"Asti" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 460.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira recompilación do dereito castelán, realizada por Alonso Díaz de Montalvo, por orde dos Reis Católicos en 1484. Coñecida tamén como Ordenamiento Real ou Ordenamiento de Montalvo, componse de oito libros divididos en títulos e leis. Compila as leis e ordenamentos de Cortes, dados a partir do Ordenamiento de Alcalá, as pragmáticas e ordenanzas reales e algunhas disposicións vixentes do Fuero Real. Contiña diversos erros e omisións e non resolveu o atomismo da lexislación castelá.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á produción e ao desenvolvemento dos órganos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao orgasmo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á orxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cirurxía que ten por finalidade a restauración dun óso con fragmentos doutros ósos ou con materiais de procedencia diversa.
-
-
Cirurxía plástica do oído.
-
Intervención cirúrxica do oído para corrixir as deformidades.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reconstrución cirúrxica do padal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao mapa ou ao corte xeolóxico en que se reconstruíu a posición orixinal dos sedimentos desprazados por movementos tectónicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á febre ou á doenza que está en período de regresión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á paráfrase.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás manifestacións sistémicas que aparecen en enfermos cancerosos, que teñen unha evolución relacionada coa do cancro, pero sen ningunha clase de relación anatómica directa con este nin coa metástase. Unha vez extirpada a neoplasia, adoitan desaparecer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das liñas helicoidais secundarias que unen os puntos de inserción de filomas oblicuamente contiguos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á paronomasia.
-
PERSOEIRO
Compositor inglés. Discípulo de G. Elvey, realizou o seu primeiro traballo orquestral en 1878. Dirixiu o Royal College of Music (1894-1918) e foi o autor de música sobre obras de J. Milton, de cinco sinfonías, oratorios e obras corais, das que destacan Prometheus Unbound (1880) e Magnificat (1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Obra en que se imita a maneira dun escritor, pintor ou músico, de xeito que pareza orixinal.
-
Mestura de elementos inconexos.
-
Obra en que se mesturan diversos estilos e canons.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra musical composta por máis dun autor, ou ben construída con pezas de autores diferentes. Foi unha práctica moi frecuente na ópera dos ss XVIII e XIX.
-
-
Porción individual de pequenas dimensións en que se presentan determinadas substancias.
-
comprimido.
-
Peza metálica recuberta nunha das súas caras dunha camada de material sinterizado de alto coeficiente de frición, que, en pares e enfrontadas entre elas, constitúen a parte móbil da pinza dun freo de disco.
-
-
-
Raia de cola fina e longa cun espiño serrado e velenoso e pel lisa, con certa rugosidade na parte dorsal. Habita en augas pouco profundas e aliméntase de invertebrados e peixes.
-
charouvía.
-
-
-
Relación sexual dun home adulto cun neno, xeralmente do mesmo sexo.
-
Relación homosexual masculina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á pederastia ou aos pederastas.