"Hel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 558.

  • RIOS

    Río da provincia de Badajoz, Extremadura, que nace en Sierra Morena para desembocar no río Guadiana, a 10 km de Mérida, tras un percorrido de 126 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Helfta, Saxonia 1241 - 19.11.1298) Mística. Pertenceu ao mosteiro cisterciense de Helfta e recolleu as súas experiencias místicas e a súa devoción ao Sagrado Corazón de Xesús na obra Liber specialis gratriae. Non foi canonizada, pero é venerada como santa. A súa festividade celébrase o 19 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Indoeuropeísta e romanista. Pioneiro da lingüística románica, foi profesor de romanística na Universidade de Jena, Viena e, desde 1915, na de Bonn. Fundou a revista Wörter und Sachen. É autor de obras de síntese da lingüística románica entre as que destacan Grammatik der romanischen Sprachen (1890-1902) e Romanisches etymologisches Wörterbuch (1911-1920).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filóloga. De formación autodidacta, estudou linguas clásicas, románicas, eslavas e semíticas, aínda que se interesou especialmente polas románicas, primeiro polo francés e provenzal antigos e despois polo castelán, catalán e portugués, e mantivo correspondencia con romanistas como Diez, Ascoli ou Gaston Paris. Con 16 anos publicou o seu primeiro estudo, unha recensión crítica a un traballo de Mussafia sobre a métrica antiga portuguesa e, en 1871, unha nova edición do Romancero del Cid, coa incorporación de novos romances. En 1872 foi nomeada intérprete oficial do Ministerio de Interior alemán para os asuntos da Península Ibérica e, nese mesmo ano, con motivo da súa tradución do Fausto ao portugués, entrou en contacto co crítico de arte Joaquim de Vasconcelos. Desde entón a lingua e literatura portuguesa convertéronse no centro das súas investigacións, sen deixar de lado as outras linguas románicas. En 1911 concedéronlle a cátedra de Literatura Alemá na facultade de Letras de Lisboa, pero...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Coñecido como Clodion, foi discípulo de Lambert Sigisbert Adam. Fíxose famoso polas súas estatuas e baixos relevos de temática mitolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Estudou na Universidade de Würzburg, onde se doutorou en 1977. Traballou no Max-Planck-Institut für Biochemie (Martinsried). Recibiu o Premio Nobel de Química (1988), xunto con R. Huber e J. Deisenhofer, polos seus traballos sobre o coñecemento da estrutura molecular das proteínas das membranas celulares fotosintéticas e a transferencia dos electróns na fotosíntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Residiu en Madrid desde 1740, onde traballou ao servizo do rei e foi profesor da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Traballou na fachada das igrexas de El Carmen e de Los Santos Justo y Pastor, na decoración do Palacio Real e en diferentes monumentos do Madrid da época de Carlos III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Michelangelo Buonarroti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Koldo Mitxelena Elissalt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e historiador. A raíz da revolución de 1830 concibiu a historia de Francia como unha loita continua do pobo contra o despotismo. Publicou Histoire de la Révolution Française (1847-1853), unha Histoire de France (1830-1869), en doce volumes, e a Histoire du siècle XIX (1872-1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores, da familia das magnoliáceas, que presenta follas pequenas e brillantes, a copa densa e as flores de cor morada. Miden ata 8 m de altura e son orixinarios do SL de China.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Industrial. Xunto co seu irmán Édouard Michelin (1859-1940), inventou e construíu os primeiros pneumáticos desmontables para bicicletas e automóbiles. Patrocinou a publicación das guías turísticas e mapas de estradas que levan o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Holding industrial francés fundado en 1863 polos irmáns André e Édouard Michelin. Agrupa máis de 80 empresas distribuídas en diversos países, dedicadas principlamente á fabricación de pneumáticos e cubertas de caucho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico inglés. Inventou a balanza de torsión, empregada por H. Cavendish para determinar a densidade da Terra. É autor dun tratado sobre imáns artificiais (1750) que constitúe a máis importante contribución científica sobre magnetismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Michelozzo di Bartolomeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Melozzo da Forlì, foi discípulo de Piero della Francesca. Influenciado por A. Mantegna, desenvolveu a perspectiva. Traballou na decoración da Biblioteca Vaticana, na capela de Il Tesoro en Loreto e en Urbino, onde o seu estilo se enriqueceu con achegas de D. Bramante e P. Berruguete. En Roma decorou a ábsida da igrexa dos Santi Apostoli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e escultor. Coñecido como Michelozzo, foi discípulo de F. Brunelleschi. Traballou no convento de San Marco (1437-1452) e, protexido por Cosme de Medici o Vello, iniciou (1444) a construción do Palazzo Medici-Ricardi, ambos os dous en Florencia. Decorou as vilas de Careggi (1431) e Cafaggiolo (1451), preto de Florencia e en 1460 chegou a Milán, onde deu a coñecer o estilo florentino combinado con elementos decorativos lombardos, como na capela Portinari da igrexa de San Eustorgio (1460), en Milán. Como escultor foi discípulo e colaborador de L. Ghiberti e Donatello e realizou o Monumento Arangazzi na catedral de Montepulciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico polaco. Foi profesor da Academia Naval de Annapolis (Maryland), onde estudou, en Cleveland e nas universidades de Worcester, Massachusetts e Chicago. Demostrou, xunto con E. W. Morley, a inexistencia do hipotético éter, mediante o coñecido experimento de Michaelson-Morley. Recibiu o Premio Nobel de Física (1907) polos seus estudos sobre o xeito de establecer a lonxitude de onda como patrón fundamental de lonxitude, en lugar do metro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Experimento de medida de interferencias luminosas efectuado, cun interferómetro de Michelson, por A. Michelson e E. W. Morley. Foi famoso porque decidiu negativamente a cuestión de se a Terra se movía ou non respecto ao éter e, en consecuencia, porqué obrigou a rexeitar a existencia deste éter. O resultado negativo do experimento explícase pola relatividade especial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico inglés. Comezou dirixindo obras teatrais como A Little like Drowning ou Made in Bangkok. Da súa produción destacan os filmes Truly Madly Deeply (1991), The English Patient (1996), que recibiu nove Oscar, entre eles o de mellor director (1997), The Talented Mr. Ripley (1999), Play (2000) e Cold Mountain (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO