"ERS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 626.

  • DIARIOS

    Diario en castelán editado en Barcelona desde o 15 de abril de 1885 ata outubro de 1985. Fundado e dirixido por Francesc Peris i Mencheta, foi o primeiro diario vespertino que saíu en Barcelona. Xornal con traxectoria independente, conseguiu e conservou unha notable audiencia. Prestou atención ás novas de última hora, e o seu cadro de colaboradores literarios foi moi amplo. De pensamento liberal e aberto ao contraste de opinións, intentou reflectir a realidade catalá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e pastor luterano sueco. Profesor de teoloxía en Lund (1924-1949), foi bispo desta cidade entre 1949 e 1958. Ecumenista destacado, foi membro do comité central na Asemblea de Amsterdam en 1948 e foi o primeiro presidente da Federación Luterana Mundial (1947-1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación lóxica que consiste en substituír o predicado polo seu contraditorio e en cambiar correlativamente a calidade da proposición. Por exemplo, Todos os químicos son científicos, é igual que ningún químico é non científico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de intensidade de campo magnético no sistema CGS electromagnético, que equivale a 103/4π A/m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hans Christian Ørsted

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e físico alemán. En 1797 deu a coñecer un método, denominado co seu nome, para determinar órbitas de tipo parabólico. Redescubriu o primeiro asteroide, Ceres, baseándose nos cálculos da órbita feitos por Gauss. En 1802 descubriu o segundo asteroide, Palas, e en 1807 o cuarto, Vesta e en 1815 un cometa periódico que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paradoxo ao que se chega se se acepta que o Universo é infinito e está ocupado por infinitas galaxias. En 1826 Olbers demostrou que esta hipótese implica que todo o firmamento está sempre iluminado, feito que está en contradición coa experiencia cotiá da escuridade do ceo nocturno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico literario. Escribiu ensaios sobre literatura, e a súa poesía estivo influída, nun primeiro momento, polos simbolistas franceses, aínda que despois pasou a ter un maior realismo. Da súa obra destacan Facklor i stormen (Fachos na tempestade, 1913), Idylernas bok (Libro dos idilios, 1917), Livets värde (O valor da vida, 1940) e Vàrens löv och höstens (Follas da primavera e o outono, 1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do län de Jämtland, Suecia, situada na costa occidental do lago Storsjön (58.249 h [estim 2000]). Se ben é basicamente centro e mercado agrícola, é tamén centro turístico, e dispón de industria química, de construción de maquinaria, de mobles e de artigos de coiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e política. Foi a primeira presidenta xeral de Nuevas Generaciones do PP (1977-1978), senadora (1986-1989), deputada (1989-1999) e ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación (1996-1999). É vicepresidenta da Comisión Europea, comisaria de Transportes e Enerxía e de Relacións co Parlamento Europeo desde 1999 e presidenta do consello de Política Social do PP desde 2004. Recibiu a Medalla de la Orden del Mérito Constitucional (2003) e a Medalla de Ouro de Galicia (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Politicóloga, xurista e política. Foi vicepresidenta do consello dos Colexios de Avogados Europeos e presidenta do consello executivo da Academia de Dereito Europeo. Foi eurodeputada polo PP (1994-2002), membro da Convención Europea e ministra de Asuntos Exteriores (2002-2004). Recibiu a Gran Cruz de la Real y Distinguida Orden Española de Carlos III (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Doutor en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi catedrático na Universidad de Granada, na Escola de Artes Industriais da Coruña e da Escola de Belas Artes da Coruña. Retratou a burguesía coruñesa, cun estilo realista, minucioso e veraz. Destaca S. M. el rey Alfonso XIII e La caravana. Foi membro de número da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario e correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Acadou unha mención honorífica na Exposición Nacional de Bellas Artes en 1904.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de reunións celebradas en París, de maio de 1968 a xaneiro de 1973, entre unha delegación estadounidense e unha norvietnamita, para tratar a fin da Guerra de Vietnam. Culminaron nun tratado de paz, negociado por H. Kissinger (EE UU) e Le Duc Tho (Vietnam do Norte), que recolleu o cesamento do fogo, a retirada das forzas estadounidenses de Vietnam, a creación dunha comisión internacional de control e a supervisión e formación dun consello nacional vietnamita de reconciliación e concordia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de New Jersey, EE UU, situada preto do río Passaic, que forma parte da aglomeración de Nova York (139.358 h [estim 1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida como Janet Frame, acontecementos como a enfermidade do seu irmán e a morte de dúas irmás en accidente marcaron especialmente a súa obra, en que explorou os trastornos psicolóxicos de personaxes marxinados, alienados e illados. Da súa produción destacan a colección de narracións The Lagoon (1951), as novelas Scented Gardens for the Blind (1964) e Intensive Care (1970), e a súa autobiografía en tres volumes To the Island (1982), An Angel at My Table (1984) e The Envoy from Mirror City (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta inglés. As primeiras obras manifestan o seu ideal prerrafaelista. Convertido ao catolicismo, a súa obra poética evolucionou cara a un erotismo de tema relixioso, e nela predominan as descricións de escenarios naturais e de contextos domésticos. Destaca a súa obra The Unknown Eros & Other Odes (1877).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro fundado por san Teodosio (1050?) preto de Kiev. Baixo o mosteiro están as covas que lle deron nome, nos corredores labirínticos onde repousan os corpos de numerosos santos. É un centro importante de peregrinación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico estadounidense de orixe norueguesa. Estudou no Massachusetts Institute of Technology, onde se graduou en 1927. Conxuntamente con D. J. Cram e J. -M Lehn, recibiu o Premio Nobel de Química de 1987 polo desenvolvemento do estudo dos mecanismos de recoñecemento molecular (síntese de moléculas capaces de seleccionar outras moléculas coas que forman complexos), base da denominada química supramolecular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista dinamarqués. Profesor en Copenhaguen (1903-1937), escribiu obras sobre o indoeuropeo e as súas relacións coas linguas semíticas e finoúgrias. Das súas obras destacan Vergleichende Grammatik der Keltischen Sprachen (Comparación gramática das linguas celtas, 1909-1913) e The Discovery of Language (1924).

    VER O DETALLE DO TERMO