"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • PERSOEIRO

    Político húngaro, conde de Andrássy. Membro da dieta maxiar (1861) e vicepresidente da cámara de deputados (1865), interveu no compromiso constitucional austro-húngaro (1867) e foi Primeiro Ministro (1871-1879) do imperio austro-húngaro. Durante a guerra franco-prusiana (1870-71) representou o Imperio nas reunións da Liga dos Tres Emperadores (1872) e estendeu a alianza a Italia (1875). Foi un dos promotores do Congreso de Berlín (1878), onde obtivo para Austria o dereito para ocupar Bosnia e Hercegovina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político maxiar, conde de Andrássy, fillo de Gyula Andrássy. Ao rematar a Primeira Guerra Mundial negociou a paz por separado con Italia (1918). Foi deputado da Asemblea Nacional (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello de Mallorca que ocupa os últimos contrafortes da serra da Tramuntana (82 km2; 8.098 h [1996]). O turismo é un sector moi importante neste municipio: existen diversas zonas turísticas, amais das ruínas do antigo mosteiro da Trapa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome do primeiro Bispo da Diócese de Iria Flavia, unha das localidades máis importantes do Reino Suevo de Galicia, trala reorganización eclesiástica promovida por san Martiño de Dumio e polos Concilios Bracarenses do s VI, que delimitaran con precisión os lindes das dióceses. O Bispo André foi un dos protagonistas desta reorganización e figura como confirmante das actas do segundo dos Concilios Bracarenses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso teatino. Profesou nesa orde no ano 1558, logo de trocar o seu nome de Lancellotto Avellino e abandonar a avogacía. Foi amigo de San Carlos, Arcebispo de Milán, quen lle encargou a fundación dun convento de teatinos. Foi canonizado pola Igrexa Católica en 1712. A súa festividade celébrase o 10 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Viviu en Palestina baixo a dominación árabe e foi Arcebispo de Creta. É autor de varias poesías litúrxicas, entre as que o “Gran canon” permanece en uso aínda na actualidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría (1046-1060) da dinastía de Árpád. Usurpoulle o trono a Pedro de Hungría e, entre 1049-1052, defendeu o Reino contra o Emperador Enrique III ao tempo que restablecía a ortodoxia cristiá. Ao declarar sucesor ao seu fillo Salomón, púxose a mal co seu irmán Béla, quen lle provocou a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe ruso, fillo de Xurxo Dolgorukij. Resultou elixido príncipe de Vladimir polos boiardos de Suzdal’ e de Rostov en 1157, contra os que loitou co fin de superar a desmembración feudal dos principados rusos. Foi asasinado polos boiardos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría (1205-1235). Fillo de Béla III (morto en 1196), disputoulle a Coroa a seu irmán máis vello Eimerico (morto en 1204) e prevaleceu sobre o seu fillo Ladislau III (morto en 1205). Adheriuse á quinta cruzada, pero non tardou en se retirar por mor das súas diverxencias co Rei de Xerusalén e, en consecuencia, do fracaso do ataque ao monte Tabor (1217-1218). Favoreceu á nobreza en detrimento do poder real (doazóns territoriais, Bula do ouro do 1222).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría (1290-1301), derradeiro da dinastía de Árpád. Fillo do príncipe Estevo e de Tomasina Morosini, de familia veneciana, e sobriño de André II; sucedeu a Ladislau IV. Opúxose á nobreza e defendeu o Reino contra os Habsburgo e os Anjou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor norteamericano. Inicialmente estivo influído por Brancusi e F. Stella. A partir de 1958-1960 traballou con elementos modulares e xeométricos que, a miúdo, dispuxo na terra en virtude do interese pola relación entre escultura e espacio. É un dos máximos representantes da arte minimalista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo francés. Aplicouse na determinación da distancia Terra-Sol (paralaxe solar). Encabezou a expedición a Nova Caledonia para observar o tránsito de Venus polo disco solar, en decembro de 1874.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eloi⇒ Luis André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e diplomático occitano. Residiu no estado español como cónsul francés e distinguiuse pola súa actividade de hispanista. Escribiu La Catalogne et les germanophiles (‘Cataluña e os xermanófilos’), traduciu a Góngora e escribiu varios ensaios. A súa obra de creación, en occitano, abrangue poemas e a novela Montserrat (1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Un dos doce Apóstolos, fillo de Xonás e irmán de Simón Pedro. Era un pescador orixinario de Betsaida e foi recrutado por Xesús converténdose nun dos seus primeiros apóstolos. Conforme antigas tradicións morreu crucificado en Patres (Grecia); sen embargo, segundo a lenda, morreu nunha cruz en forma de aspa (cruz de Santo André) e así o representaron a partir dos ss X e XI, especialmente fóra de Italia. A súa festividade celébrase o 30 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xograr italiano que adaptou cancións de xesta francesas á lingua vulgar italiana e as popularizou. Salientan, sobre todo, I Reali de Francia, recompilación de narracións en prosa do ciclo carolinxio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome co que é coñecido o pintor italiano Andrea di Bartolo di Simone. Nos seus comezos traballou en Venecia, cidade na que realizou os frescos da igrexa de San Zacarías. No ano 1444 estableceuse en Florencia. Entre a súa produción de tema relixioso sobresaen os frescos do antigo convento da Santa Apolonia (?1449-1450) e, entre os de tema profano, o monumento ecuestre de Nicola di Tolentino (1456, Santa María dei Fiore) e a serie de Homes e mulleres ilustres (tamén en Santa Apolonia), baixo a influencia do escultor Donatello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome co que é coñecido o pintor italiano Andrea d’Agnolo. Foi discípulo de Piero di Cosimo. Entre as súas primeiras obras sobresaen os frescos da vida de san Filipe Benizzi (1509-1510), na igrexa da Annunziata de Florencia. En 1518 foi a Francia por requirimento de Francisco I. É autor da Última cea en San Salvi (1519), considerada a máis bela despois da de Leonardo; así como de La Madona delle Arpie e da Dama llegint Petrarca, ambas as dúas na Galleria degli Uffizi (Florencia). Pertence á xeración posclásica do Renacemento italiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Activo entre 1343-1377. Acadou sona, sobre todo, cos seus frescos do Capellone degli Spagnoli (1366-1367) en Santa María Novella de Florencia. Seguiu o estilo de Giotto, pero cunha certa liberdade.

    VER O DETALLE DO TERMO