"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • Xénero de plantas herbáceas anuais, da familia das umbelíferas, ao que pertence a agulla pastor (S. pecten-veneris).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como André Suarès, cultivou sobre todo o ensaio. Das súas obras destacan Présences (1925) e Pages (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Formado en Roma, trasladouse a Nápoles (1683), onde escribiu un gran número de óperas que deron forma e estrutura á ópera napolitana posterior con elementos como a aria da capo. Compuxo oratorios e cantatas, como Il giardino d’amore, música instrumental, a ópera cómica Il trionfo dellónore (1718) e o Stabat Mater.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico polaco naturalizado estadounidense en 1962. En 1939 trasladouse a Escocia, onde se doutorou en 1955. En 1977 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, compartido con R. Guillemin e R.Yalow, polos seus importantes traballos sobre a produción de hormonas hipotalámicas que controlan a actividade hormonal periférica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Executando unha composición musical ou un fragmento de maneira lixeira, viva e alegre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta flamengo. Coñecido como Paul Snoek, da súa obra destaca Gedichten voor Maria Magdalena (Poemas para María Madalena, 1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Foi o principal representante do pragmatismo en Inglaterra, que denominou humanismo para recalcar a dimensión de satisfacción de necesidades ou utilidades humanas que caracteriza e dá valor a toda manifestación cultural. Corrixiu o relativismo do criterio pragmatista de verdade mediante o principio selectivo de eficacia social. Escribiu Studies in Humanism (1907 e Logic for Use. An introdution to The Voluntarist Theory of Knowledge (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico e xeógrafo alsaciano. Especializouse en citoloxía e elaborou unha teoría sobre os plastos, ademais de introducir o termo cloroplasto. Considérase un precursor da moderna ecoloxía. Publicou Pflanzengeographie (1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, arquitecto e decorador. Establecido en Berlín, a súa arte foi influída polo estilo neerlandés de Arturo Quellinus (Estatua do elector Federico III, 1697) e polo estilo francés (Monumento ecuestre do Gran Elector, 1698-1703). Como arquitecto interveu na dirección do palacio do Arsenal, pero a inhabilidade na construción das torres da Moeda puxo fin á súa carreira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. O primeiro período da súa produción (1829-1839) está formado por numerosos lieder e por vinte e seis obras para piano, como Carnaval (1835) e Kreisleriana (1838). Na segunda etapa (1840-1851) intentou conseguir sen éxito a creación dunha ópera alemá romántica, aínda que conseguiu triunfar coa composición de catro ciclos de cancións, como Dichterliebe (O amor do poeta, 1840), e as súas catro sinfonías (1841-1851). O derradeiro período creador (1850-1854) comprende o Concerto para violonchelo e orquestra (1850), a Misa Latina (1852), o Réquiem latino (1852) e catro aberturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático alemán. Fixo investigacións en xeometría diferencial, teoría de funcións, funcións elípticas, cálculo de variacións ou variables complexas. Estableceu a desigualdade que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece a London Metropolitan Police, corpo policial inglés. Fundado en 1829, o seu ámbito de actuación está circunscrito a Londres e aos seus arrabaldes. O nome provén do lugar onde estaban situados os seus cuarteis xerais, Great Scotland Yard, en Whitehall Place.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Coñecido como Randolph Crane, converteuse en prototipo do heroe do Oeste. Destacan os filmes Jesse James (1939), Western Union (1941), Colt 45 (1950), Comanche Station (1960), Guns in the Afternoon (1961) e Ride the High Country (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aleksadr Nikolajevič Skr’abin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guitarrista, marqués de Salobreña. Débeselle, en boa parte, o renacemento da guitarra. Debutou en Madrid en 1913, e posteriormente en París e Londres en 1924, e en EE UU en 1928. Realizou as súas primeiras gravacións en 1927. Numerosos compositores escribiron pezas e concertos para el, como Manuel de Falla, Ponce ou Turina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Pígara, Guitiriz 30.9.1954) Escultor. Licenciado en Belas Artes pola Universidad de Sevilla, realizou traballos de restauración en diversas cidades españolas e na catedral de Santo Domingo. Traballou a madeira, a pedra, o metal ou o cánabo en obras dotadas dun expresionismo de carácter abstracto. Realizou, entre outras obras, Acción permanente, Andadura azul, Canto femenino (2004), Geometrías interiores (2004) e Dos caminos (2004). Ten obra en diversas coleccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río que nace no límite dos concellos de Cedeira e Cariño e desemboca pola beira dereita da ría de Ortigueira, na parroquia de Landoi (Cariño).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Licenciado en ciencias biolóxicas, foi secretario da comarca da Coruña e secretario confederal de Emprego e Industria e en 2001 foi elixido secretario confederal da Confederación Intersindical Galega (CIG), cargo   para o que foi reelixido en 2005.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Experto en finanzas públicas, foi partidario dunha metodoloxía dedutiva. Publicou Progressive Taxation in Theory and Practice (1894) e Essays in Economics (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Jorge de Sena, foi catedrático de Literatura Portuguesa e Española na University of California. A súa poesía recolleuse nos tres volumes de Poesia (1977-1978). Publicou libros de contos, como Andanças do Demónio (1960), Novas Andanças do Demónio (1966) ou Os Grão-Capitães (1976), e as novelas O Físico Prodigioso (1977) e a inacabada Sinais de Fogo (1979). Como crítico literario, destacan os ensaios A Estrutura de “Os Lusíadas” e Outros Estudos Camoneanos e de Poesia Peninsular do Século XVI (1970) e Os Sonetos de Camões e o Soneto Quinhentista Peninsular (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO