"Sem" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 381.

    1. Que é case transparente.

    2. Lámina que, por medio dun depósito de prata nunha das superficies, reflite parte da luz que lle chega e deixa pasar o resto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao sistema monetario promulgado en Roma pola lei Plautia-Papiria en 90 a C

    2. Aplícase ao tipo de escritura latina derivada da capital romana clásica, transformando o cambio de ángulo de escritura, que de pechado pasou a recto, o que provocou a alteración dos grosores e das finuras das letras, así como que algunhas pasasen a novas formas, converténdose en tipo minúsculo. Adoptada a finais do s II, o nome xurdiu no s XVIII cando se pensou que derivaba da uncial, como se fose a metade. Modernamente denomínase romana comuna nova. A semiuncial está na orixe da carolinxia que, imitada pola humanística, deu a letra de imprenta chamada de caixa baixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • período radioactivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a unha semivogal.

    2. Que ten a natureza dunha semivogal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Articulación intermedia entre vogal e fricativa que se produce durante a emisión do segundo membro pechado dun ditongo. Compórtase como unha rápida transición entre un estado de máxima abertura, vocálico, e un de máximo pechamento, consonántico; por exemplo, [i] en gaita [‘gaita] ou [u] en mouro [‘mouro].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo alemán. Opúxose ao pietismo pola súa teoloxía racional. Aplicou o método crítico-histórico á Biblia, o que lle abriu o camiño á libre interpretación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tocólogo húngaro. As súas investigacións na primeira clínica maternal de Viena e, despois, no Rochuskrankenhaus de Pest fixéronlle descubrir que a causa da febre puerperal era a infección provocada polas manipulacións dos propios parteiros e parteiras. Escribiu Die Ätiologie, der Begriff und die Profilaxis del Kinderbettfiebers (1861).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto de montaña de Austria, situado entre Baixa Austria e Estiria. O seu cumio acada os 985 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán (96.816 km2; 551.986 h [estim 2001]). A súa capital é Semnān (91.045 h[1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo semnon.

    2. Individuo do pobo semnon.

    3. Pobo xermánico do grupo suevo, que habitaba orixinariamente na rexión alemá de Brandenburgo, entre o Elba e o Oder. Foron sometidos polos eslavos no s VI a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produto intermedio da moedura dos cereais, que se separa da flor da fariña e das partículas de farelo nas peneiras e vólvese moer para obter máis fariña. Segundo o seu diámetro, clasifícase en sémola gorda (máis de 0,6 mm) e fina (de 0,4 a 0,6 mm). A sémola de trigo emprégase para facer sopas e papas e na fabricación de pastas alimenticias. A sémola de millo emprégase como sucedáneo da sémola de trigo e para facer pudins. A sémola de arroz, empregada xeralmente para facer sopas, denomínase tamén sémola branca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de dezaoito loas ou bendicións de que consta a oración xudía. Na época precristiá, eran recitadas tres veces ao día e tiñan un lugar fixo no culto sinagogal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen se move por si mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formado en Múnic e, con Hittdorf, en París, construíu o teatro (1834), o museo (1847) da corte real e a ópera (1837-1841) de Dresden. Fuxindo da Revolución de 1848, instalouse en Inglaterra, onde foi conselleiro artístico do príncipe Alberte. Autor do Burgtheater de Viena e, en colaboración con O. Brückwald, do Festspielhaus de Bayreuth (1872), foi un dos promotores da reacción neorrenacentista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é eterno ou perpertuo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. En todos os momentos, no tempo pasado, presente e futuro.

    2. De todos os xeitos, a pesar de todas as circunstancias contrarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico creado en Montevideo por un grupo de galegos próximos a Castelao (Alfredo Somoza, Jesús Canabal, Pedro Couceiro, Antón Crestar, Luís Tobío, Emilio Pita, Manuel Leiras e Manuel Meilán) como homenaxe á figura do galeguista. En emisión en CX 16 Radio Carve desde o 3 de setembro de 1951, converteuse na máis antiga audición radial emitida enteiramente en galego. Dirixido por Manuel Meilán (1950-1994) e por Antonio García de Seárez desde 1994, emitiuse todos os domingos dirixido á colectividade galega en América. Recibiu a Vieira de Prata (1971), o Trofeo Galeguidade do Mundo (1991) e o Premio Galicia de Comunicación (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Barcelona a partir do 1 de febreiro de 1978. Subtitulada “Voceiro da Emigración Galega en Barcelona”, foi promovida por un grupo de nacionalistas galegos que residían nesa cidade. De natureza política, incluíu colaboracións literarias, tamén cun marcado compromiso político.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de ensaios, discursos, artigos e conferencias escritos por Castelao ao longo da súa vida. Rematouna en 1943 e publicouna en Bos Aires en 1944. O limiar está constituído polas “Verbas de chumbo”, escritas en 1935 durante a súa estancia en Badajoz e publicadas en A Nosa Terra. Ademais das súas vivencias no desterro amosa a orientación á esquerda do Partido Galeguista. A continuación das “Verbas de chumbo”, que publicou durante a Guerra Civil entre 1937 e 1938 en Nueva Galicia, constituíu o Libro Primeiro, en que tratou da solución política á cuestión nacional galega dentro do marco da Segunda República. O Libro Segundo está formado por escritos realizados durante a súa estancia en Nova York e rematado na viaxe a Bos Aires. Trata da non constitución do estado federal, do atranco ao proceso autonomista de Galicia e da derrota da Segunda República. O Libro Terceiro escribiuno en Bos Aires e finaliza co discurso pronunciado nun mitin organizado pola oposición española...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico emitido desde Radio Suave, en Caracas, e dirixido por Miguel Anxo Abadín Enríquez. Órgano de difusión da Irmandade Galega en Venezuela, informou á colectividade galegas das novidades desta institución e de Galicia. Contou, ademais, coa colaboración do Servicio Exterior de Radio Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO