"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • de apiltrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘deitar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xuntar estreitamente unhas cousas ou persoas con outras.

    2. Xuntarse unhas persoas ou cousas a outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise das aves ou outros animais que presentan pintas ou manchas de distintas cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Herba bienal, comestible, moi cheirenta, de follas pinnatisecta e brillantes, talo fistuloso, flores abrancazadas e raíz engrosada. Cultívase para aproveitar os cadolos, reservados da luz por ser preferidos para o consumo brancos. Ten efectos diuréticos, achega calcio, fosfato e fibra; é unha fonte pobre de calorías.

    2. Herba bienal de ata 150 cm de altura, de follas tripinnadas (coas inferiores pecioladas e as superiores sentadas), de flores amarelas en umbelas de 6 a 15 radios, e de froito ovoide, con tres costelas agudas a cada lado, negro ao madurecer. Propia de prados das zonas baixas do país, cultívase para recoller as raíces.

    3. As raíces e talos do apio consómense cocidos, en ensalada, etc. Posúe un aceite esencial que lle dá un aroma e sabor característico. Entre os diversos tipos temos o apio nabo, unha hortaliza de inverno que debe estar firme e que se debe pelar antes de cociñar, sobre todo en rebandas; pode comerse crúa, fervida, aliñada cunha salsa, en purés ou en sopas e guisos. Tamén temos o apio ravo, variedade que se pode cociñar coma as patacas ou que pode acompañar nos postres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral da parroquia de Saiáns, na ría e concello de Vigo, ao S de cabo Estai e ao N da praia de Barreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apio Claudio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Principal constituínte do aceite de perexil.

    2. Líquido oleoso que se obtén extraéndose con alcohol das sementes de perexil. O seu principal constituínte é o apiol. Foi empregado como emmenagogo e antipirético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aldosa xaroposa soluble en auga, procedente da hidrólise da apiína.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de pirámide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á apirexia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ausencia de febre.

    2. Intervalo no que hai ausencia de febre no curso dunha enfermidade febril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Touro sagrado do antigo Exipto, considerado como a encarnación do deus Ptah. Asociado a Osiris durante o Imperio Novo, o seu culto foi en aumento durante o terceiro período intermedio e, sobre todo, a partir da baixa época, momento no que a súa fusión con Osiris é total, xurdindo así unha nova divindade, Serapis (Osiris-Apis). Encarnado nun touro real ao coidado de sacerdotes foi enterrado en espléndidas catacumbas, a máis famosa delas é o Serapeo de Sakkara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos da familia dos ápidos ao que pertence a abella doméstica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina empregada para apisoar o chan, composta xeralmente duns cilindros metálicos moi pesados, sobre os que se despraza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premer ou pisar, especialmente a terra, cos pés, co pisón ou outra máquina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das umbelíferas ao que pertencen o apio e o brizo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aglucona da apiína que se presenta en forma de cristais amarelos insolubles en auga e solubles en álcalis, que se funden a 345-350°C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A Linguaxe de Programación A foi desenvolvida por K. Iverson en 1962 para a International Business Machines (IBM), co obxecto de facilitar o desenvolvemento de aplicacións científicas e de carácter matemático, especialmente no ámbito da intelixencia artificial. Foi implantada a partir do ano 1966.

    VER O DETALLE DO TERMO