"RDA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 499.

  • Tipo de repolo coas follas de cor vermella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alianza inspirada polo Papa Alexandre III. Estableceuse na Pontida en 1167, entre as cidades de Lombardia, contra o Emperador Federico I Barbarrubia. Impulsou a reconstrución de Milán, destruída en 1162, e derrotou o emperador en Legnano (1176), que abandonou as súas accións en Lombardia pola Paz de Constanza (1183).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capa de sucidade que se forma sobre algo, especialmente sobre o corpo ou a roupa.

      1. Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘lixo’.

      2. Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘merda’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Ramón Deside, traballou en Catalunya como decorador e realizou altorrelevos en materiais diversos. A súa obra, de carácter informalista, mostra unha depuración das formas, cun labor destrutivo de todo o que considera inútil. Empregou os materiais grosos que provocan sensacións escultóricas para crear espacios novos. Realizou exposicións en Catalunya e en Galicia, e participou nas mostras de Arte Galega na Colección Caixavigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ten lorda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo SO da parroquia de Santalla de Pena (Begonte). O seu cumio acada os 620 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo derivado do nome persoal do latín tardío Mainardus, forma latinizada do xermánico Maginhard, formado por magin, variante do antigo alto alemán magan ‘forza, poder’, e -hard ‘duro, forte’. Aparece nos documentos altomedievais coas variantes: Maginardus, Mainardus, Meginardus e Meinardus. A súa difusión débese a san Mainardo (s XI), bispo de Urbino, celebrado o 14 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipo de cuberta con vertentes rotas como consecuencia da intersección de planos inferiores, moi inclinados, con outros superiores, de pouca inclinación, para conseguir maior espazo no interior e aproveitalo para vivenda.

    2. Piso situado baixo este tipo de construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello de pesca, semellante ao xeito, que consiste nunha rede rectangular que se lanza ao mar con violencia para pescar sardiña, xurelo ou xarda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no concello de Lugo. O seu cumio acada os 550 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia da Fronteira do Noroeste, Paquistán, situada ao N do río Kalpāni (244.511 h [1998]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de África setentrional que pertence a Alxeria, onde nace, cerca de Souq Ahras, e a Tunisia, á que atravesa na parte máis setentrional. Desemboca no golfo de Tunes tras un percorrido de 365 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Princesa de Éboli, segunda princesa de Melito e segunda duquesa de Francavilla, filla de Diego Hurtado de Mendoza. Casou con Rui Gomes de Silva, primeiro duque de Pastrana e príncipe de Éboli. Dama de compañía de Isabel de Francia, encabezou, xunto con Antonio Pérez, o partido ebolista, que propugnaba unha saída negociada da rebelión flamenga e defendía unha solución federalista que respectase os privilexios de cada reino. Parece ser que tiveron negociacións secretas cos rebeldes flamengos, descubertas por Juan de Escobedo, ao que fixeron asasinar (1578). Filipe II afastouna da corte en 1579.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Excremento sólido humano ou animal.

    2. Calquera tipo de lixo ou sucidade.

    3. Cousa sen importancia ou de escaso valor.

    4. Estado de embriaguez.

    5. Expresión que indica contrariedade, desesperación ou enfado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calquera tipo de sucidade.

    2. Cousa sen importancia ou de pouco valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso que forma parte da serra da Loba e se estende polos concellos de Guitiriz (Lugo) e Aranga (A Coruña). As súas altitudes oscilan entre os 668 m e os 726 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de mordaz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘dente’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político inglés, conde de Montmouth e de Peterborough. En 1705 dirixiu o exército aliado que se trasladou ata Barcelona e apoderouse da cidade. En 1706 desencadeou unha ofensiva contra València, pero retirouse da Guerra de Sucesión Española polo seu desacordo co arquiduque Carlos de Austria e o xeneral Galway.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que corroe.

    2. Que critica con ironía e maldade.

    VER O DETALLE DO TERMO