. Doutrina sobre o divino como conxunto de divindades relacionadas xenealoxicamente entre elas. Na Xénese atópanse residuos de teogonías circundantes. Entre as teogonías máis acabadas da tradición occidental destaca a de Hesíodo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á teogonía.

    2. Que implica, en Deus ou no divino, unha xénese, unha xeración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do xermánico theuda ‘pobo’ e lind ‘tileiro’, por metonimia ‘escudo feito de pau de tileiro’ e, polo tanto, tamén ‘protección, escudo protector do pobo’. Presenta as variantes Deolindo/Deolinda e o hipocorístico Diula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. teolóxico.

    2. Cada unha das tres virtudes referidas a Deus: fe, esperanza e caridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa versada en teoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ciencia que trata de Deus, das cousas de Deus. Dificilmente pode falarse estritamente dun discurso teolóxico no marco do pensamento grego ou latino anterior ao cristianismo. A teoloxía enténdese como ciencia que parte desde a revelación e fe cristiá e que se constrúe necesariamente a partir dos datos desa revelación e desa fe en diálogo coa historia contemporánea; unha ciencia que busca razoar conforme ao seu método específico. É dicir, que intenta facer comprensibles a todos, crentes ou non, o misterio de Deus tal como el o revelou na historia da salvación que culmina en Xesús Cristo e que se recolle tanto no Antigo Testamento como no Novo Testamento das Sagradas Escrituras. Probablemente, foi Tomé de Aquino quen contribuíu decisivamente a caracterizar a teoloxía como a explicación racional que expón comprensiblemente para a razón humana o contido da fe revelada e as súas implicacións. Para o máximo representante da escolástica, a teoloxía é, por antonomasia, a ciencia...

      2. teoloxía da cruz

        Corrente de acentos teolóxicos, tipicamente reformados e luteranos, que está en contraposición coa teoloxía da gloria, quizais máis propia do pensamento católico. Tende a acentuar o aspecto subxectivo da fe e a distancia entre Deus e o home.

      3. teoloxía da liberación

        / teoloxía da liberación.

      4. teoloxía dialéctica

        Tendencia teolóxica, sobre todo protestante, que incide na oposición entre Deus e o home e que subliña a distancia infinita entre o Creador e a criatura. Isto non deixa de estar presente en varios pensadores místicos católicos, como san Xoán da Cruz que repite en moitas ocasións que é máis o que non se pode dicir de Deus que o que del se pode afirmar racionalmente.

      5. teoloxía feminista

        Modalidade da teoloxía da liberación que ten como finalidade a de denunciar os presupostos relixiosos de discriminación da muller e de descubrir na fe cristiá as bases da emancipación feminina.

    1. Doutrina relixiosa referente a Deus, ao Deus ou ao divino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á teoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorizar sobre principios teolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de delirio de quen se cre inspirado e posuído pola divindade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico das loitas entre deuses nas antigas mitoloxías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma ou aspecto divinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comentarista grego do período alexandrino. Crese que foi o último científico encargado do Museo de Alexandría. Escribiu uns comentarios á obra de Ptolomeo e unha edición comentada dos Elementos e da Óptica de Euclides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta cómico. Atribúenselle 24 obras, como Odisseo, Penélope e Sereas. Usou preferentemente versos pentámetros créticos acatalépticos coa solución da segunda longa nos primeiros catro pés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e reitor grego. Discípulo de Isócrates, escribiu Historias helénicas, continuación da obra de Tucídides (de 411 a 349 a C) e Historias filípicas, explicación do reinado de Filipo II.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Contido dun escrito.

    2. Condición, carácter ou modo de ser de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Proposición especulativa.

      2. Enun­ciado demostrable nunha teoría. Oponse a problema e a definición, axioma ou postulado. Ao utilizarse estes enunciados ao longo dunha dedución, a súa función equivale á dun principio e, de feito, constitúe a demostración categórica do teorema.

    1. Proposición matemática que pode ser demostrada a partir de hipóteses, axiomas ou doutras proposicións demostradas con anterioridade. As proposicións previas ou lemas preceden a un teorema e os corolarios son a súa consecuencia inmediata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a un teorema.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construción intelectual elaborada con independencia de toda aplicación práctica.

    2. Análise hipotética, que é a miúdo expresión dunha simple convicción persoal.

    3. Conxunto de normas establecidas para explicar un conxunto de feitos. Como teoría científica, comporta o establecemento dunha serie de leis que serven para relacionar unha orde determinada de fenómenos e, á vez, equivale a un principio de explicación daquilo que é obxecto dunha ciencia particular ou dunha parte importante desta.

    4. Corpo doutrinal, completo e sistemático, sobre unha materia, unha arte, unha ciencia.

    5. Momento, aspecto ou dimensión específica da actividade cognoscitiva, considerados como diferentes da práctica, pero radicalmente vinculados con ela, polo que toda a actividade especulativa xorde no ámbito dunha práctica e unha experiencia determinadas.

    6. Conxunto de doutrinas desenvolvidas polos integrantes da Escola de Frankfurt, que ten como trazo básico e común ás diversas formulacións, a remisión á crítica política e social de Marx, e oponse á teoría tradicional que impregna o pensamento moderno occidental tanto na súa vertente empírica e científica como na idealista, e que conduce a un insuficiente coñecemento do home e da sociedade. Foi exposta, entre outros, por H. Marcuse, T. Adono e, sobre todo, M. Horkeheimer.

    7. Conxunto de principios que se refiren a un determinado concepto que inclúe tanto os axiomas postulados sobre este, como as consecuencias (teoremas) que destes axiomas foron deducidas loxicamente.

      1. Consideracións de tipo matemático-filosóficas baseadas nas ciencias físicas en relación cos sons.

      2. Ensinanza que comprende un conxunto de regras, relativas á melodía, á harmonía, ao contrapunto, ao ritmo, ás formas e á instrumentación.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO