"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe que se dá cun anaco dun pao.
-
GALICIA
Concello da comarca e da provincia de Pontevedra, situado no SO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Cerdedo (comarca de Tabeirós-Terra de Montes) e Campo Lameiro; ao L, con Cerdedo, Forcarei (Tabeirós-Terra de Montes) e A Lama; ao S, coa Lama e Pont Ccaldelas (os dous da comarca de Pontevedra); e ao O, con Pontevedra e Campo Lameiro (Pontevedra). Abrangue unha superficie de 134,7 km 2 cunha poboación distribuída nas parroquias de Aguasantas, Almofrei, Borela, Carballedo, Caroi, Corredoira, Loureiro, Rebordelo, Sacos, San Xurxo de Sacos, Tenorio, Valongo e Viascón. A capital do concello é o lugar da Chan, na parroquia de Carballedo, situada a 42° 28’ de latitude N e 8° 28’ de lonxitude O, 19 kms ao NL de Pontevedra e 78 km ao S de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial e á arquidiocese de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
No ano 2016 fusionouse co concello... -
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe practicado cos cotobelos.
-
-
Nó que se forma na articulación dos ósos dos dedos cando se dobran.
-
Nó ou vulto que se forma ao flexionar a articulación do brazo co antebrazo.
-
-
PERSOEIRO
Franciscano. Carboeiro de profesión, viviu en San Pablo do Monte, onde coidaba dunha ermida e se dedicaba á caridade e á oración. Coñeceu a san Francisco de Asís e fundou con el o convento franciscano de Santiago de Compostela, onde se encargou da dirección das obras e da administración económica. Ingresou na orde anos despois da construción do convento. O seu sepulcro, formado por un arco aberto na parede e de estilo oxival coa figura do xacente, trasladouse en 1768 á portería do convento.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
cotobelo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da póla dunha árbore ou da vide, normalmente cunha soa xema, que queda despois de podala. Deixou a roseira con dous cotóns. OBS: Tamén se utiliza a expresión de cotón.
-
-
algodón.
-
Peluxe que soltan os tecidos a causa do seu uso.
-
-
-
Apelido de orixe toponímica. Trátase dun aumentativo de coto. Documéntase no século XIII como alcume e como segundo nome: “Rodericus Pelagii cognomento Cotom” (doc ano 1205 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol II, 1976, p 416), “Roderico Coton” (doc ano 1212 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol II, 1976, p 364).
-
Liñaxe que trae como armas, en campo de ouro, dous xabaríns de sable andantes e enfrontados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción nobre situada no centro urbano de Negreira. A súa orixe medieval apenas deixou pegadas; no s XVII houbo unha gran modificación na que se respectaron os cubos ameados das antigas murallas que enmarcan as diversas partes do edificio. Nos ss XVIII e XIX houbo unha nova transformación. O edificio ten unha marcada horizontalidade só interrumpida polas ameas que o coroan, polas torres cilíndricas ameadas dos ángulos e pola capela anexa. No corpo central do pazo destaca unha escaleira barroca que enlaza co piso superior, onde se sitúa unha solaina. As dependencias residenciais comunícanse coa capela de san Mauro (s XVIII) mediante unha arcada (1738?), baixo a que discorre o trazado do antigo Camiño Real. Na fachada principal están labrados os escudos dos Mariño, Lobera e Saavedra, propietarios do pazo ata 1866, data na que pasou a mans da familia Pardo Fabeiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bebida alcohólica, orixinaria de América, que se obtén trala fermentación de figos chumbos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de arbustos, da familia das rosáceas, de ata 5 m de altura. De pólas finas e arqueadas, presenta follas enteiras e elípticas, e flores hermafroditas de cor branca que dan lugar a froitos ovoides de cor vermella. A especie C. granatensis constitúe un endemismo de barrancos avesíos do S da Península Ibérica. En Galicia está presente a especie C. lacteus como arbusto ornamental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido de algodón semellante á lona, pero máis delgado, feito con urdido de fío retorcido polos dous lados sen preparar nin tratar. Emprégase na confección de velas de barcos e toldos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Establecemento ou fábrica onde se traballa o algodón.
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Atlantique, Benin, situada preto da baía de Benin, no Golfo de Guinea (536.827 h [1992]). Constitúe a aglomeración máis grande do Estado e o centro económico máis importante, con industrias téxtiles, químicas e alimentarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
olcán dos Andes, Ecuador, ao SL da capital, na provincia homónima. É o volcán activo máis alto do mundo (5.897 m). O seu cumio ten forma de cono perfecto, cunha anchura de O a L de 500 m e de N a S duns 700 m. Wilhelm Reid escalouno por primeira vez en 1872.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Ecuador, na rexión de Sierra, agás o extremo occidental que pertence á de Costa (5.198 km2; 299.443 h [estim 1997]). A súa capital é Latacunga (39.882 h [1990]). Na súa orografía destacan o volcán Cotopaxi (5.897 m), aínda activo, e o Ilinza (5.263 m). O clima é temperado, cunha estación de chuvias que vai de decembro a abril. A agricultura e a gandería (vacúa e ovina) son os principais recursos da provincia. Os cultivos máis importantes son o millo, os cereais, as patacas, os legumes, o café e a cana de azucre. A capital é un importante centro comercial e industrial. A estrada Panamericana e o ferrocarril cruzan a provincia de N a S. As principais cidades son Latacunga, Saquisilí e Pujilí.
-
PERSOEIRO
Prateiro. Activo en Santiago de Compostela a finais do s XVI, en 1585 realizou unha cruz de prata para a igrexa de Santa María de Aguións (A Estrada) e outra, en 1592, para Santa María de Frades (A Estrada), coas imaxes de Cristo, os catro evanxelistas e a Virxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Prateiro. En 1578 realizou unha cruz de prata coa imaxe de santa Caterina na parte posterior para a igrexa de San Xoán de Róo (Outes).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae como armas, en campo de goles, unha barra de púrpura, resaltada dunha escopeta de prata.