"Hel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 558.

  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Fixo traballos de química orgánica relacionados coa fisioloxía vexetal. Descubriu o sulfuro de carbono, denominado licor de Lampadius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagoga e feminista alemana. Propugnou a igualación do home e da muller nos eidos xurídico e profesional do maxisterio. Fundou o Allgemeiner Deutscher Frauenverein (1902), organización para a liberación xurídico-social da muller alemana. Publicou, entre outras obras, Kampfzeit (Tempo de loita, 1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo alemán. Fundador da pedagoxía experimental e adscrito ao ámbito da escola activa, renovou os métodos didácticos, especialmente os que se refiren á ortografía, aritmética e ciencias naturais. Escribiu, entre outras obras, Experimentelle Didaktic (Didáctica experimental, 1920) e Volkserziehung (Educación Popular, 1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, marqués de Louvois, fillo de Michel Le Tellier. Continuou a obra paterna na administración militar. Nomeado ministro de Estado por Luís XIV (1672), impulsou a política expansionista e introduciu reformas centralizadoras que suprimiron as derradeiras características medievais, que permitiron a creación do exército real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Protexido por Mazzarino, foi nomeado ministro da Guerra en 1643. Durante as Revoltas da Fronda representou a corte nas negociacións cos príncipes sublevados. Comezou a obra de creación do exército real, que foi continuada polo seu fillo François Michel Le Tellier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Coñecido como Spike Lee, a partir de 1986 erixiuse en xefe da denuncia das confrontacións raciais emprendida por unha nova xeración de cineastas negros. Realizou os filmes She’s Gotta Have It (1986), Mo’Better Blues (1990), Jungle Fever (1991), Malcom X (1992), Come Rain or Come Shine (2001) e 25th Hour (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Formado na música clásica, traballou para o cineasta Jacques Demy. En EE UU colaborou posteriormente en The Thomas Crown Affair (1968), Summer of 42 (1971, galardoada cun Oscar da Academia) e Les routes du Sud (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Discípulo de K. Piloty en Múnic (1864-1869), foi o vangardista do realismo pictórico en Alemaña. Retirado a Alta Baviera en 1873 pintou, in situ e durante case catro anos, Die drei Frauen in der Kirche (Tres mulleres nunha igrexa, 1878-1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e matemático alemán. De cultura enciclopédica, realizou contribucións no ámbito da física, a historia, o dereito e a relixión. Bibliotecario e historiógrafo dos duques de Hannover, viaxou por Alemaña e Italia. Partiu do racionalismo de Descartes e admitiu o innatismo das ideas, que contrapuxo aos coñecementos empíricos, e o argumento a priori da existencia de Deus, que retocou lixeramente. Afastouse de Descartes na concepción da res extensa, ao atacar o materialismo mecanicista cunha análise que o levou á mónada como elemento último das cousas, indivisible e, polo tanto, inexistente e inmaterial. Tanto as substancias materiais, como anímicas son, pois, mónadas, concibidas como “forzas de representación e de apetencia”, esencialmente dinámicas e teolóxicas. O mundo é o conxunto xerarquizado destas mónadas, simples e independentes, pero creadas por Deus cunha sincronización perfecta: a correspondencia, no home, entre ánima e corpo non é máis que un caso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e etnólogo. Despois dunha primeira etapa surrealista, Simulacre (1925), rompeu con este movemento e a partir de 1930 emprendeu unha serie de viaxes para facer estudios etnolóxicos. Posteriormente escribiu L’ Afrique fantôme (1934), L’âge d’homme (1939), Aurora (1946), os catro volumes de La règle de jeu (1948-1976) e Le ruban au cou d’Olympia (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo francés. En 1914 trasladouse a Berlín onde traballou como cámara nos estudios cinematográficos da UFA (1915-1929). Especializado nos retratos, fixo unha serie deles publicados baixo o título Everady Heads (1931) e realizou unha serie de documentais fotográficos en Palestina (1931-1948), onde recompilou uns 175 retratos na serie Transformation Through Light.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Socialista desde a súa xuventude, exiliouse primeiro en Suíza e despois en Londres. Volveu a Alemaña en 1862 e traballou para implantar a Internacional, en loita contra os partidarios de Lassalle. Fundou en Eisenach, con A. Bebel, o Sozialdemokratische Partei Deutschlands (1869), encarcerárono en diversas ocasións e foi elexido deputado no Reichstag.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigos poemas elexíacos galeses, conservados fragmentariamente. De data discutida, probablemente remóntanse aos ss VI e VII, con engadidos tardíos. Pertencen á literatura máis antiga de calquera lingua moderna, a dos Cynfeirdd (‘bardos temperáns’) composta por Aneirin, Taliesin, Myrddin -o Merlín artúrico- e Llywarch Hen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicopedagogo. As súas liñas de traballo céntranse na inadaptación infantil, no fracaso escolar e na sexoloxía da mocidade. Das súas obras destacan La pédagogie institutionnelle (1965), La libération sexuelle (1975), Pour ou contre l’autorité (1973), Priorité à l’ éducation (1973), La psychanalyse (1995), Les pédagogies autogestionnaires (1995) e L’aventure humaine (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. Foi discípulo de H. Lausberg e L. Weisgerber. Foi profesor nas universidades de Friburg de Brisgovia, Berlín e Kiel.   Orixinariamente romanista, publicou numerosos traballos de dialectoloxía e lexicoloxía (Die Strukturelle Entwicklung des romanischen Vokalismus, O desenvolvemento estrutural do vocalismo románico, 1956; Geschichte des romanischen Wortschatzes, Historia do léxico románico, 1968). Posteriormente estendeu as súas investigacións cara ao ambito da lingüística xeral, especialmente ás relacións entre lingua e escritura (Die Alphabetschrift und das Problem der Lautsegmentierung, A escritura alfabética e o problema da segmentación dos sons, 1969; Auf dem Weg zu einer Theorie des Sprachwandels, Por unha teoría do cambio lingüístico, 1980, e Sprachgeographische Variation und Sprachverschriftung, As variantes xeográficas da linguaxe e a súa transcrición, 1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista francés. Foi chanceler de Francia (1560) e intentou unha política moderada e de reconciliación entre católicos e hugonotes. Impediu o establecemento da Inquisición en Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi membro da Frente de Libertação de Moçambique (FRELIMO) desde 1962, e dirixiu a organización desde 1970, despois do asasinato do seu líder. Fundou e presidiu a República Popular de Moçambique (1975-1986) trala independencia e mantivo relacións co goberno de Sudáfrica. En 1984 asinou os Acordos de Nkomati co goberno sudafricano, que supuxo a fin do apoio dos sudafricanos á guerrilla da Resistência Nacional de Moçambique (RENAMO).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de anemia hemolítica, de evolución crónica con perda persistente de ferro polos ouriños (hemosiderinuria). Durante o sono, a hemólise agudízase e prodúcese hemoglobinuria, que dá unha cor escura aos ouriños. A diagnose confírmase no laboratorio provocando a hemólise con soro acidificado (proba de Ham-Dacie). OBS: Tamén se denomina hemoglobinuria paroxismal nocturna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista e poeta. Coñecido como Tarcaniota, as súas obras reflicten unha profunda sensibilidade e un espírito inquedo e aventureiro. Escribiu catro libros de Epigrammata e catro libros de Hymni naturales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Líder da Katholische Union (1920-1928) e chanceller da república (1923-1924), reclamou a evacuación da conca do Ruhr por parte de Francia. Candidato común do centro e dos socialdemócratas á presidencia da república en 1925, foi derrotado por Paul von Hindenburg e foi de novo chanceler no período 1926-1928.

    VER O DETALLE DO TERMO