"Ise" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 454.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrólise enzimática das proteínas que ten lugar tanto dentro coma fóra das células e que é necesaria para que os aminoácidos resultantes poidan atravesar as membranas celulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción na que unha substancia química se descompón mediante a acción dun medio protónico calquera.
-
PERSOEIRO
Escritor polaco. Iniciou a súa actividade literaria en Berlín e cultivou a lingua alemá. Ao seu regreso a Polonia (1898) dirixiu a revista Zycie, onde expuxo as súas teorías sobre a arte pura, traduciu ao polaco as súas obras en alemán e escribiu, en polaco, dramas como Dlaszcześcia (Pola felicidade, 1900), novelas, como Matka (A nai, 1902) e outras obras teóricas e biográficas, como Moiwspóécześni (Os meus contemporáneos, 1929-1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parálise falsa consistente nunha debilidade aparente do poder muscular debida a unha coordinación defectuosa dos movementos ou a unha defensa causada pola dor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método para o tratamento dos desaxustes emocionais e mentais, ideado por S. Freud en 1896 e baseado en fenómenos como os da motivación inconsciente, conflito e simbolismo onírico. Cando a doutrina que sustenta o método psicanalítico se refire ao tema do inconsciente, recibe o nome de psicoloxía profunda e engloba variantes da psicanálise como, por exemplo, a psicoloxía analítica, a psicoloxía individual e a denominada neopsicanálise, mentres que, cando insiste no papel primordial da motivación, oriéntase no sentido da psicoloxía dinámica. A elaboración do método psicanalítico orixinouse a partir da observación dos efectos nocivos de determinados acontecementos traumáticos aparentemente esquecidos; o establecemento posterior dun vínculo entre estes acontecementos e os síntomas observados, levou a Freud á afirmación dun inconsciente dinámico, a partir do que se pode comprender o sentido daqueles síntomas ao superar a serie de resistencias que o mencionado inconsciente determina....
-
PERSOEIRO
Astrónomo e matemático francés. Foi profesor de matemáticas en Rennes (1841) e Besançon (1846), e de astronomía na Universidade de París (1857). Astrónomo adxunto do observatorio astronómico de París, efectuou numerosos estudos sobre a mecánica celeste e elaborou unha teoría sobre a orixe da orografía lunar. Pódese considerar como o fundador da teoría das funcións alxébricas de variante complexa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Exfoliación da capa córnea da epiderme.
-
Enfermidade que se caracteriza polo desprendemento reincidente da epiderme.
-
-
PERSOEIRO
Escritora francesa. Coñecida como Françoise Sagan, deuse a coñecer sobre todo pola novela Bonjour tristesse (1954). Do resto da súa destacan algunhas pezas teatrais e as novelas De guerre lasse (1985), Un sang d´aquarelle (1987), La soga (1989), Les fauxfuyants (1991), Répliques (1992), Evasion (1993) e Un Chagrin de Passage (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de descomposición dunha substancia por irradiación con partículas de alta enerxía, raios X ou raios ã.
-
PERSOEIRO
Militar e economista alemán. Impulsor do cooperativismo, fundou Heddesdorfer Darlehenskassen-Verein, unha cooperativa de consumo en Weyersbusch (1846) e cooperativas agrarias (Raiffeisenvereine) e de crédito. Fundou o xornal Landswirtschaftliches Genossenshcaftblatt (1879) e publicou Die Darlehenskassenvereine (A unión das caixas de préstamo, 1866).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Malformación conxénita da columna vertebral que consiste nunha fenda do corpo vertebral.
-
PERSOEIRO
Xeógrafo e anarquista francés. Membro dunha familia de xeógrafos, foi profesor na Université de Bruxelles, onde viviu moitos anos de exilio a causa das súas ideas. Influíu notablemente sobre os anarquistas españois. É autor de Voyage à la Sierra Nevada (1861), Nouvelle géographie universelle (1875-1894) e L’homme et la Terre (1905).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Ave da orde dos paseriformes de pequeno tamaño, sen diferenciación morfolóxica externa entre machos e femias, e de cores pardas e arrubiadas. En Galicia están presentes o reiseñor común e o de auga.
-
Ave duns 16 cm de lonxitude coa plumaxe dorsal parda, a ventral máis clara, o rabo arrubiado, as patas de cor carne e un anel ocular branco. Coñécese principalmente polo seu canto rechamante. Viven en zonas boscosas e nas ribeiras dos ríos, alimentándose de insectos, larvas, miñocas e algúns froitos. É invernante en África, polo que a súa presenza en Europa é estival; en Galicia, como estival, pode verse entre abril e setembro principalmente no SL da rexión.
-
Ave duns 14 cm de lonxitude, coa plumaxe dorsal parda arrubiada e a ventral esbrancuxada, peteiro fino, patas rosadas e unha mancha linear máis clara enriba do ollo. Vive en zonas de espesura arbustiva ligadas a zonas acuosas como marismas, ríos ou encoros, alimentándose de insectos e sementes. É sedentario en Europa, e tamén en Galicia, onde está espallado por toda a rexión.
-
-
PERSOEIRO
Debuxante e caricaturista francés. Foi colaborador habitual das revistas Hara Kiri e Charlie Hebdo. Baseándose na experiencia cotiá, desenvolveu un sentido do humor directo e corrosivo, potenciado por un debuxo de trazo libre e dinámico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político checo. Foi membro do goberno do conde de Thun e foi partidario dunha federación con Austria. Deputado (1861-1863), asistiu ao congreso paneslavo de Moscova.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora alemá. Considerada o máximo expoñente da novela feminista do s XX en Alemaña, das súas obras destacan Mitte des Lebens (A media vida, 1950), Der Sündenbock (O chibo expiatorio, 1950), Die wollkommene Freude (A ledicia perfecta, 1962), Silberschuld (1987) e Abaelards Liebe (O amor de Abelardo, 1991), ademais de diversos contos, libros de viaxes, diarios e memorias.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ri ou sorrí con facilidade.
-
Que ten un aspecto alegre e agradable.
-
-
PERSOEIRO
Nobre francesa, marquesa de Montespan. Foi favorita do Rei Luís XIV (1667-1679), con quen tivo oito fillos que foron lexitimados polo monarca. En 1691 deixou Versailles e retirouse a un convento que ela mesma fundara en París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. Venceu no concurso para a construción en Roma do Monumento Nazionale a Vittorio Emanuele II, Il Vittoriano, que iniciou en 1885.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Françoise Quoirez.