"ICE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 774.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que padece ou esta afectado de hemicefalia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polisacárido de cadea curta que forman parte, xunto coa celulosa, das paredes das células vexetais e que constitúen as substancias de reserva. Facilmente hidrolizables polos ácidos, dan azucres diferentes da glicosa, principalmente manosa e xilulosa, e teñen menos resistencia química e mecánica ca a celulosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
teliomicétido.
-
-
Relativo ou pertencente aos hifoquitridiomicetos.
-
Fungo da clase dos hifoquitridiomicetos.
-
Clase de mastigomicotos semellantes aos quitridiomicetos, pero coas zoosporas provistas dun flaxelo anterior e con bárbula.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos himenomicetos.
-
Fungo do grupo dos himenomicetos.
-
Grupo de basidomicetos da subclase das homobasidiomicétidas, que se caracterizan pola presenza dun himenio libre e externo e porque os basidios normalmente son claviformes, teñen catro basidiosporas sobre esterigmas apicais e fórmanse a partir dun micelio.
-
-
PERSOEIRO
Astrónomo grego. Entre 161 e 127 a C fixo en Rodas a maioría das súas observacións científicas, das que destacan o cálculo do ano solar en 365 días e 6 horas e a redacción do primeiro catálogo de estrelas. Atribúeselle a invención do astrolabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aumento da concentración normal de glicosa no sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diminución da concentración normal de glicosa do sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten a propiedade de facer diminuír o nivel da glicosa no sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club de hockey a patíns fundado no seo do colexio Liceo La Paz da Coruña na tempada 1972-1973. Na tempada 1978-1979 o Liceo Banco Simeón proclamouse subcampión da primeira división e acadou o ascenso á máxima categoría do hockey a patíns español. Na tempada 1981-1982 debutou nas competicións europeas; conquistou a Copa da CERS e ademais a Copa do Rei e o subcampionato de Liga. Na tempada seguinte converteuse no primeiro club non catalán que conquistou o título da liga española. En 1984 gañou a súa segunda Copa do Rei e en 1986 a segunda Liga, título que gañou de novo na tempada 1986-1987, nun ano no que se converteu no primeiro equipo galego de calquera disciplina deportiva que se proclamou campión da Copa de Europa. Ao ano seguinte (1987-1988), en calidade de campión de Europa, participou e gañou a Supercopa de Europa e a Copa Intercontinental; ademais, nesa campaña puido revalidar o seu título europeo e obter unha nova Copa do Rei. Na tempada 1988-1989 revalidou todos...
-
-
Relativo ou pertencente aos homobasidiomicetos.
-
Fungo da subclase dos homobasidiomicetos.
-
Subclase de basidiomicetos que se caracteriza porque os basidios non son septados.
-
-
PERSOEIRO
Poeta. Foi un dos introdutores do vangardismo en América Latina. En 1914, no manifesto Non serviam, formulou unha proposta que deu inicio ao creacionismo, co que pretendía elaborar unha arte que non imitara a realidade. En París, entrou en contacto cos poetas surrealistas Guillaume Apollinaire e Pierre Reverdy cos que fundou a revista Nord-Sur e publicou poesía en francés, como Horizon carré (1917), Tour Eiffel (1917) e Hallalli (1918). En Madrid contactou cos ultraístas e en 1918 publicou Ecuatorial e Poemas árticos. Altazor o El viaje en paracaídas (1931) representa a síntese da súa creación poética. Na literatura galega, foi un dos autores que máis influíu na obra poética de Manuel Antonio e Amado Carballo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mamífero ruminante de ata 1,5 m de lonxitude, cornos robustos e curvados cara a atrás nun mesmo plano. Viven en rabaños en zonas montañosas de Asia central, no Himalaia, en Arabia e África nororiental e nos Alpes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instituto de Ciencias da Educación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bloque de xeo que flota no océano despois de desprenderse dos inlandsis como consecuencia da acción erosiva mecánica e térmica das mareas e as ondas mariñas. A proporción do iceberg que permanece mergullada fronte á que sobrepasa a superficie do mar oscila entre 4/5 e 7/8 do seu volume total.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional, non gobernamental, independente e non lucrativa, que se fundou en 1970. Céntrase no papel da educación no desenvolvemento económico e social dos países. O seu programa de actuación inclúe prioritariamente actividades que se refiren á xestión dos sistemas de educación superior e ao desenvolvemento de estratexias educativas nos países en vías de desenvolvemento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Superficie de xeo chaira e ampla das rexións polares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Il de Turquía situado na Costa do Mediterráneo (15.448 km2; 1.515.302 h [1997]). A súa capital é Mersin.
-
GALICIA
Militante anarcosindicalista. Desde 1935 colaborou no relanzamento do Sindicato de Industria Pesquera vigués. Nos derradeiros meses da Segunda República Española asentouse en Ribeira, onde exerceu de secretario do Sindicato General de Trabajadores. Co estoupido da Guerra Civil foi detido en Pontevedra e fusilado en Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tella de barro curva, alongada e acanalada, da época romana. Cubría os bordos das tellas planas e imbricábase con elas para configurar o tellado. Empregouse tamén durante a Idade Media. En Galicia atopáronse pezas na Medoña e na Cidadela.