"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Casa-                  -museo de Víctor M. R. Corral Castro situada en Baamonde (Begonte). Toda a colección, así como as construcións que alberga, a casa, o pombal e a capela, foron realizadas polo artista. Acolle obras realizadas en madeira, pedra ou marfil, de tamaño e temática variables, que se achegan ao misticismo e invitan á reflexión relixiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Técnica que permite gravar imaxes e sons nun soporte magnético.

      2. Aparato que rexistra e reproduce imaxes e sons.

    1. Programa de vídeo que pode ser controlado polo mesmo usuario mediante un ordenador. O usuario deixa de ser un receptor, para chegar a ser á vez un emisor de mensaxes que recibe respostas do aparello co que interacciona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras para facer referencia á imaxe de televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actividade artística baseada no aproveitamento das posibilidades de comunicación que ofrece o medio televisivo e o vídeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cinta de vídeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curtametraxe rodada en vídeo que ilustra unha canción, unha composición musical, etc. Adoita ter unha duración duns tres minutos, podendo ter fío argumental ou non. Co paso do tempo converteuse nun produto musical con entidade propia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tenda que aluga ou vende cintas de vídeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade de utilización das redes de ordenadores para permitirlles aos usuarios que se comuniquen en tempo real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disco óptico que se emprega para gravar imaxes e reproducilas nunha pantalla mediante a axuda dun aparato de lectura. A lectura pódese facer empregando un dispositivo piezoeléctrico ou ben opticamente cun láser e un sensor fotoeléctrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que permite establecer simultaneamente unha comunicación acústica e unha visual. Foi ideado en 1937 e posto en servizo en Pittsburg (EE UU) en 1970.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Frecuencia que corresponde a un sinal de imaxe de televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema de telecomunicación en que a información se transmite xeralmente en forma de datos numéricos e se recibe en forma de texto gráfico sobre unha pantalla ou monitor.

    2. videotexto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colección de gravacións de vídeo.

    2. Local ou moble onde se gardan gravacións de vídeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema teleinformático en que a información, en imaxes fixas, sobre todo textos e gráficos, se transmite   a través da rede telefónica e se recibe nunha pantalla ou monitor que permite o diálogo entre o abonado e o banco de datos. Está formado basicamente por unha base de datos accesible ao usuario, unha rede de transporte da información e o aparello do abonado. OBS: ; Tamén se denomina videografía interactiva

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa recreativo que se presenta nun soporte informático con entrada e saída de datos, que permite que o usuario interaccione co mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Xurxo que dá nome ao concello de Vilamartín de Valdeorras, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Valdeorras situado no SL da Comunidade Autónoma de Galicia e no NL da provincia de Ourense (41° 24’ 50’’ N - 7° 03’ 40’’ O). Limita ao N coa provincia de León, ao L co Barco de Valdeorras (comarca de Valdeorras), ao S con Petín (Valdeorras) e ao O cos da Rúa (Valdeorras) e Quiroga (Quiroga). Abrangue unha superficie de 88,3 km 2 , cunha poboación de 2.247 h (2007), distribuída nas parroquias de Arcos, Arnado, Cernego, Córgomo, Correxais, O Mazo, A Portela, San Miguel do Outeiro, San Vicente de Leira, Valencia do Sil e Vilamartín de Valdeorras. A capital atópase no lugar de Vilamartín, na parroquia de Vilamartín de Valdeorras. Atópase a 168 km de Santiago de Compostela e a 105 de Ourense. Está adscrito á diocese de Astorga e ao partido xudicial do Barco de Valdeorras.
    Xeografía física
    Pódese dividir o concello en tres partes: ao N atópanse as serras que prolongan cara ao L a serra do Courel e que rematan, fóra do concello, na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilarmaior baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Barco de Valdeorras baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO