"RNE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 566.
-
PERSOEIRO
Poeta e prosista sueco. O cumio do seu lirismo foi Nya Dikter (Os nosos poemas, 1915). En 1916 obtivo o Premio Nobel de Literatura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico alemán. Considerado un dos fundadores da mecánica cuántica, tivo unha grande incidencia no desenvolvemento da física atómica e nuclear. En 1927 formulou o denominado principio de incerteza. A súa obra básica sobre a teoría dos cuantos ampliouse en sucesivas edicións. Escribiu tamén valiosos ensaios sobre filosofía da ciencia. En 1932 foille outorgado o Premio Nobel de Física, pola mecánica cuántica de matrices.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor estadounidense. Integrado na “Xeración perdida”, baséase en experiencias persoais e usa a guerra como fondo dramático das súas obras, escritas nun estilo de conversa con frases curtas. Froito da Primeira Guerra Mundial, escribiu A Farewell to Arms (1929). Despois foi correspondente de prensa na Guerra Civil Española, da que, despois de reportaxes, xurdiu a novela For Whom the Bell Tolls (1940). Outras novelas súas son Death in the Afternoon (1932), The Fifth Column (1938), Across the River and into the Trees (1950) e a coñecida The Old Man and the Sea (1952), pola que lle foi concedido o premio Pulitzer. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1954.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, na conca do Ruhr (175.661 h [2000]). A expansión urbana produciuse como consecuencia do descubrimento, no s XIX, de xacementos de carbón. Ten fundicións, industria química e mecánica, e factorías téxtiles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Pertencente á corrente do “novo cine alemán”, a súa obra centrouse no estudo de seres marxinados pola súa lucidez case mística. Das súas películas destacan Aguirre, der Zorn Gottes (Aguirre, a cólera de Deus, 1972), Nosferatu, Phantom der Nacht (Nosferatu, o vampiro da noite, 1978), Fitzcarraldo (1981), Behinderte Zukunft (Futuro impedido, 1970), Stroszek (1977), Cobra Verde (1987), Scream of Stone (1991) e Wheel of Time (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor que deriva do tecido suprarrenal, na mesma glándula ou no ril. OBS: Tamén se denomina tumor de Grawitz.
-
PERSOEIRO
Político, vizconde de Templewood. Membro do Conservative Party, foi deputado en numerosas ocasións e ministro de Educación (1931) e de Asuntos Exteriores (1935). No goberno de N. Chamberlain foi ministro de Interior (1937-1940) e apoiou o Pacto de Múnic (1938). Churchill nomeouno embaixador en España (1940-1944) coa misión de manter neutral a Franco durante a Segunda Guerra Mundial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, dramaturgo e historiador neerlandés. É un dos forxadores da lingua literaria neerlandesa e máximo expoñente do ideal renacentista nos Países Baixos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mezzosoprano estadounidense. Debutou en 1954 e é especialista en Rossini, aínda que tamén destaca na interpretación das óperas de Gounod e Bizet.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psicanalista alemana. Secretaria do Instituto Psicanalítico de Berlín, en 1932 marchou a EE UU, onde, despois de abandonar a ortodoxia freudiana, fundou o Instituto Americano de Psicanálise (1941). Acentuou a importancia dos conflitos culturais na formación das neuroses e revisou os postulados da psicanálise sobre a psicoloxía feminina. Destaca a súa obra Neurosis and Human Growth (1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Película empregada para obter os contratipos dos filmes de cor ou das diapositivas.
-
-
Interconexión mundial de redes informáticas que permite a ordenadores de todo o mundo estar conectados entre si por varios medios de comunicación, e que cumpren as normas establecidas pola serie de protocolos TCP/IP.
Mensaxes
Dous ordenadores comunícanse por Internet enviándose mensaxes que poden conter moitos tipos de información, como por unha mensaxe de correo electrónico (e-mail), imaxes dixitais, arquivos electrónicos, sons dixitalizados, parte dunha conversa telefónica ou imaxes de video. Antes de envialos, o ordenador ten que incluír a mensaxe nun ou máis paquetes IP (Internet Protocol) e engadir, entre outras, dúas cousas fundamentais: o destinatario e o remitente. Todo paquete (ou datagrama) IP enviado por Internet ten que levar o enderezo IP do ordenador destinatario do paquete e o enderezo IP do remitente onde se orixinou este. Para isto é necesario que cada ordenador ou equipo conectado a Internet teña una dirección IP, composta por catro números entre 0 e 255.... -
Comunidade de xente de todo o mundo conectada á Internet.
-
Información ou servicios residentes nos servidores conectados a Internet e a disposición desta comunidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
invernía.
-
CAPITAIS
Capital da rexión de Highlands, Escocia, Reino Unido (45.000 h [estim 2000]), situada no fondo da Moray Firth, na ría que forma a desembocadura do río Ness, emisario do lago homónimo. É un importante porto pesqueiro e comercial, núcleo turístico, ademais de centro da industria eléctrica, mecánica e das destilerías de whisky.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duquesa de Parma e raíña consorte de España. Casou en 1714 con Filipe V. Interveu de forma activa na política do monarca sobre Italia, onde conseguiu para o seu fillo Carlos o título de rei de Nápoles, e para o seu fillo Filipe o Ducado de Parma. Foi rexente ata que chegou o seu fillo Carlos de Nápoles (1759).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto danés. Deuse a coñecer coa Casa do Futuro (1929). Foi o introdutor da arquitectura contemporánea en Dinamarca. Das súas obras destacan a casa do concello de Århus (1939-1942) e a escola Munkegård en Copenhaguen (1955-1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e inmunólogo. En 1955 expuxo a teoría da selección natural da formación de anticorpos, que permitiu establecer a teoría da selección clonal, e a da rede ou do cruzamento do sistema inmunitario. En 1984 compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina con G. J. Kohler e C. Milstein.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo neerlandés. Traballou no observatorio de Leiden e foi profesor en Groningen. A elección de 252 puntos da esfera celeste que propuxo permitiu estudar a estrutura da Vía Láctea e catalogar unhas 300.000 estrelas. Introduciu o emprego dos campos estelares para o reconto de estrelas; considérase o creador da estatística estelar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico. Na obra Das Pflanzenleben der Donauländer (A vida das plantas das terras do Danubio, 1863) describiu os tipos básicos de asociacións vexetais da Europa media, que serviron de base para as elaboracións teóricas de Karl Schorötter.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entrante situado na costa adriática, Croacia, entre a península de Istria e o arquipélago dálmata.