"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Delirio no que o enfermo pensa que aloxa no seu propio corpo un ou diversos seres humanos dos que cre escoitar a voz.
-
Adxudicación de sentimentos a seres non humanos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Animal pertencente ao hipotético xénero de mamíferos primates fósiles Anthropopithecus que viviu no Pleistoceno. Os transformistas considérano un antepasado do home, ao incluílo na liña filoxenética humana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma peculiar de determinismo racial creada simultaneamente en Francia por Georges Vacher de Lapouge (1896) e en Alemaña por Otto Ammon (1898), baseada en estatísticas interpretadas baixo o prexuízo da superioridade do louro dolicocéfalo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente teosófica desenvolvida polo filósofo austríaco Rudolf Steiner, que postula a existencia dun mundo espiritual que é accesible ás facultades cognoscitivas latentes en todos os seres humanos. Para promover o coñecemento da “ciencia espiritual”, Steiner creou no 1912 a Sociedade Antroposófica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á antroposofía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de antropotopónimos. Dentro da antropotoponimia galega cómpre distinguir dous grupos fundamentalmente: a antroponimia de orixe latina e a antroponimia de orixe xermánica. Moitos dos antropotopónimos galegos son de orixe latina, o cal non implica que se teñan que remontar á época romana, xa que fronte aos que teñen unha cronoloxía inequivocamente romana están aqueles que son de formación medieval ou posterior e que constitúen a gran maioría. Na época romana para denominar un edificio, un terreo ou unha construción rural poñíase primeiramente o nome xenérico ou palabra común que definía o tipo de propiedade ou edificación; fundamentalmente villa (construción rural romana, illada e unifamiliar, con función residencial e de produción agropecuaria) e fundus (terreo de explotación agropecuaria). Minoritariamente, podíanse empregar outros nomes pertencentes ao léxico agrario, como pagus (circunscrición territorial rural), praedium (fundus), ager...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Topónimo que ten a súa orixe nun antropónimo. Os topónimos que teñen como orixe un nome persoal proceden, na súa gran maioría, de nomes de posesores ou fundadores. A toponimia de posesores é moi abundante en Galicia en comparación con outras rexións peninsulares, de tal xeito que se pode afirmar que un 10% do total dos topónimos galegos son antropotopónimos. O costume de dar o nome do propietario á terra posuída é moi antigo e xa se documenta no Antigo Testamento: Noé dálle o seu nome a unha aldea de Caná. Non obstante , foi a civilización romana a que lle deu carta de natureza a esta fórmula, recoñecéndoa oficialmente e empregándoa a cotío, pois o nome do propietario é a mellor maneira de identificar cada propiedade rural. En función disto, hai que ter en conta que o uso do antropónimo indica, a maioría das veces, unha relación de posesión entre o lugar e a persoa á que se refire.
-
-
Estudio da orixe e desenvolvemento do home.
-
Concepto empregado en diferentes escolas antropolóxicas para designar a aparición da especie humana. Termo usual no discurso finalista de Teilhard de Chardin para designar a aparición da intelixencia no transcurso da evolución. Na actualidade este termo ten un contido máis filosófico ca biolóxico, optándose polo termo menos ideoloxizado de hominización.
-
-
-
Que é producido polos seres humanos.
-
Relativo ou pertencente á acción dos seres humanos.
-
-
-
Que enxendra seres humanos.
-
cuaternario.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da xeografía xeral que estudia a distribución das etnias e dos pobos sobre a terra e as súas actividades, lingua, cultura e organización.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propio do período caracterizado pola aparición do home na superficie da Terra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entre os francos, home libre que tras xurar fidelidade ao Rei ou á Raíña recibía a cambio honras e protección pasando a formar parte da comitiva real.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Madagascar (43.046 km2; 942.410 h [1993]). A capital é Antsiranana (100.000 h [1993]).
-
-
Aparello portátil construído por un mango que sostén unhas variñas cubertas por unha tea e que serve para protexerse do sol.
-
paraugas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome antigo da cidade de Anveres.
-
-
Relativo ou pertencente a Antuerpia.
-
Natural ou habitante de Antuerpia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antoíño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antoíño.
-
PERSOEIRO
Escritor e filósofo cristián libanés. No 1897 emigrou a Alexandría, onde fundou a revista Al-Gāmi’a (A Sociedade). Como filósofo polemizou con Muhammad ‘Abduh na obra Ibn Rušd wa-falsafatuhu (Averroes e a súa filosofía, 1903).
VER O DETALLE DO TERMO