"Ivo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 721.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se alimenta de landras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao goberno dun Estado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á bacteria que na tinguidura de Gram se decolora, e se tingue co colorante de contraste (colorante vermello). Exemplos de bacterias Gram-negativas son: Escherichia, Salmonella ou as Pseudomonas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á bacteria que na tinguidura de Gram non se decolora e se tingue co primeiro colorante (colorante violeta) e aparecen de cor azul escura. Exemplos de bacterias Gram-positivas son: Staphylococcus, Streptococcus ou Clostridium.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se nutre de cereais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se alimenta de gran.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos compostos organomagnésicos do tipo R-Mg-X, onde R pode ser un radical alquílico ou arílico, Mg un átomo de magnesio, e X un átomo dun halóxeno (cloro, bromo ou iodo, principalmente), que se obtén mediante a reacción R-X + Mg D R-Mg-X. Non se poden illar en estado puro porque se descompoñen con facilidade. Prepáranse mediante a mestura de limaduras de magnesio cun haluro orgánico en éter seco e atmosfera de nitróxeno. Empréganse en sínteses orgánicas, xa que reaccionan con case todas as substancias orgánicas agás os hidrocarburos, éteres e certas aminas. Dous reactivos que se usan moito son o ioduro de metil-magnesio (CH3-MGI) e bromuro de etil-magnesio (CH3-CH2-MgBr).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cerámica característica da parroquia de Gundivós (Sober). Desenvolveuse no primeiro cuarto do s XX en diversos obradoiros espallados por Vilanova, Campoverde, Moutarelle, Liñarán e outros lugares. Empregaron a roda baixa para realizar ámboas, barreñóns, cántaras, olas, xerras e outros obxectos que vendían eles mesmos ou a través dos arrieiros de Chantada.
-
PERSOEIRO
Escritor croata. Da súa produción destaca o drama Dubravka (1628) e o poema épico Osman (1626).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao gusto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao animal que só se alimenta de vexetais. Moitos insectos, a maior parte dos roedores e os mamíferos ungulados son herbívoros. Nunha cadea alimentaria os herbívoros constitúen o anel intermedio entre os vexetais e os animais carnívoros.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro de Minas. Ingresou no Corpo de Enxeñeiros de Minas en 1904 sendo destinado a Ciudad Real, desde onde pasou a Galicia para interesarse polo coñecemento do Paleozoico galego e dirixir os establecementos industriais de Vilaodriz, Viveiro, Vaamonde e Porcia. En 1914 ingresou no Instituto Xeolóxico para completar as súas rectificacións no Mapa Xeolóxico de Lugo, e en 1945 foi nomeado Inspector Xeral do Corpo de Minas. Foi creador e director, ata a data do seu falecemento, do Museo do Instituto Xeolóxico e Mineiro. Polo seu labor profesional e investigador foi recoñecido con diversos cargos e distincións, entre a que destaca o seu nomeamento como membro da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á perspectiva caracterizada pola súa hiperemotividade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao medicamento, substancia ou axente que provoca un aumento da presión sanguínea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao medicamento, substancia ou axente que diminúe a presión arterial. Os máis empregados son os bloqueadores α e β−adrenérxicos, os vasodilatadores, os diuréticos, as substancias que interfiren o sistema renina-anxiotensina, e os inhibidores enzimáticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que crea ou causa humidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que serve para identificar.
-
PERSOEIRO
Profesor e lexicógrafo. Catedrático de ensino medio de Lingua e Literatura Galega en Lugo, publicou, en colaboración con outros autores, varios dicionarios de lingua galega, como Vocabulario Gallego-Castellano (1984), Dicionario Xerais da Lingua Galega (1986), Dicionario Castelán-Galego (1990) e Gran Dicionario Xerais da Lingua (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que vomita lume.