"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • Revista ourensá editada o 20 de abril de 1913 de periodicidade quincenal. Dirixida polo poeta portugués Souza Aguiar, tiña como subtítulo “Revista quincenal ilustrada. Arte, ciencia y literatura”. Colaboraron nela V. Surribas, Uxío Buena, Constantino Teixeira, Anxo Falcó e Ramón Fernández Mato, entre outros. Contiña fundamentalmente información cultural e reproducía poemas e prosas literarias influídas polo Modernismo, en castelán e portugués. Reproduciu tamén o relato “La bruja blanca de Vicente Risco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado pola F E da JONS na cidade de Lugo en 1937.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista semanal ou quincenal, aparecida en outubro de 1914 en Vilalba, que cesou en breve tempo. De tendencia rexionalista, foi dirixida por Antonio García Hermida; o seu título facía referencia ás cores da bandeira galega. Nela apareceu o poema “Outros tempos” de Noriega Varela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de azular ou azularse.

    2. De cor que tira ao azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pór ou dar a cor azul a algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sólido cristalino, que se funde a 99°C, isómero de naftaleno, que ten o seu mesmo olor, o mesmo sistema cristalino e parte das súas reaccións químicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave insectívora de 14,5 cm de lonxitude coa cara, a gorxa e o peito de cor cinsenta, a parte superior castaña riscada de negro e a inferior gris escura. É unha especie fuxidía, típica do estrato arbustivo asociado a espacios abertos, que procura o alimento principalmente no chan. Distribuída por Europa e Oriente Próximo, dentro da Península Ibérica cría na metade norte. En Galicia, á abundante poboación sedentaria súmaselle en inverno un importante número de individuos procedentes do norte de Europa.

    2. Azulenta de 17,5 cm de lonxitude, coa gorxa branca e salferida de negro, cos flancos riscados de castaño. Vive en ambientes rochosos e afloramentos pétreos, e fai o niño en gretas e furnas das pedras. De distribución discontinua e circunscrita aos niveis montanos do sur do paleártico, na Península Ibérica está presente nos Pireneos, nos Picos de Europa, no Sistema Central e en Serra Nevada. En Galicia, moi escasa, aniña nos cumios das serras orientais e no inverno aparece en pedregais de certa altura, mesmo no litoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de covas asturianas, probablemente comunicadas, das que se está a escavar a chamada Azules I, que contén unha ampla secuencia Azilense e Madalenense final. Nun dos niveis desta cova, datado en 75000 a C, localizouse un enterramento dun home obxecto dun complexo rito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de azulexar.

    2. Mosaico de cerámica destinado á decoración dos solos e pavimentos. Utilizáronse por todo o Islam, pero os fabricados en al-Andalus foron os de maior calidade. A ornamentación adoitaba combinar temas estrelados e poligonais. Destacaron os fabricantes durante o reinado de Yusuf I e Muhammad V na Alhambra (s XIV). Entre os mosaicos valencianos de Manises e Paterna cabe destacar os que proceden do pavimento do claustro de Poblet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recubrir algunha cousa con azulexos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento decorativo de cerámica, composta de barro, brillante ou mate, que serve para cubrir as paredes dos baños, da cociña e que, por extensión, tamén se emprega noutros espacios da casa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De cor tirando a azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do Miño. Nace na parroquia de Montecubeiro (concello de Castroverde) na confluencia dos regos que baixan das serras de Monciro, ao O, e do Mirador, ao L. Adopta un curso de dirección SSL-NNO e recibe o río Pol na parroquia de Silva (Pol). Pasa pola vila de Castro de Rei e desemboca no Miño na parroquia de Coea (Castro de Rei) logo dun percorrido duns 25 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arquiprestado da diócese de Mondoñedo-Ferrol, que inclúe as parroquias de Graña, Moncelos e Vilarente (do concello de Abadín), a de Muimenta (Cospeito), as de Ferreiros e a de Silva (Pol), as de Ansemar, Azúmara, Balmonte, Bazar, Castro de Rei, Coea, Goberno, Outeiro, Pacios, Prevesos, Quintela, Ramil, Santa Leocadia e Viladonga (Castro de Rei) e todas as do concello da Pastoriza agás as de Aguarda e Álvare.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga medida castelá para líquidos, equivalente a catro netos (dous litros e dezaseis mililitros).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Guadalajara, Castela-A Mancha, situado ao SO da capital (16.013 h [1996]). Drenado polo Henares, é un centro agrícola, gandeiro (ovino) industrial e de servicios, que experimentou un incremento demográfico na década de 1990 de máis do 45%, debido á expansión residencial da cidade de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da conca do Mente, afluente do Moas pola esquerda. Nace na parroquia de Cádavos, no concello da Mezquita e desemboca en territorio portugués.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elevación da parroquia de Fontaneira, no concello de Baleira, de 726 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO