"Far" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 541.

  • Manta que se fai con anacos de teas de diferentes cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen está vestido con farrapos e pouco aseado.

    2. Persoa que compra e vende farrapos ou trapos vellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar en que se almacenan cousas usadas, trapos ou roupa vella.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de tea roto, sucio e moi gastado.

    2. Peza de roupa vella, sucia e moi esfiañada.

    3. Cada un dos anacos pequenos en que cae a neve.

    4. Flocos que colgan e adornan o roncón e o fol da gaita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe imaxinario, con figura de vello, que serve para asustar os nenos pola noite, dicíndolles que os vai levar nun saco se se portan mal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político arxentino. Participou no golpe de estado que derrubou o presidente Castillo e foi nomeado ministro da Guerra en xuño de 1934 e vicepresidente do goberno en outubro. Ocupou a Presidencia da República entre 1944 e 1946.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Deuse a coñecer coa triloxía Studs Lonigan (1935) e posteriormente escribiu Reflections at Fifty (1954) e Literary Essays (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, mosaicista e deseñador de vidreiras. Formouse na Escuela de Bellas Artes de San Fernando, onde foi profesor. Relacionouse cos membros de El Paso e dedicouse á arte non figurativa; empregou a miúdo a colaxe e incorporou o relevo nas súas composicións. Entre as súas obras destacan a decoración mural dos aeroportos de El Prat (Barcelona, 1967) e Madrid-Barajas (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • lorcha negra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: farraqueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guerra civil, coñecida tamén como Guerra dos Farrapos, acontecida no S do Brasil en 1835, de carácter federalista e republicano. A revolución estalou nas provincias do Rio Grande do Sul e de Santa Catarina, e culminou coa proclamación da República Riograndense ou do Piratini (1836) e da República Catarinense ou Juliana (1839). Trala vitoria das tropas do goberno central asinouse a Paz de Ponche Verde o 28 de febreiro de 1845.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Filla do director australiano John Farrow e da actriz estadounidense Maureen O’Sullivan, comezou facendo pequenos papeis en diversas películas do seu pai. Con dezanove anos debutou de forma profesional no teatro e no cine, pero ata 1968 non conseguiu o seu primeiro éxito no filme Rosemary’s Baby (A semente do diaño), de Roman Polansky. Posteriormente, iniciou unha relación sentimental co actor e director Woody Allen que durou dez anos, durante os que protagonizou numerosas películas dirixidas por el, entre as que destacan A Midsummer Night’s Sex Comedy (Comedia sexual dunha noite de verán, 1982), Broadway Danny Rose (1984), The Purple Rose of Cairo (A rosa púrpura do Cairo, 1985), Hannah and Her Sisters (Hannah e as súas irmás, 1986), New York Stories (Historias de Nova York, 1989) ou Husbands and Wives (Maridos e mulleres, 1992). Tamén realizou outras interpretacións en películas como Widow’s Peak...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta persa. Foi autor de diversos ġazal e panexíricos. Formou parte da pléiade de músicos e poetas de Ma Palatino; ḥ mūd Gaznī. O seu diván contén máis de 9.500 versos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé Luís Bernal López.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que amosa arrogancia, atrevemento e insolencia na forma de comportarse ou nos seus ditos.

    2. Que mostra unha actitude persistente ante unha idea ou forma de actuar. OBS: Maioritariamente emprégase na expresión Poñerse ou pórse farruco.

    3. Aplícase á persoa que para a idade que ten atópase forte, con saúde e bo aspecto.

    4. Que actúa ou mostra moita fachenda e satisfacción de si mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Uttar Pradesh, India, situada á beira do río Ganxes (193.624 h [1991]). A principal actividade económica é a agricultura, sobre todo o cultivo de cana de azucre, patacas, tabaco e cereais. Fundada en 1714 polo dirixente afgán Nawab Muhammad Khan, foi capturada polos Marathas en 1751 e cedida aos británicos en 1802.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘almorzar’.

    VER O DETALLE DO TERMO