"Rodríguez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 437.
-
GALICIA
Médico e investigador. Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, en Mondariz realizou labores humanitarios como médico. Colaborou na prensa local e publicou o traballo histórico El Santuario de Nuestra Señora de la Franqueira (1941). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Alternou a publicación de obras literarias con outras de carácter histórico, dun especial interese para o coñecemento do republicanismo no s XIX. Destacan Los guerrilleiros de 1808 (1877), Historia del partido republicano español (1892-1893) e Memorias de un revolucionario (1931).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Alcalde de Santiago de Compostela (1834), foi líder do progresismo en Compostela (1840-1847) e fundou o xornal La situación de Galicia (1842-1843). Foi presidente da Xunta Superior Provisional de Goberno de Galicia durante o Levantamento de 1846 e formou comisións encargadas de abordar plans para a administración de Galicia. Despois da derrota dos sublevados exiliouse a Portugal e regresou en 1847 para dedicarse aos negocios familiares.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Discípulo de Filippo Juvarra e Giovanni Battista Sachetti, desde 1741 traballou nas obras do Palacio Real de Madrid. Autor da igrexa de San Marcos de Madrid (1749-1753), remodelou a basílica do Pilar de Zaragoza (1751-1755). Influído pola obra teórica de Blondel, converteuse nun paladín do neoclasicismo. Destacan os proxectos para San Francisco el Grande (1761), para o palacio de Liria (1779) e a fachada da catedral de Pamplona (1783). Desde 1764 foi arquitecto maior da vila de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e escritor. Relacionado desde a súa infancia co mundo rural, plasmou parte das súas vivencias nos seus traballos poéticos. Colaborador do Museo de Pontevedra, licenciouse en Medicina na Universidad de Madrid (1948-1954). Colaborou nas revistas Alborada, Vento do Leste e Galicia en Madrid. Da súa obra destacan os libros de poemas Relembranzas (1987) e Lonxe (1992), que se vertebran arredor dos temas do ruralismo e a emigración; as obras Raíces rurais (1996) e Chama acesa-noeliña (2000), novelas costumistas do medio rural galego; a novela de ciencia ficción La vida flor de las galaxias (1999), o libro de aforismos Celme e vida (2002) e o libro etnográfico Historia dunha aldea galega (2004). É membro do Real Círculo Artístico de Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Coñecido como Fernando Trueba, renovou a comedia española con Ópera prima (1980). Posteriormente dirixiu Mientras el cuerpo aguante (1981), El año de las luces (1986), Belle Époque (1992, Oscar á mellor película estranxeira), La niña de tus ojos (1998), Calle 54 (2000), El embrujo de Shangai (2003) e a película documental El milagro de Candeal (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Coñecido como Mariano Tudela, instalouse en Madrid (1956), onde foi asiduo colaborador de publicacións periódicas, guionista de radio, televisión e cine, e tradutor. Cultivou a novela con La linterna mágica (1948), Más que maduro (1956) e El aliento del diablo (1978); o conto con El hombre de las tres escopetas (1953); e a biografía con La Bella Otero (1957), Valle-Inclán, vida y milagros (1969) e La Galería Siniestra (1968-1972). Tamén elaborou as monografías de Azorín (1969), Camilo José Cela (1970) e Álvaro Cebreiro (1983), e outras obras como Vivir en La Coruña (1976) e Aquellas tertulias de Madrid (1984). Recibiu o Premio Nacional de Periodismo Julio Camba (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista, pai de Florencio Rodríguez Vaamonde e de Teófilo Rodríguez Vaamonde. Foi avogado real e rexedor perpetuo da cidade de Tui. Tivo unha importante actuación organizativa na Guerra da Independencia (1808). De ideas liberais moderadas, foi deputado pola provincia de Tui (1810-1813) e polo Reino de Galicia (1820-1821). Maxistrado na Real Audiencia do Reino de Galicia (1833), foi o seu decano e rexente interino.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista, fillo de Agustín Rodríguez Vaamonde. Pertenceu ao Partido Moderado. Foi fiscal do xulgado de Tui (1837-1838), deputado a Cortes pola provincia de Pontevedra en tres lexislaturas (1839-1844) e por Ribadavia (1844-1846) e senador pola provincia da Coruña (1876-1877). Foi designado ministro de Graza e Xustiza (1847) e de Gobernación (1863-1864), e pertenceu á Real Academia de Ciencias Morales y Políticas, da que foi presidente (1869-1886) e á representou como senador (1877-1886). Escribiu Ensayo sobre la prisión por deudas (1867) e Estudio sobre la propiedad enfitéutica: y las leyes de 20 de agosto y 16 de septiembre de 1873 relativas a la redención de foros y otras cargas territoriales (1883).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, marqués de Vaamonde, fillo de Agustín Rodríguez Vaamonde. De ideas moderadas, enfeudouse no distrito de Ribadavia que representou case ininterrompidamente entre 1857 e 1865. Foi senador vitalicio (1864-1865).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Foi maxistrado da Audiencia Territorial de Madrid e do Tribunal Supremo. Foi membro de número do Instituto Español de Derecho Procesal e colaborador e conselleiro da Revista de Derecho Procesal. Escribiu El denominado Derecho Foral Gallego y su compilación (1961). Recibiu a gran cruz de San Raimundo de Peñafort (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario da comunicación. Presidente do Grupo Abaira, traballou en Radio Juventud (1958) e RNE (1963) para fundar e dirixir Radio Centro (1968). Presentador na TVG, cofundou a empresa Centro de Comunicación (1981) e Estudios Abaira (1989), xermolo do Grupo Abaira (Estudios Abaira, Abaira Publicidad, Matinha Estudios de Som de Portugal, Abrente Soluciones Audiovisuales e Línea de Fuego). Vicepresidente do Grupo Bosques Naturales e do Centro Gallego de Madrid, recibiu a distinción Madrigallego de Oro, concedido pola Enxebre Orde da Vieira (2001), e a Medalla de Galicia (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mineiro e sindicalista. Coñecido como Curuxás ou Varela, está considerado o último maquis galego. Traballou nas Minas de San Fins (Lousame) e pertenceu ao seu Sindicato Minero. Antigo lexionario, a súa primeira acción de envergadura foi roubar a nómina da mina no aniversario da proclamación da Segunda República Española, o 14 de Abril de 1937. Desde 1941 vinculouse a un pequeno grupo unido ás sociedades agrarias e obreiras polas comarcas da Ulloa, do Barbanza e do concello da Agolada, e colaborou ás veces cos restos do Grupo Neira ou coa IV Agrupación do Exército Guerrilleiro. A partir de 1947, coa recomendación do abandono das armas por parte da CNT, viviu na clandestinidade refuxiado entre os campesiños de Vilamor, ata o seu falecemento por morte natural.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Vigo 28.12.1942) Empresario. Presidente e conselleiro delegado de Abada SA, Rodman Polyships SAU e da Fundación Rodman, foi membro do consello de administración de Pescanova SA, do Consorcio de la Zona Franca de Vigo e de Bonaval Multimedia SL. Membro da World Fishing Executive Committee, pertenceu á xunta directiva da Mutua Gallega e do Club Financiero de Vigo.
-
PERSOEIRO
Nadador. Coñecido como Chano Rodríguez, está considerado un dos deportistas parolímpicos máis destacados de España. Membro do Plan Ado, participou nos Xogos Parolímpicos de Sydney 2000, onde bateu as mellores marcas do mundo nos 50, 100 e 200 metros libres, en que obtivo a medalla de ouro, xunto ás dos 4x50 metros libres e 4x50 estilos. En Atenas 2004 bateu a mellor marca do mundo en 50, 100 e 200 metros libres, disciplinas en que conseguiu tres medallas de ouro. Establecido en Vigo, recibiu o premio ao mellor deportista de Pontevedra da Deptación de Pontevedra (2000) e o premio Vigués Distinguido (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Artista postimpresionista, destacaron as súas paisaxes, caracterizadas polos espazos amplos. Está representado no Museo Quiñones de León. Das suas obras destaca Islas Cíes (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante. Correspondente de Faro de Vigo (1980) e da axencia EFE (1996), colaborou en A Nosa Terra, Xornal Diario, Diario de Granada, A Peneira e O Caminhense, e nas emisoras Radio Vigo, Radio Popular, Radio Noroeste e Radio Jornal Caminhense. Publicou A Guarda: claves para coñecela sen présas (1992). Recibiu o I Premio de Xornalismo Vila da Guarda.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e dramaturgo. Foi ministro de Ultramar antes da Revolución de 1868, comisario de Facenda despois da Restauración e representou a Galicia como deputado polo distrito de Mondoñedo (1864-1865). Escribiu La flor de la maravilla (1851) e Fiarse del porvenir (1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor, fillo de Eladio Rodríguez González. Colaborador de El Noroeste e El Orzán, escribiu Cristal y sonrisa e La Peña y la peña (1954). Postumamente publicáronse Quenje en Conjo (1968), Epistolario de Rincón y Esquina (1969), Tren y andén: biografía y viografía (1970), Haz de ensayos en Ad (1972), Danzas (1973) e Agenor (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e político. Foi subdirector xeral e director xeral da Consellería de Economía e Facenda (1986-1990), director xeral de Planificación Económica e Relacións coa Unión Europea da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia (1991-1997), secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Acción Exterior da Xunta de Galicia (1997-1999) e director da Fundación Galicia-Europa. Conselleiro de Industria e Comercio (1999-2003), foi conselleiro de Innovación, Industria e Comercio (2003-2005).
VER O DETALLE DO TERMO