"SF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 419.

  • Antiga sigla de Finlandia na placa de estado. Posteriormente pasou a ser FIN.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do wilāya de Sfax, Tunisia, situada na costa de levante, sobre o golfo de Qābis (230.855 h [1994]). É o porto exportador máis importante do país e o segundo núcleo demográfico e económico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wilāya de Tunisia (7.545 km2; 857.100 h [estim 2004]). A súa capital é Sfax.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Section Française de l’Internationale Ouvrière.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe nobre italiana iniciada por Muzio Attendolo (1369-1424), que recibiu o sobrenome de lo Sforza. De tres dos seus fillos saíron as tres liñas da liñaxe. A liña dos condes de Santa Fiora, apelidados desde 1673 Sforza-Cesarini , foi iniciada por Bosio I Sforza (?-1476), conde de Cotignola (1466). Nesta liña sobresaíu o cardeal Guido Ascanio Sforza e o seu irmán Sforza Sforza (?-1571?), cabaleiro do Toisón de Ouro e almirante, que participou na Batalla de Lepanto. A liña ducal de Milán (ilexítima) estivo formada polo duque Francisco I de Milán, conde de Ariano (1417) e pai do cardeal Ascanio Maria Sforza , do duque Luís I de Milán, e do duque Galeás Maria I de Milán. O duque Luís I foi sucedido polos seus fillos Maximiliano I de Milán (?-1530) e Francisco III de Milán, cuxa morte sen descendencia fixo que o ducado fose unido ao Imperio, a pesar das protestas do seu irmán...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico italiano, fillo de Francisco I de Milán e de Blanca Maria Visconti. Bispo administrador de Pavia (1479-1505), foi nomeado cardeal diácono por Sisto IV (1484). Tamén foi bispo de Novara (1484-1485 e 1503-1505) e administrador dos bispados de Cremona (1486-1505) e Pesaro (1488-1491). A súa intervención no conclave de 1492 foi decisiva para a elección de Alexandre VI, que o nomeou vicechanceler da Igrexa e legado en Boloña. Á morte de Alexandre VI, apoiou a candidatura de Xulio II no conclave de 1503.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático, conde Sforza. Fixo a carreira diplomática e foi elixido senador (1919). Ministro de Asuntos Estranxeiros (1920-1921), negociou o Tratado de Rapallo. En 1922 foi nomeado embaixador en Francia, pero dimitiu e exiliouse cando Mussolini chegou ao poder. Regresou a Italia en 1943 e foi ministro sen carteira (1944-1945), presidente da Asemblea Consultiva (1945-1946) e novamente Ministro de Asuntos Estranxeiros (1947-1951).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico, fillo de Bosio (II), conde de Santa Fiora e de Cotignola, e de Constanza, filla de Alessandro Farnese (Paulo III). Foi bispo de Montefiascone-Corneto (1528-1548), de Parma (1535-1560), camarlengo da Igrexa (1537), legado en Boloña (1537-1538) e Hungría (1540) e administrador dos bispados de Narni (1537-1538) e Chiusi (1538). Foi un dos cardeais do partido imperial no conclave de 1550, en que saíu elixido Xulio III. Como hispanófilo, foi encarcerado por Paulo IV en 1555, pero en 1557 interveu na paz entre este e o duque de Alba, que se apoderara de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fosfato de calcio monobásico que se obtén industrialmente por acción do ácido sulfúrico sobre o fosfato de calcio tribásico, e que se emprega como fertilizante en agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital situada no megye de Fejér, Hungría (105.000 h [2000]). Ten a principal fábrica de aluminio de Hungría. Xurdida en época romana (Herculia) nunha encrucillada comercial e militar, e chamada Alba Civitas na Idade Media, foi capital do Reino de Hungría ata o s XIII. Estivo en poder dos turcos de 1543 a 1688.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento do número de pulsacións por minuto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Terceiro emir almorábide (1143-1145), fillo e sucesor de Alī ibn Yūsuf ibn Tāšfīn. Desde 1126 exerceu o cargo de gobernador de Al-Andalus, excepto nas Illes Balears. O seu reinado caracterizouse polas continuas retiradas a causa do avance almohade na Península.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que provén do nome grego Telesphoron ‘que acada o fin’ ou ‘que leva a cabo’. Como epíteto de Zeus tamén significou ‘eficaz’ e ‘decisivo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir e papa (125-136). Introduciu na misa diversas oracións e o himno Gloria in Excelsis Deo. A Igrexa Romana celebra a súa festividade o 5 de xaneiro e a grega o 22 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección dunha célula bacteriana competente por un ácido nucleico (ADN ou ARN) illado dun bacteriófago, coa consecuente produción de bacteriófagos completos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima que cataliza a transferencia de diversos radicais químicos dun composto a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de transferir.

    2. Acción de xerar, nun sistema cibernético, un sinal de saída a partir dun sinal de entrada. Chámase transferencia conservativa se a enerxía do sinal de entrada e a do de saída son iguais, transferencia activa se a enerxía do sinal de entrada é inferior á do de saída, e transferencia pasiva se é ao revés.

      1. Traspaso dunha persoa a outra dun dereito, unha obriga ou a posesión dunha cousa, especialmente relacionado coa propiedade.

      2. Documento onde se formaliza a transmisión dunha propiedade.

      3. Transmisión unilateral de diñeiro, bens ou servizos que un axente económico, normalmente un estado, realiza a outro cun obxectivo social ou económico, como é o caso dos subsidios, as pensións, as subvencións ou as bolsas de estudos.

      4. transferencia bancaria

        Operación a través da que se efectúa un traspaso de fondos dunha conta bancaria a outra.

      5. transferencia de crédito

        Operación que, no marco da legalidade, varía a dotación dos diferentes servizos sen incrementar o gasto total do orzamento dun estado.

      6. transferencia de fondos

        Envío de fondos que realizan os residentes dun país a outro, sen ser obxecto de contraprestación.

    3. Paso dun produto intermedio dunha instalación a outra na que ten que reaccionar.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • transferible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser transferido.

    VER O DETALLE DO TERMO