"EGU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 415.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de regurxitar.
-
-
Volver á boca os alimentos.
-
Refluír o contido de certas vías naturais do organismo a causa dunha gran repleción, especialmente nas aves, os alimentos dixeridos do estómago cara á boca sen que interveña o reflexo do vómito. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complementeo e adquire valor absoluto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Imperio que coroou a reunificación de Alemaña (1871-1918). Obra de Otto von Bismarck, englobaba 25 estados e o territorio de Alsacia e Lorena; organizouse federativamente e outorgou unha gran preeminencia ao rei de Prusia, investido co título de kaiser.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das preguntas que o avogado ou o fiscal dirixe ás testemuñas presentadas polo adversario, despois de que respondera a cada unha das preguntas do interrogatorio, con vista a aclaralas ou refutalas e comprobar a veracidade das declaracións formuladas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Preguntar de novo sobre a mesma cousa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia de España que comezou o 14 de abril de 1931, coa proclamación da República, e rematou o 1 de abril de 1939, cando finalizou a Guerra Civil Española coa vitoria de Francisco Franco. Distínguense dous períodos: o primeiro, iniciado o 14 de abril de 1931, e o segundo, que corresponde á Guerra Civil Española, entre o 18 de xullo de 1936 e o 1 de abril de 1939. A Constitución, aprobada o 9 de decembro de 1931, configurou unha república cun goberno nomeado polo presidente pero que podía ser rexeitado pola cámara de deputados. Separaba Igrexa e Estado e aceptaba as autonomías rexionais. De feito outorgáronse os estatutos de autonomía a Catalunya (1932) e Euskadi (1936). O goberno provisional e o de Manuel Azaña realizaron numerosas e importantes reformas: melloras laborais, reforma técnica do exército, lei do divorcio, construción e dotación de escolas, inicios da reforma agraria e outras, pero foi combatido pola dereita e non recibiu o soporte necesario por parte das forzas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia de Francia que vai desde o 25 de febreiro de 1848 ata o 21 de novembro de 1852. Proclamada tras a abdicación de Luís Filipe I de Francia, a República naceu dividida entre liberais e socialistas. A insurrección popular de París de xuño de 1848, provocada entre outros motivos pola disolución dos Talleres Nacionais, foi rigorosamente reprimida e provocou unha reacción conservadora. Napoleón III, elixido presidente, deu un golpe de estado o 2 de decembro de 1851 que practicamente rematou coa República, aínda que tardou un ano en proclamarse emperador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de acontecementos producidos en Inglaterra entre 1688 e 1689. Coñecida como Revolución Gloriosa, determinou a caída do rei católico Xaime II de Inglaterra e o ascenso ao trono do protestante Guillerme de Orange-Nassau (Guillerme III de Inglaterra) e da súa muller María II de Inglaterra, filla de Xaime II.
-
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Gabino, viviu en Barcelona onde recibiu a influencia da pintura catalá e de artistas como Antoni Tàpies. Destacou como debuxante, cultivou o realismo cun estilo postimpresionista e centrouse fundamentalmente na representación de paisaxes, xunto con bodegóns e retratos. Preocupouse pola cor e empregou unha paleta cálida e morna na que destacaron azuis intensos, verdes brillantes, carmíns, rosas e pratas, coa que construía os corpos mediante o emprego da luz. Destacan Mi hermana Carmen (1956), Bodegón (1968), Puerto de Barcelona (1980), Irene e Anna (1988), Vaso con flores (1990), Casa en el Empordá (1996), A modelo (1997) e Camino (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mago, humorista e presentador de televisión. Como mago obtivo diversos recoñecementos en congresos nacionais e internacionais. Realizou ademais unha xira por distintos países europeos, especialmente por Reino Unido, onde actuou en diversas ocasións na BBC. En España participou en programas de TVE e Tele 5.
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente pola dereita do río Bibei. Nace e desemboca na parroquia de Froxais (Viana do Bolo).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e político. Participou na Primeira Guerra Carlista (1839) e foi xefe do estado maior de Andalucía (1868) e capitán xeneral de Galicia (1870-1873, 1875, 1879, 1881-1884, 1886- 1889). Xeneral en xefe do Exército do Norte na Guerra Carlista (1873), foi ministro de Guerra (1873-1874). Foi deputado por Huesca (1869-1871) e senador polas provincias de Lugo (1877-1879) e A Coruña (1879-1880) e en 1881 foi nomeado senador vitalicio polo Partido Liberal. Foi galardoado coas cruces ao Mérito Militar e Naval e a de San Hermenegildo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política e economista. Foi asesora do secretario de Estado de Universidades e Investigación (1994-1996), vicerreitora de Estudantes (2000-2003) e vicerreitora para a converxencia europea na Universidad Carlos III (2003-2004). En 2004 foi nomeada ministra de Educación e Ciencia no goberno de José Luis Rodríguez Zapatero.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador da arte. Ingresou na academia militar de Ávila e prestou servizos no corpo de intendencia. Establecido en València (1925), estudou a iconografía e a pintura medieval valenciana. Escribiu a serie La pintura medieval valenciana.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mariño e erudito. En 1861 encargáronlle a formación da Academia de Administración da Mariña en Ferrol. Ocupou, entre outros cargos, os de ordenador do Arsenal de Ferrol, intendente de Ferrol e intendente xeral do ministerio da Mariña. Das súas obras destacan Estudios sobre la época céltica en Galicia (1867), Tratado de economía política (1870), Estudios sobre Galicia (1888), La cuestión obrera en Galicia (1893) e Efemérides ferrolanas: apuntes para la historia de Ferrol y sus cercanías (1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mariño e erudito. Foi secretario de interior da Dirección General de Establecimientos Científicos e, retirado da vida militar, traballou na Compañía Arrendataria de Tabacos. Dirixiu a Biblioteca Nacional e foi académico de número da Real Academia Española e correspondente da Real Academia de la Historia. Colaborou no Dicionario da RAE e dirixiu a revista La Unión Ibero-Americana. Das súas obras destacan, El corregidor Pontejos y el Madrid de su tiempo (1909), Lo siento mucho: consideraciones y documentos relativos al famosos ingenio del hidalgo Blasco de Garay (1913), Alonso de Santa Cruz inventor de las cartas esféricas de navegación (1914) e Las trombas marinas (1915).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mariño. Creou os Pósitos de Pescadores, para protexer os dereitos deste colectivo. Colaborou en Boletín de Pesca e publicou La casa del marino ibero-americano (1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Fundou e foi o primeiro presidente de Alianza Liberal. Foi senador (1977-1979) e deputado (1979-1982). Escribiu Qué es la monarquía (1976) e Cuando la transición se hizo posible: el Contubernio de Múnich (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘perseguir’.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Costa de Marfil (11.240 km2; 121.235 h [1988]). A súa capital é Séguéla (12.692 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO