"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cervo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta veas ou vetas de diferentes cores ou materiais.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carballedo baixo a advocación de santa Mariña.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiu despois da Primeira Guerra Mundial a rexión de Italia setentrional correspondente a Véneto, agás a provincia de Udine, integrada en Friuli-Venecia-Xulia. Constituía unha das tres Venecias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Soprar o vento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que veranea nun sitio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pasar as vacacións de verán nun sitio determinado, distinto de onde se vive.
-
-
Abundancia de palabras, xeralmente baldeiras de contido.
-
logorrea.
-
-
-
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘mazá’.
-
Termo da verba dos arxinas que corresponde á voz ‘laranxa’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que tira a verde.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Froita que aínda non está madura.
-
-
Ter ou mostrar cor verde.
-
Tirar a verde.
-
Empezar a brotar as plantas ou as flores.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Camiño angosto que se utiliza para o paso de peóns e gando.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de Santiago que dá nome ao concello de Verea, onde se localiza a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca da Terra de Celanova situado no S da Comunidade Autónoma de Galicia e no SO da provincia de Ourense (42° 6’ 20’’ N - 7° 58’ 11’’ O). Limita ao N cos municipios de Quintela de Leirado, Celanova e A Bola (comarca da Terra de Celanova), ao S cos de Bande e Lobeira (A Baixa Limia), ao L con Rairiz de Veiga (A Limia) e ao O co de Quintela de Leirado e Portugal. Abrangue unha extensión de 94,2 km 2 , cunha poboación de 1.272 h (2007), distribuída nas parroquias de Albos, Bangueses, Cexo, Domés, Gontán, Ourille, Pitelos, Portela, Sanguñedo, Santa María de Cexo e Verea. A súa capital está no lugar de Carballo, na parroquia de Verea, e dista 140 km de Santiago de Compostela e 33 km de Ourense. Está adscrito ao partido xudicial de Bande e á diocese de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O municipio ten unha altitude media de 1.200 m, mentres que as terras máis baixas se sitúan por riba dos 700 m. O S municipal é a divisoria de augas entre o Limia e... -
GALICIA
Xurista. Defensor dos ideais liberais, colaborou en diversas publicacións periódicas da época, e fundou e dirixiu Diario Cívico Patriótico (1812). Exerceu diversos cargos públicos durante a ocupación francesa, polo que foi perseguido polos reaccionarios e condenado a morte en 1814. Fuxiu a Portugal, de onde regresou en 1817 para loitar clandestinamente; desde 1820 foi secretario do concello da Coruña. Publicou Historia de Galicia. Primera parte, que comprende los orígenes y estado de los pueblos septentrionales y occidentales de la España antes de su conquista por los romanos (1838).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Emigrado en Cuba tras abandonar a carreira eclesiástica, traballou como profesor e dirixiu o xornal El Progreso. Instalado en Nova York (1865), fundou e dirixiu a revista El Progreso, ao tempo que inventaba unha máquina de calcular. Xa establecido en Bos Aires volveu editar El Progreso e publicou as novelas La cruz de piedra (1855), a colección de artigos Contra el altar y el trono (1890) e En defensa de España (1896).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Verea. Datada no s XVI, sufriu algunhas reformas posteriores. Presenta unha nave única de dous tramos, cun arco triunfal que dá acceso ao presbiterio. A fachada, de trazos clásicos e pouco decorada, ten unha fornela coa imaxe de Santiago sobre a portada principal, que remata con espadana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Casado cunha filla do editor Manuel María Vila, del herdou os obradoiros tipográficos cos que se estableceu primeiro en Vigo, onde foi o segundo editor na cidade (1835), e logo en Pontevedra (1836). Co tempo estableceuse en Tui (1852-1853). A súa viúva e fillos continuaron co negocio á súa morte, coa edición do Bosquejo histórico de Galicia (1854), de Xoaquín Araújo, e dun libro de López de la Vega, Santa Cristina de Valeije (1857).
VER O DETALLE DO TERMO