"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Artista medieval cortesán que desempeñaba múltiples funcións, desde o acompañamento musical ata a interpretación de composicións, fundamentalmente alleas. Relacionados con medios populares e aristocráticos, transmitían narracións e outros tipos de textos, especialmente dos trobadores. Na segunda metade do s XIII comezaron a crear os seus propios textos e pasaron a denominarse segreis. Diferenciáronse dos trobadores fundamentalmente pola súa orixe social de menor rango.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao xograr.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte ou oficio de xograr.
-
PERSOEIRO
Rei de Grecia (1863-1913), fillo de Cristian IX de Dinamarca. Foi elixido rei pola Asemblea Nacional, despois da destitución de Odón I de Grecia. Outorgou ao país unha constitución democrática (1864) e adquiriu Epiro, Creta, unha parte de Macedonia e varias illas do Mar Exeo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Príncipe de Serbia (1804-1813). De nome Djorje Petrović Karadjordje, foi cabeza da dinastía Karagjorgević, e foi elixido xefe supremo da Asemblea de Arašac (1804). Proclamado príncipe herdeiro (1808) foi protexido polo tsar de Rusia, aínda que só inicialmente. Ao producirse a invasión turca refuxiouse en Austria (1813). Morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Grecia (1922-1923 e 1935-1947), fillo e sucesor de Constantino I de Grecia. En 1923, despois dos enfrontamentos cos turcos tras a Primeira Guerra Mundial, foi deposto e tivo que saír do país, ao ser proclamada a república. Restaurado no trono en 1935, despois da ocupación de Grecia polos alemáns (1941), durante a Segunda Guerra Mundial tivo que abandonar novamente o país, ao que regresou como monarca en 1946.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador bizantino (527-565), sobriño e sucesor de Xustino I. De nome Petrus Sabbatius, tivo por muller a Teodora, asociada ao trono como conselleira principal. Estivo dominado pola idea da reconstrución do Imperio Romano, e en Occidente, en longas campañas, levadas a termo sobre todo por Belisario, conquistou Numidia aos vándalos (533-548), a rexión do SL da Península Ibérica aos visigodos (550), dominou toda Italia e tomou Ravenna (535-554). Sostivo duras batallas contra os eslavos e os hunos, e puido estender o reino por Tracia e Iliria, ata o Danubio. Acadou unha importancia pola súa obra xurídica, recollida no Corpus Iuris Civilis, que marcou toda a lexislación medieval ata os tempos modernos. No eido da arte destacaron as obras construídas durante o seu mandato, como Santa Sofía de Constantinopla ou as igrexas de San Vitale e Sant’ Apollinaire in Classe en Ravenna.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Granada da dinastía nasarita (1332-1354). Conseguiu o poder tras o asasinato do seu irmán Mu Palatino; Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ ammad IV. Enfrontado con Afonso XI, derrotou a escuadra castelá en Tarifa (1340), pero foi vencido en El Salado (1340).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Granada da dinastía nasarita (1390-1391), fillo e sucesor de Mu Palatino;Palatino; Palatino;ḥ ammad VI. O seu reinado caracterizouse polas tensións internas entre a familia real.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Granada da dinastía nasarita (1407-1017), irmán e sucesor de Mu Palatino; Palatino;ḥ ammad VII. Durante o seu reinado o infante Fernando de Castela conquistou Antequera, e os benimeríns ocuparon temporalmente Xibraltar.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do condado homónimo e de Croacia (770.058 h [2001]). Está situada na ribeira esquerda do Sava, ao pé dos últimos contrafortes do Medvednica. Principal centro urbano e económico do estado, ten unha industria moi diversificada. O núcleo antigo, situado sobre dous outeiros, está formado polo Gric, o antigo barrio da nobreza, e o Kaptol, o antigo barrio eclesiástico, onde está a catedral de Santo Estevo (s XIII). Fundada no s XI, como cidade eclesiástica, con sé episcopal, no s XII desenvolveuse como cidade libre de comerciantes e artesáns. Bela IV de Hungría e de Croacia (1242) nomeouna cidade real. Foi capital de Croacia-Eslovenia, provincia autónoma do Reino de Hungría (1867), en 1941 foi do Reino de Croacia, en 1945 da República Federal de Croacia, en Iugoslavia e, desde 1991, do estado independente de Croacia.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Croacia (3.078 km2; 304.186 h [2001]). A súa capital é Zagreb
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema montañoso do SO de Irán con dirección NO-SL, aproximadamente desde o Acerbaixán Occidental ata o Baluchistán iraniano (uns 1.200 km de longo). Ten unha anchura de 250 km, desde a chaira de Mesopotamia e o Golfo Pérsico ata o altiplano iraniano. Acada a altitude máxima no monte Dinar (4.276 m).
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, delimatado ao O polo pantano de Gabriel y Galán, e ao L polo río Caparra (1.836 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos zegritas.
-
Membro dun grupo político-familiar que actuou no reino nasarita de Granada. Inimigos acérrimos dos abencerraxes, disputáronse os lugares clave do goberno durante todo o s XV.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo empresarial de comunicación fundado en Barcelona por Antonio Asensio Pizarro en marzo de 1976 a partir do semanario Interviu (1976). Editor de 13 diarios, dous deles deportivos (Sport e Equipo), máis de 80 xornais gratuítos locais e temáticos, e 15 revistas (Interviu, Tiempo, Viajar, Woman ou CNR, entre outras), edita tamén máis de 30 publicacións corporativas. Encabezado por El Periódico de Catalunya (1978), o grupo complétase con Ediciones B (1986), con filiais en América Latina, e Vox Pública, empresa de sondaxe, ademais dunha liña de desenvolvemento de webs corporativos e rexionais, videoxogos e plantas de impresión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Telegrama enviado polo ministro alemán de Asuntos Estranxeiros Arthur Zimmermann (1864-1940) ao embaixador alemán en México, o 19 de xaneiro de 1917, no que se propuña unha alianza xermano-mexicana e ofrecía a aceptación alemá a unha futura ocupación mexicana de Novo México, Texas e Arizona. Foi interceptado polos británicos e comunicado ao presidente estadounidense Wilson. Este incidente diplomático deteriorou as relacións de EE UU con Alemaña.
-
PERSOEIRO
Político ruso. De nome Grigorij Jevsejevič Apfelbaum, foi militante bolxevique desde 1903. Formou parte do Politburó e foi presidente do soviet de Petrogrado. Colaborou para organizar a Terceira Internacional, e presidente do seu comité executivo (1919-1926). Desde 1926 opúxose a Stalin, que o desposuíu dos seus cargos e o expulsou do partido (1927). Despois de recoñecer publicamente os seus erros, foi readmitido (1928), para ser novamente expulsado e deportado a Siberia (1932-1933). Foi acusado de responsabilidade moral no asasinato de Kirov (1934) e, xulgado no primeiro proceso de Moscovo (agosto de 1936), foi condenado a morte e executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da zooloxía que ten por obxecto a descrición dos animais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo das distribucións xeográficas dos animais en relación aos continentes que ocupan. Considéranse tres áreas principais de distribución da fauna que se diferencian pola deriva dos continentes. A área dos continentes setentrionais (Europa, Asia e a América do Norte), África e Indochina; a área de América Central e do Sur e a área formada polo continente de Australasia con todas as illas, que ten unha fauna moi diferenciada da das outras porque Australia se separou durante o Cretáceo. Unha vez separados os continentes pola acción do clima e doutros factores, algunhas especies animais desapareceron dos continentes e outras diverxeron evolutivamente, polo que se iniciaron en moitos casos procesos de especiación. Cada unha das áreas zooxeográficas cunha fauna indíxena característica, de acordo coa evolución xeolóxica do continente e a evolución biolóxica nas condicións climáticas e bioxeográficas dadas.