"Cis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1012.
-
GALICIA
Mestre de obras. Traballou na igrexa de Santo André de Zarracóns (1747) e no palacio do bispo de Ourense frei Agustín Cura (1750). Por estas datas, traballou en Cortegada un mestre canteiro do mesmo nome que realizou a igrexa parroquial de San Martiño de Valongo (1754).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Libreiro e filósofo. Foi profesor de lóxica e psicoloxía nas universidades de Sevilla e Santiago de Compostela. En 1849 adquiriu a librería de Rey Romero. Ademais das súas colaboracións na prensa, publicou Programa de la asignatura de psicología y lógica de la Universidad de Santiago (1851).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Vigo con Camilo Nogueira. Entre outros materiais empregou o ferro, a pedra, a madeira, o papel, o cartón e a cerámica. Nas súas obras, de carácter abstracto aínda que cun fondo figurativo e próximas ao minimalismo, buscou traballar coa materia. Realizou exposicións individuais, entre as que destaca a celebrada na Sala de Arte Caixavigo (1985), e participou en mostras colectivas, entre elas a colectiva ao aire libre da praza da Princesa de Vigo (1970), a Bienal de Pontevedra (1981) e I Mostra Unión Fenosa (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Os seus retratos caracterízanse pola harmonía dos tons fríos, como o Retrato de Francis Burdett (1764). Foi un dos fundadores da Royal Academy (1768).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. A súa obra de temática relixiosa caracterízase polo dominio do debuxo. No santuario de Las Ermitas (Astorga) consérvase a decoración da bóveda e dous lenzos que representan a Entrega do rosario e o Triunfo da Fe. Realizou tamén os altares da Fuxida a Exipto e Santo Antonio de Pádua, en San Vicente de Coeo (Lugo), e unha copia da Virxe do Socorro que fixera Claudio Coelho para a capela de Mondragón da catedral de Santiago de Compostela (1737).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Gravador e artesán. Traballou fundamentalmente o marfil. Foi conservador do Museo de Ultramar (Madrid) e traballou na delegación española da Exposición Universal de París de 1878. Foi galardoado na Exposición Rexional de Galicia (Santiago de Compostela, 1858) e na Exposición Universal de París (1874). Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. O seu irmán, Mariano Cousiño Vázquez (Pontevedra 23.6.1828 - 12.3.1914) foi tamén gravador. Realizou crucifixos, camafeos e outras pezas en marfil, óso ou aceiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
frei (? - 1769?) Mestre de obras e leigo dominicano. Chegou a Santiago de Compostela en 1717 para dirixir as obras da biblioteca da Universidade, que se estaba a construír a carón dos colexios de Fonseca e San Xerome.
-
GALICIA
Entallador. Baixo a dirección de Domingo Antonio de Andrade traballou na capela maior da catedral de Santiago de Compostela (1671-1672).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor, debuxante e ceramista. Estudiou na Academia de San Fernando de Madrid. Foi profesor de debuxo. En 1926 realizou a súa primeira exposición en Santiago de Compostela. A súa obra, de raíces expresionistas e con temática galega, mostra un gran dominio técnico con ritmos e escorzos atrevidos e cun equilibrado colorismo. En 1943 creou unha industria de decoración cerámica e realizou decoracións de fachadas de edificios. Nestas obras están presentes as incisións, os relevos e a investigación, sobre todo nos esmaltes cerámicos. Ilustrou Sanos y enfermos de Eduardo Pérez Hervada (1962). En 1969 celebrouse unha exposición antolóxica na Coruña. Obtivo a primeira medalla na Exposición de Pintores Coruñeses (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Comezou a súa actividade pictórica en 1980. A súa obra é naïf e reflicte de xeito detallista temas folclóricos e populares de Galicia. Dende o ano 1988 expuxo en Madrid, Málaga, Asturias e en distintas mostras colectivas en Galicia. Obtivo a mención honorífica no Concurso de Pintura Naïf da Fundación Barrié de la Maza en 1982. Ten obras nos museos internacionais de arte naïf en Luzara (Italia) e Guimarães (Portugal).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo inglés. Licenciouse en Ciencias no University College de Londres en 1937 e doutorouse en 1954 na Caius College de Cambridge. Traballou no Cavendish Laboratory en Cambridge, onde estudou a estrutura do ácido desoxirribonucleico por medio da técnica de difracción de raios X. Xunto con J. D. Watson, elaborou unha teoría sobre a mutación xenética baseada na ordenación dos pares de bases específicas dentro da cadea do ADN. En 1962 compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina con M. H. F. Wilkins e J. D. Watson polos seus descubrimentos sobre a estrutura molecular dos ácidos nucleicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico norteamericano. Coñecido como Lou Costello, traballou no teatro, na radio e no cine formando parella co actor Bud Abbott (Abbott & Costello). Ao longo dos anos corenta participou en diversos shows de radio na ABC e na NBC. Protagonizou diversas longametraxes, entre elas: Noite no trópico (1940), O pequeno fenómeno (1946), As minas do rei Salmonete (1949), Abbott and Costello in the Foreing Legion (Abbott e Costello na lexión estranxeira (1950), Abbott and Costello Go to Mars (Abbott e Costello viaxan a Marte, 1953) e Dance with me, Henry (Baila comigo, Henry, 1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Corrente filosófica que considera a teoría ou crítica do coñecemento como condición de toda investigación filosófica.
-
Nome co que se denomina a teoría do coñecemento de Kant que estudia as formas a priori que fan posible o coñecemento.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao criticismo.
-
Que ou quen é partidario do criticismo.
-
-
PERSOEIRO
Bispo de Mondoñedo (1781-1797). Licenciouse en Dereito Canónico e foi provisor en Ciudad Rodrigo e cóengo doutoral e deán en Ávila, onde fundou unha academia de leis canónicas. Durante o seu bispado realizou diversas obras na catedral mindoniense, como a prolongación do cruceiro e o peche da capela maior mediante unha reixa de bronce. Construíu tamén parte do palacio episcopal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Formouse en Madrid, Italia e Grecia. Entre as obras realizadas en Madrid destacan o colexio dos xesuítas de Chamartín, os conventos das Salesas e das Siervas de María e o proxecto da catedral de la Almudena, da que só rematou a cripta. En Bilbao construíu a Universidad de Deusto e o colexio e a capela do Sagrado Corazón, e en Salamanca o panteón do duque de Alba. Pertenceu á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación do dacriocisto ou saco lacrimal debida a unha obstrución, conxénita ou non, do conduto nasolacrimal; produce o estancamento das lágrimas e a conseguinte infección.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Depósito membranoso, situado no lado interno da base da órbita ocular, que contén as lágrimas que proveñen dos condutos lacrimais.
-
PERSOEIRO
Pintor irlandés. Trasladouse a Londres en 1813 e instalouse en Bristol, onde comezou a pintar paisaxes naturalistas. Viaxou por Europa e ao regresar a Inglaterra en 1840 pintou escenas apocalípticas. Entre as súas obras destaca O templo de Flora (1840).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de obras. Traballou na catedral de Santiago de Compostela, onde participou na construción do tabernáculo do Apóstolo.
VER O DETALLE DO TERMO