"atü" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 368.

  • ENTRADA LARGA

    Estado insular do Océano Pacífico, situado uns 400 km ao NL de Nova Caledonia e uns 1.000 km ao O de Fixi (12.190 km2; 202.000 h [estim 2000]). A capital é Port Vila (30.139 h [1999]).
    Xeografía
    O arquipélago está constituído por unhas 80 illas, todas montañosas e volcánicas e cun clima tropical oceánico. Os cultivos de subsistencia son o iñame, a mandioca, as hortalizas e outras verduras. Tamén se cultivan cocos, cacao e café. A gandaría céntrase na cría de vacas, porcos, cabras e galiñas. Hai explotación forestal. A pesca practícana comercialmente diversas sociedades estranxeiras. En conxunto, o sector primario ocupa o 61% da poboación activa. A minaría redúcese á extracción de manganeso na illa de Efate. As industrias son pequenas e baséanse no proceso dos produtos do sector primario como a conxelación de peixe ou as conservas de carne. Destaca tamén a artesanía: cestaría, cerámica, elaboración de copra ou construción de canoas, entre outras. O comercio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade monetaria principal de Vanuatu. Divídese en 100 céntimos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado ao SL da capital provincial (1.797 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei que instituíu a Commonwealth of Nations. Preparada pola conferencia imperial de 1927, foi aprobada polo Parliament británico o 11 de decembro de 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo ou condición de xefe.

    2. Organismo, local ou edificio onde o xefe desempeña o seu cargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exercicio de xulgar.

      1. Cargo ou ocupación propia do xuíz.

      2. Tempo que dura ese cargo.

    2. Corpo constituído polos xuíces dun país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s VII? a C) Fundador do mazdaísmo. Segundo as noticias dos Gāthā, de dubidosa verosimilitude histórica, era un sacerdote que predicou as revelacións recibidas de Ahura Mazdā e que obtivo a conversión do Rei Vištāspa. A tradición faino orixinario de Rhades (actual Ràyy, preto de Teherán), pero indicios xeográficos e lingüísticos (a lingua do Avesta) fan pensar nas rexións orientais. En canto á época, as opinións son tamén moi contraditorias, pero a tradición parsi fixa a súa época 258 anos antes de Alexandre o Grande, cara ao 630 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO