"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Que serve para clasificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fragmento dunha rocha sedimentaria procedente da meteorización doutra, por procesos de xelifracción, termoclastia, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega nos procesos morfolóxicos de creación de palabras co significado de ‘partido, fragmentado’. Ex: clastomanía. OBS: Emprégase tamén como sufixo coa forma -clasto. Ex: bioclasto, condroclasto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impulso morboso de destrución que aparece especialmente en oligofrénicos axitados, en enfermos maníacos e nalgúns obsesos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto de inclusión formado por dúas moléculas distintas, onde unha delas está situada nos ocos que deixa o retículo cristalino da outra. A posibilidade de formación dun clatrato depende da adecuación do espazo baleiro do retículo cristalino respecto ao volume da molécula incluída.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe e filósofo, irmán de san Mamerto. Seguidor da doutrina de santo Agostiño, sitúase entre os últimos filósofos patrísticos e os primeiros escolásticos medievais. Coñécese pola disputa que mantivo con Fausto de Retz, na que defendeu a simplicidade e a unicidade da ánima. Foi un dos divulgadores do neoplatonismo no pensamento cristián. A súa obra De statu animae (O estado das almas, 470) representa a derradeira obra filosófica da Galia antiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, gravador e escultor. Traballou nun obradoiro de decoración ao tempo que estudiou na escola da Llotja de Barcelona e nos obradoiros de Angel Ferrant e Josep Mongrell. Dedicouse á realización de carteis cinematográficos e á ilustración. Exiliado en 1939, estableceuse en Francia onde situou o seu obradoiro en Saint-Pierre, na Provenza (1965). Asimilou diversas influencias de Vuillard, Bonnard e Picasso ao servizo dunha plasticidade moi persoal. Realizou, entre outras, as ilustracións de Lettres d’Espagne (Cartas de España, 1943), de Merimée. Como escenógrafo fixo decorados para a ópera de París. A súa pintura é de carácter abstracto, mentres que nas colaxes se achegou ao informalismo. Desde 1975 o máis característico da súa obra é a representación dos fondos que simulan papeis dobrados, feitos coa técnica do trompe l’oeil. Tamén cultivou a escultura e a realización de tapices. Recibiu, entre outros galardóns, o premio especial da Societé Nationale des Beaux Arts (1944),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efecto fotográfico polo que a impresión dun trazo ou punteado iluminado, con alta intensidade e curta duración, exerce unha acción desequilibradora sobre unha segunda exposición máis longa e que permite transformar directamente unha imaxe de tons continuos nunha imaxe tramada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Produtor e realizador cinematográfico inglés. Estreouse como realizador con dúas adaptacións de Henry James tituladas The Innocents (Os Inocentes, 1961) e Our Mother’s House (A casa da nosa nai, 1966) e, posteriormente, dirixiu The Great Gatsby (O gran Gatsby, 1974) e The Lonely passion of Juduth Hearne (A paixón solitaria de Juduth Hearne, 1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘pechado’. Ex: cleistogamia, cleistotecio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao cleistocarpo.

    2. Aplícase, en xeral, aos organismos de frutificación indehiscente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nos fungos, corpo esporífero indehiscente.

    2. Nos mofos, esporanxio sen opérculo.

    3. Froito indehiscente como a núcula, a drupa e a baga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Autopolinización que ten lugar en flores pechadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ás flores que presentan cleistogamia.

    2. Aplícase ás plantas de flores cleistógamas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asocarpo propio dalgunhas piromicétidas formado por un corpo máis ou menos esférico e indehiscente que contén os ascos no seu interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega no proceso de creación de palabras co significado de ‘roubar’. Ex: cleptobiose, cleptómano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relación de semiparasitismo que existe entre algúns insectos ou certas aves e diferentes animais doutras especies, na que os primeiros se apropian dos niños dos outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medo morboso de cometer furto ou de ser culpado como ladrón inxustamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen padece cleptofobia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pulsión obsesiva a roubar na que o enfermo obra só polo desexo de quitar e non para sacar proveito.

    VER O DETALLE DO TERMO