"López" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 371.
-
PERSOEIRO
Xornalista. Doutor en Xornalismo pola Universitat Autónoma de Barcelona, vogal do Consello Asesor de RTVE en Galicia e decano da Facultade de Ciencias da Información de Santiago de Compostela (desde 2004), traballou en RNE, El País, Diario 16 de Galicia, El Correo Gallego, a axencia EFE e Xornal Diario. Publicou Da teoría práctica. Perfil do periodista galego (1996), Producir noticias. Como se fabrica la realidad periodística (1999) e A situación laboral dos xornalistas galegos (2003). Recibiu o Premio Xunta de Galicia de Xornalismo sobre drogodependencias (1988) e o Premio Nacional de Periodismo Reina Sofía (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Doutor en Dereito Mercantil, Economía e Estatística, foi secretario do Consello Superior das cámaras de comercio. Foi candidato a Cortes polas Irmandades da Fala (1918). Publicou Poesías (1917), O municipio galego (1917) e Cámaras de comercio, industria y navegación (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Doutor en Historia Contemporánea, especializouse na historia política dos anos 1900-1936 e no galeguismo, ademais de temas relacionados cos medios de comunicación galegos e coa obra dos escritores ourensáns. Foi presidente fundador do Clube Cultural Alexandre Bóveda de Ourense. Das súas obras destacan, ademais da súa colaboración en diversos xornais galegos, A prensa en Ourense e a súa provincia. Catalogación e estudo (1987), Ramón Otero Pedrayo, vida, obra e pensamento (1988) con X. R. Quintana, A cidade da xeración Nós (1996); a edición crítica de O libro dos amigos (1997) de R. Otero Pedrayo, Eladio Rodríguez González. Vida e obra (2001) e Xaquín Lorenzo. Vida e obra (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médica. Foi a primeira muller en Galicia en obter a licenciatura de Medicina, en 1925, na Universidade de Santiago de Compostela, especializándose en Xinecoloxía, e obtivo o doutoramento en Madrid, onde entrou en contacto coa Institución Libre de Enseñanza. En 1931 apoiou os candidatos galeguistas e pediu o voto favorable no plebiscito para o Estatuto de Autonomía de 1936, o que sumado á súa relación coa esquerda, levou á súa detención e encarceramento durante a Guerra Civil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo. Catedrático de antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Traballou no campo da osteoloxía histórica, da paleantropoloxía, da xenética humana e da biodemografía. Escribiu La Antropología molecular y sus aportaciones al conocimiento sobre el origen del “Homo sapiens”(1999) e varios artigos de investigación relacionados co xénero Homo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e político. Foi un dos fundadores do Partido Socialista Obrero Español (1879). Colaborou en El Socialista e encargouse da redacción do “Informe a la Comisión de Reformas Sociales” (1884), que se considerou como unha das primeiras obras doutrinais marxistas escritas en España. En 1984 constituíuse a Fundación Jaime Vera, dedicada á formación política.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Bos Aires, Arxentina, en Río de La Plata, forma parte da aglomeración de Bos Aires (274.082 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bibliófilo. Especializado en libros, documentos e discos de Galicia, posúe unha biblioteca con máis de 7.000 volumes de primeiras edicións de libros galegos. Diplomouse en Maxisterio na Escola Normal de Ourense (1967). Funcionario da Axencia Comarcal do Servizo de Extensión Agraria do Barco de Valdeorras (1962-1966), foi director comercial do Banco de Santander da provincia de Pontevedra. Membro do Instituto de Estudos Valdeorreses, coordinou os Xogos Escolares Provinciais na comarca de Valdeorras. Foi pregoeiro da IV Festa do Botelo (2004) do Barco de Valdeorras.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e deseñador gráfico. Realizou ilustracións para a revista viguesa Tintimán (Premio Medios de Comunicación da RNE-Galicia) e para o Diario de Galicia. Diagramador editorial de Edicións Xerais de Galicia, ilustrou os libros Proyecto Pomba Dourada (1987) e Contos por palabras (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e ensaísta cinematográfico. Fundador do Grupo de Escritores Cinematográficos Independientes (GECI), exiliouse en 1939 e residiu en Bos Aires, onde fundou e dirixiu o Centro de Estudios Cinematográficos (1950). Regresou a Madrid en 1953. Publicou Espectador de sombras. Crítica de films (1935), Arte de masas. Ruta de los temas fílmicos (1935), El cine: Magia y aventura del séptimo arte (1940), Cine de medio siglo. Crónica y crítica (1946), El cine en la sociedad de masas (1966) e Los grandes hombres del cine (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filósofo, neto de X. Pascual López Cortón e sobriño de M. Bartolomé Cossío. Aos poucos meses de nacer trasladouse a Galicia, primeiro á Coruña, e logo, ata os 12 anos, á quinta familiar de San Vitorio, en Vixoi (Bergondo). En 1898 marchou a Madrid, onde entrou en contacto coa Institución Libre de Enseñanza (ILE), aínda que xa, desde neno, se relacioanba con F. Giner de los Ríos. En 1905 acadou o grao de bacharel como alumno libre no Instituto da Coruña. En 1911 licenciouse en Filosofía en Madrid, pero xa frecuentara con anterioridade os ámbitos intelectuais europeos, escoitando a H. Bergson e asistindo ás clases de Bouglé, E. Durkheim, Ranh, Rodier e Martinenche. As estancias en París iniciáranse por causa da enfermidade de osteomielite que padecía. Nas aulas da ILE estudou con Giner, Simarro e Caso. Do primeiro herdou a forma de vivir, a formación científica e as preocupacións pedagóxicas; do segundo, a independencia espiritual e a liberdade de conciencia. En 1911 obtivo unha bolsa da...
VER O DETALLE DO TERMO