"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
DISTRITOS
Distrito de Sri Lanka (7.179 km2; 750.000 h [estim 1994]. A capital é Anurādhapura (36.248 h [1991]), cidade fundada no 437 a C e que acadou o seu apoxeo no inicio da era cristiá. Foi abandonada no s IX e as súas ruínas foron descubertas en 1833. É un conxunto de templos e mosteiros, e lugar de peregrinación para os budistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ausencia de ouriños por falta de formación renal (anuria verdadeira) ou por mor dun obstáculo interposto no curso da urina, entre o ril e a vexiga urinaria (anuria falsa).
-
-
Que non ten cola.
-
-
Que pertence á orde dos anuros.
-
Anfibio da orde dos anuros.
-
Orde de anfibios integrada por unhas 2.000 especies de animais relativamente ben adaptados á vida terrestre, saltadores e carentes de cola en estado adulto. Teñen unha columna vertebral curta, e as extremidades posteriores bastante longas en disposición parasaxital, adaptadas ao salto. A pel é lisa ou verrugosa, e algúns anuros teñen glándulas velenosas. Os ollos, redondos e saídos, teñen unha membrana transparente que fai de terceira pálpebra. A miúdo carecen de dentes e a maioría posúen unha lingua protáctil que empregan para cazar insectos. A maioría levan unha vida predominantemente terrestre e respiran por pulmóns ou cutaneamente; aínda que na fase larval, cabezolo ou cágado, todos son acuáticos e respiran fundamentalmente por branquias. De distribución mundial, viven á beira de lagoas, estanques, ríos, etc, agás nas zonas sumamente frías ou desérticas. En Galicia están presentes 5 familias das 21 que integran esta orde: discoglósidos, pelobátidos, hílidos, bufónidos e ránidos.
-
-
-
PERSOEIRO
Poeta persa na corte do Sultán selxúcida Sangar (1117-1157). É autor dunha famosa epístola en verso (Lágrimas do Khorasan). É considerado un dos mellores panexiristas da literatura persa.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Anveres, en Flandres (Bélxica), situada ao fondo do esteiro da Escalda (459.072 h [1995]). Forma unha auténtica conurbación con Bruxelas, con preto de 4 millóns de habitantes entre os 40 km que separan as dúas cidades. O núcleo antigo está no interior dun recinto murado do s XVI. A cidade esténdese á beira do río e posúe un dos portos máis importantes do mundo tanto polo seu tráfico como polas súas instalacións. Aínda que a súa importancia tamén se debe á súa proximidade ás rexións de industria pesada do noroeste de Europa. O gran movemento portuario favoreceu o nacemento dunha industria moi diversificada (refinerías, petroquímica, autómobil, agroalimentaria, talle de diamantes, etc). Unida ao Sacro Imperio Romano-Xermánico, converteuse no 1008 no centro dun marquesado dependente do ducado de Brabante e do Imperio. A cidade, sen embargo, non adquiriu relevo ata o s XIV, cando comezou a monopolizar o tráfico entre Inglaterra e o oeste de Alemaña. Anveres converteuse...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Flandres, Bélxica (2.861 km2; 1.628.710 h [estim 1995]). A capital é Anveres.
-
TERRITORIOS
Territorio dos Países Baixos, unha das dezasete antigas provincias. Cara ao 950 quedou baixo a autoridade do Sacro Imperio Romano-Xermánico, e no 1008 foi erixida como marquesado baixo a dependencia do Imperio e do duque de Brabante, a partir do cal seguiu as vicisitudes históricas da casa de Brabante.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Anveres, cidade de Bélxica.
-
Natural ou habitante de Anveres.
-
-
-
Cara principal, oposta á posterior, daqueles elementos en forma de lámina constituídos por dúas superficies.
-
Cara principal dunha moeda, medalla, etc por contraposición á cruz ou reverso.
-
Cara principal do selo onde están gravados a efixie, armas, divisas ou emblemas da persoa ou corporación á que pertence.
-
-
Cara ou fronte dunha folla ou un manuscrito.
-
Nun libro, páxina que está á dereita do lector e que leva a numeración impar.
-
-
Superficie superior da folla, que normalmente recibe os raios do sol. Adoita ser máis verde e lisa ca a cara inferior ou reverso.
-
-
PERSOEIRO
Xeográfo e cartógrafo francés. Primeiro xeógrafo real (1719), do seu traballo destaca o conxunto de mapas que elaborou para a Description géographique de la Chine (Descrición Xeográfica da China, 1735) do xesuíta J. B. du Halde. Publicou os seus mapas máis importantes nun Atlas Géneral (1737-1780).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Anxo/Anxa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convocado pola Fundación Caixa Galicia-Claudio Sanmartín e o xornal El Progreso, dende 1987 premia orixinais escritos en galego e castelán sobre a vida e a obra dunha personalidade da cultura galega cunha dotación dun millón de pesetas. Nas sucesivas edicións resultaron gañadores: Tareixa Castro por O trasmundo de Ánxel Fole (1987); Carlos Fernández por O pensamento epocal en Celestino Fernández de la Vega (1988); José Sánchez Reboredo por El silencio y la música: ensayo sobre la poesía de Pimentel (1989); Xoán González Gómez por Álvaro Cunqueiro, tradutor (1990); Carlos Casares por Ramón Piñeiro: unha vida por Galicia (1991); Aurora Marco por Foula e Ronsel: os anos xuvenís de Carvalho Calero (1992); Xosé Ramón Freixeiro Mato por Da montaña ao corazón: produción literaria e lingua en Noriega Varela (1993); Román Raña Lama por A Vixilia no Gólgota infinito: as liñas temáticas de Lanza de soledá (1994); Alfonso...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ángel González López.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anxo / Anxa.
-
PERSOEIRO
Nativa da cidade italiana de Foligno, foi pecadora ata que perdeu o seu home e os fillos, tralo que se arrepinte e ingresa na terceira orde de san Francisco. Loitou contra as tentacións da carne deixando un libro de visións e instrucións místicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Foi a fundadora da orde das Educadoras Ursulinas en Brescia dedicada á educación de nenas pobres. Quedou cega durante unha viaxe a Xerusalén, curando logo milagrosamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Anxos.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Boimorto baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-