"RNE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 566.

  • (Time Rogaland 1851 - Oslo 1924) Escritor noruegués. Defensor do landsm<l, fundou a revista Fedraheimen. Da súa produción destacan Mannfolk (1886), Troette Moend (1891), Haugtussa (1895), Den burtkomne faderen (1899) e Knudaheibrev (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falar cun ton de voz moi elevado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Pertencente ao Bloomsbury Group, publicou, entre outras obras, A Man in the Zoo (1924), The Sailor’s Return (1925), A Rabbit in the Air (1932) e A Shot in the Dark (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rapina da familia Accipitridae, que presenta un aspecto esvelto característico do xénero Circus. Presenta unha lonxitude de 50 cm, ás curtas e redondeadas, nos machos a cola longa de cor cinsenta, uniforme no dorso, coa punta das ás negra e rabadilla branca. As partes inferiores son brancas agás a punta das ás. Ten cabeza gris e peteiro e patas amarelos. Presenta un marcado dimorfismo sexual; as femias e os máis novos son pardos, coa parte inferior da cola e as ás con raias negras. É unha especie asociada a matogueiras e cultivos, que nidifica en Galicia nas serras e nas chairas nun número aproximado de 50 parellas. Está tamén presente na época invernal en menor número de exemplares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Nacido nunha familia de caldeireiros, chegou a Barcelona en 1870 para estudar arquitectura, onde tamén traballou en diferentes estudios de arquitectos e de mestres de obras. A súa produción pódese dividir en catro etapas. A primeira delas desenvolveuse entre 1878, ano no que se titulou, e 1882. Caracterizouse pola súa comuñón co ideario cooperativista, as obras desta época son de carácter urbano e social. Colaborou con Josep Fontserè no parque da Cidadela, proxectou farois e un posto de flores con quiosco e urinario, e construíu a fábrica e dous edificios de vivendas da cooperativa L’Obrera Mataronense. A etapa central da súa obra estendeuse entre 1883, data na que lle encargaron o templo da Sagrada Familia (ata o 1900). Caracterizouse polo esforzo por superar os estilos históricos e conseguir unha plástica e unhas formas estruturais propias, aspectos básicos do seu estilo. Foron anos de intensa actividade en que coñeceu a Eusebi Güell i Bacigalupi e nos que construíu a casa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político brasileiro. Foi xefe da Casa Militar (1964), maxistrado do Tribunal Supremo Militar e ocupou a presidencia da empresa estatal petroleira Petrobrás. Como presidente da República (1974-1979) creou as condicións para a apertura política que levaron á restauración da democracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Fundador e catedrático de Arquitectura na Acadèmia de Sant Carles (1768), a súa obra reflicte a transición do Barroco ao neoclasicismo. Das súas obras destacan a remodelación da catedral de València e a finalización da aduana (1758-1760).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pretende gobernar e solucionar os asuntos dos demais.

    2. Aplícase á persoa que lle gusta gobernar os seus bens ou negocios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Realizou a súa primeira mostra individual en 1947 e participou en diversas convocatorias da Exposición Nacional de Bellas Artes e do Salón de Otoño de Madrid, onde acadou a terceira (1958), segunda (1960) e primeira (1961) medalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Doutor en Filoloxía Hispánica (1992), é profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela e membro do Instituto da Lingua Galega. Como investigador, a súa actividade está centrada no estudo do proceso de estandarización do galego moderno, con especial atención ao s XIX, e da historia da lexicografía galega. En 2002 colaborou na preparación do Dicionario de dicionarios do galego medieval en CD-ROM e dunha edición completa, en soporte electrónico, do Dicionario Galego-Castelán, de Eladio Rodríguez. É coautor do Dicionario normativo galego-castelán (1988) e do Léxico da administración castelán-galego (1991), e editor de Entre a vendima e a castañeira, de Otero Pedrayo e, en colaboración con Dolores Vilavedra, de Retrincos e Un ollo de vidro, de A. Rodríguez Castelao.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer adornos ou complementos a algo.

    2. Dotar a algo ou a alguén cos elementos que lle son necesarios.

    3. Dotar un lugar dunha gornición para a súa defensa militar.

    4. Revestir as paredes ou muros dunha construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de gornecer.

    2. Aplícase á espada que se representa con distinto esmalte na empuñadura ca na folla.

    3. Aplícase á espada que ten a empuñadura adornada con pedras preciosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor valón. Estudiou en Roma, onde coñeceu a ópera italiana. Instalado en París desde 1767, combinou o estilo italiano co francés en óperas cómicas. Da súa produción destacan as óperas Le Huron (1768), Zémire et Azor (1771) e Richard Coeur-de-lion (1784). Compuxo ademais cuartetos, sinfonías e obras sacras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Constructor de violíns italiano. Foi discípulo de N. Amati e seguiu os seus modelos, que perfeccionou. Os seus fillos e, especialmente o seu neto Giuseppe Guarneri (1698-1744) -chamado del Gesù porque empregaba como distintivo o anagrama IHS- crearon instrumentos dunha calidade semellante á de Stradivari.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome francés da illa de Guernsey.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ernesto Pérez Guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario arxentino. Coñecido como Che Guevara, doutorouse en Medicina en Bos Aires (1953). En Guatemala apoiou o goberno do presidente Jacobo Arbenz, e en 1956 estableceuse en México, onde contactou con Fidel Castro e cos revolucionarios cubanos, cos que participou na operación Granma, que iniciou a loita guerrilleira contra as forzas de F. Batista. Tralo triunfo da Revolución Cubana (1959), asumiu a carteira de Industria (1961-1965) e marcou o posterior signo da economía do país. Realizou tamén o labor de embaixador visitando a URSS e China, entre outros países, e interveu nas conferencias de Punta del Este (1961) e Alxer (1963), nas que fixo un chamamento á solidariedade dos pobos do Terceiro Mundo para combater as forzas imperialistas. Incorporado á guerrilla boliviana, foi capturado e executado. En 1997 descubríronse os seus restos na fosa común de Vallegrande, que foron trasladados ao mausoleo da Plaza Ernesto Che Guevara na cidade cubana de Santa Clara. Escribiu Guerra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cornelis Cornelisz.

    VER O DETALLE DO TERMO