"Orio" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

  • Lugar dos cárceres e conventos de clausura destinado para falar internos e visitantes, separados uns dos outros mediante reixas ou paneis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Militante do PSOE desde 1972 e deputado nas Cortes (1977-1986), interveu en todas as leis orgánicas destinadas a desenvolver a Constitución de 1978 e no propio relatorio constitucional. Presidiu o Congreso de los Diputados (1982-1986) e foi nomeado reitor da Universidad Carlos III de Madrid en 1989. En 2004 foi nomeado alto comisionado para a Atención ás Vítimas do Terrorismo coa finalidade de coordinar as accións en materia de apoio ás vítimas e vixiar que se cumpra a lexislación ao respecto. Escribiu Libertad, poder, socialismo (1982), Los valores superiores (1984), La elaboración de la Constitución Española de 1978 (1988), La Democracia en España. Experiencias y Reflexiones (1996) e Historia de los Derechos Fundamentales (2001). É académico de número da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dolmen situado en Cerqueda (Malpica de Bergantiños). Está constituído por unha cámara poligonal de case 2 m de diámetro, da que se conservan seis lousas chantadas e inclinadas cara ao interior, unha tampa moi grosa fracturada e caída sobre a cámara, e un corredor difícil de identificar e orientado cara ao leste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘ventre’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non admite tipo ningún de adiamento.

    2. Que é definitivo e non se pode modificar.

    3. Que se debe facer urxentemente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está feito sen coidado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte exterior dunha espora, formada a partir de materiais procedentes do tapete ou doutros elementos externos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á persecución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á perspiración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a unha petición.

      1. Aplícase á demanda feita nun xuízo para que se recoñeza un dereito real sobre un inmoble.

      2. xuízo petitorio

        Xuízo en que se pide a propiedade dunha cousa ou pertenza dun dereito, pero non a súa posesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘cagadoiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á pesca ou aos pescadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Oftalmólogo. Catedrático de Cirurxía Oftalmolóxica no Hospital Clínico e Provincial da Universitat de Barcelona, e membro do Consello Europeo de Oftalmoloxía, exerceu como xefe do servizo de Oftalmoloxía no Hospital Xeral de Galicia. Interesado polas alteracións retinianas, foi o introdutor do láser Excimer en España, que ofreceu importantes vantaxes á cirurxía da córnea. Colaborador de diversas publicacións especializadas, é autor de Contribución personal al conocimiento de la retinopatía de la hipertensión arterial (1971) e coautor dos libros El herpes simplex ocular (1990), Ojo seco (1993), Síndrome de sequedad ocular (1993) e do Dicionario terminológico de oftalmología (1994). Membro da Real Academia de Medicina de Galicia, recibiu, entre outros, o premio extraordinario da Fundación Barrié de la Maza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e político, marqués de Montesclaros e conde de Palma del Río. En 1669 foi ordenado cardeal polo Papa Clemente IX. Foi vicerrei de Sicilia (1677-1678) e ao volver ocupou a sé de Toledo e foi membro do Consello Real de Carlos II. Conseguiu que Xosé Fernando de Baviera fose nomeado sucesor da coroa e, cando este morreu, decantouse polos Borbón. Morto Carlos II (1700), ocupou a rexencia ata a chegada de Filipe V, que o nomeou lugartenente de Catalunya (1701). En 1703 pasou á corte, pero debido á súa ineficacia nos altos cargos financeiros foi confinado á súa arquidiocese (1705).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á posesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao período que segue a unha intervención cirúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Coñecido como Ángel Pavlovsky, tivo unha formación autodidacta, con influencias dos coreógrafos Dore Hoyeer e Martin Eisler. En Bos Aires foi galardoado co premio da crítica por Ángel Pavlovsky con pelos y señales. Posteriormente, instalouse en Barcelona, onde creou o personaxe la Pavlovsky. Coa obra Orgullosamente humilde obtivo o Premio Especial de la Crítica (1996) e o premio FAD Sebastià Gasch (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que serve de precaución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • depredatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO