"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
PERSOEIRO
Militar e político. Rico propietario rural, defendeu a independencia das colonias norteamericanas e foi nomeado comandante en xefe do exército independentista (1775). Delegado por Virginia na Convención de Philadelphia (1787), foi elixido primeiro presidente da Unión. Sentou as bases da estrutura política do novo estado e asegurou a independencia económica e financeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático alemán. Contribuíu á teoría de funcións, estudou as funcións abelianas, as elípticas, as variables complexas, o cálculo de variacións e a converxencia das series.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo alemán. Realizou estudos sobre a herdanza e expuxo nas súas obras a teoría da continuidade do plasma xerminal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista inglés. Foi un dos precursores da literatura de ciencia fición. A súa produción divídese en tres períodos, o primeiro caracterízase por unha acertada mestura de ficción e realismo, como en The Time Machine (1893), The Island of Dr Moreau (1896), The Invisible Man (1897) e The War of the Worlds (1898). No segundo período achegouse á comedia social, como en Ann Veronica (1909) e The New Macchiavelli (1911), e no último acentuou a súa desconfianza no progreso humano, como en The World of William Clissold (1926).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás welwitschiáceas
-
Planta da familia das welwitschiáceas.
-
Familia de plantas ximnospermas formada só pola especie Welwitschia mirabilis, propia das rexións litorais semidesérticas de África suroccidental. É moi lonxeva, robusta, de raíz axonomorfa grosa, cun tronco subterráneo curto e tuberoso, con dúas follas grandes en forma de cinta, duns 3 m de lonxitude, e de flores unisexuais.
-
-
CIDADES
Cidade de Polonia (123.349 h [200]). É un centro industrial á beira do Vístula.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico patólogo estadounidense. Fixo investigacións sobre a formación da hemoglobina e as enfermidades asociadas á súa carencia. Obtivo, xunto con Minot e Murphy, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía (1934), polos seus estudos sobre o tratamento das anemias perniciosas con extractos hepáticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo alemán. Organizou e dirixiu as expedicións arqueolóxicas en Turquía e estudou os monumentos de Petra e da península do Sinaí, e os palacios de Bizancio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Theodor Adorno.
-
PERSOEIRO
Explorador e fotógrafo australiano. En 1928 demostrou a inexistencia de terra entre Alaska e o Polo. Cartografou a Terra de Graham e serviuse dun submarino (1931) para tentar chegar ao Polo Norte baixo a banquisa ártica, expedición que fracasou. lang=EN-GB mso-ansi-language: EN-GB >Escribiu Flying the Arctic (1928), Undiscovered Australia (1928) e Under the North Pole (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico británico. Recibiu o Premio Nobel de Química (1973), compartido con E. O. Fischer, polas súas investigacións sobre os compostos organometálicos da chamada estrutura de sándwich.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Descubriu un novo tipo de composto, chamado iluro, en que un átomo de carbono se une a outro átomo distinto por medio de dous enlaces diferentes, un iónico e outro covalente. Recibiu o Premio Nobel de Química (1979), compartido con H. C. Brown (1912), polos seus traballos no desenvolvemento de novos reactivos orgánicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pianista e compositora. Coñecida como Maria Agatha Szymanowska, destacou como concertista e as súas composicións, especialmente os nocturnos, influíron en F. F. Chopin.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo. Escavou a cidade sumeria de Ur. Escribiu Ur Excavations (iniciada en 1927), The Sumerians (1928) e Alalak (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Figura capital nos chamados estudos deónticos, procura fuxir do reducionismo positivista da acción á natureza e do dualismo entre liberdade e necesidade. Das súas obras destacan Logical Studies (1957) e Freedom and Determination (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Bispo de Württemberg (1933), foi o portavoz da oposición luterana ao nazismo. Organizou a Igrexa Evanxélica en Alemaña (1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Apóstolo Santiago e ao seu culto.
-
-
Relativo ou pertencente ás xantofíceas.
-
Alga da clase das xantofíceas.
-
Clase de algas, da división das crisófitas, constituída por algas unicelulares ou pluricelulares, con cloroplastos polo xeral numerosos, discoides e de cor verde amarelada. A maioría son de auga doce. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
-
Relativo ou pertencente aos xebuseos.
-
Individuo do pobo xebuseo.
-
Pobo preisraelita que habitou en Canaan e que tiña a súa capital en Xebus, a futura Xerusalén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do hebreo Gid’on, a través do grego Gedeon e o latín Gedeon, probablemente un alcume derivado de ga’da ‘cortar’ co significado de ‘manco, toco’. Algúns autores fano proceder dunha raíz que significa ‘que rompe, que desfai’. Presenta a variante Guideón.