"eo" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Publicano de Xericó. Segundo o Evanxeo de San Lucas, debido á súa baixa estatura, subiuse a unha árbore para ver a entrada de Xesús quen o mandou baixar e parou na súa casa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de zaramonear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pai dos apóstolos Santiago e Xoán. Era pescador, e a súa muller, Salomé, asistiu a Xesús cos seus bens.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Instalado en Moscova (1921), traballou na axencia Russ-foto (1923-1947) para a que foi correspondente en Asia central. Os seus traballos publicáronse en Pravda, USSR in Constrution e Izvestia. Pioneiro do documental fotográfico moderno, cubriu as batallas de Odessa, Donbass e Moldavia, e acadou sona coas fotografías do cerco de Stalingrado (1942), que publicou en Stalingrad: July 1942-February 1943 (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Mineral do grupo das ceolitas.
-
grupo das ceolitas
Grupo de minerais con estruturas formadas por unha rede tridimensional de tetraedros de (Si,Al)O 4 . Presentan canles que atravesan todo o cristal e nas que se sitúan moléculas de auga e catións ou anións.
-
-
Denominación xenérica de diversos aluminosilicatos, tanto naturais como sintéticos, de estrutura tridimensional. A súa parte aniónica pódese representar coa fórmula [(Al,Si)O 2 ] n .
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade monetaria principal de Polonia, dividida en 100 groszy.
-
PERSOEIRO
Militar e político grego. Participou nos diversos pronunciamentos militares entre 1922 e 1926. Durante a Segunda Guerra Mundial fundou e dirixiu o EDES e despois ELAS. Reincorporado ao exército cos seus homes durante o goberno de Tsaldaris (1946), fundou o partido nacionalista e, xa reinstaurada a monarquía de Xurxo II, foi ministro de Interior (1947) e de Obras Públicas (1950-1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás zigofiláceas.
-
Planta da familia das zigofiláceas.
-
Familia de plantas, da orde das xeraniais, coas follas opostas e pinnadas, flores actinomorfas, tetrámeras ou pentámeras dispostas en cimas e froitos en cápsula, baga ou drupa.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás zinxiberáceas. SIN: cinxiberáceo.
-
Planta da familia das zinxiberáceas. SIN: cinxiberáceo.
-
Familia de plantas rizomatosas ou tuberosas, da orde das zinxiberais, con follas de limbo lanceolado, flores cigomorfas, comunmente hermafroditas, trímeras, de perianto dobre, monandras, provistas dun labelo formado por estaminodios e dispostas en inflorescencias, e de froitos en cápsula loculicida ou en baga. Os seus rizomas conteñen aceites esenciais. Consta dunhas 1.500 especies troncais, propias sobre todo do S e do SL de Asia. SIN: cinxiberáceo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudo das distribucións xeográficas dos animais en relación aos continentes que ocupan. Considéranse tres áreas principais de distribución da fauna que se diferencian pola deriva dos continentes. A área dos continentes setentrionais (Europa, Asia e a América do Norte), África e Indochina; a área de América Central e do Sur e a área formada polo continente de Australasia con todas as illas, que ten unha fauna moi diferenciada da das outras porque Australia se separou durante o Cretáceo. Unha vez separados os continentes pola acción do clima e doutros factores, algunhas especies animais desapareceron dos continentes e outras diverxeron evolutivamente, polo que se iniciaron en moitos casos procesos de especiación. Cada unha das áreas zooxeográficas cunha fauna indíxena característica, de acordo coa evolución xeolóxica do continente e a evolución biolóxica nas condicións climáticas e bioxeográficas dadas.
-
-
Relativo ou pertencente ás zosteráceas.
-
Planta da familia das zosteráceas.
-
Familia de plantas mariñas cun rizoma que as ancora e do que saen as raíces e as follas. A esta familia pertencen os xéneros Phyllospadix, Zostera e Heterozostera.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Burkina Faso (3.453 km2; 196.698 h [estim 1997]). A capital é Manga (8.012 h [1985]).