"Mos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 604.

  • PERSOEIRO

    Avogado. Fundou e dirixiu a Revista Compostelana e publicou Derecho civil. Tratado de la sucesión testamentaria (1883).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Dirixiu o colexio seráfico de Herbón (Padrón), antes de trasladarse a Santiago de Compostela. Nesta cidade recibiu un premio literario no certame en honor a san Francisco (1909) pola obra La impresión de las llagas en el cuerpo de San Francisco. Colaborou na sección científica da publicación El Eco Franciscano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, fillo de Luís Mosquera Gómez. A súa pintura pode cualificarse como realista, aínda que recorre á subxectividade e engade simboloxías á obra. En canto á temática, mestura a tradición coa actualidade. Da súa obra destaca Nocturno (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. A súa actividade e entrega á causa galeguista centrouse no aspecto artístico, nas iniciativas culturais e na política. Dirixiu o grupo de teatro Cativezas (1923-1925). De 1932 a 1936 popularizou o famoso personaxe de O vello dos contos, do que se valeu para desenvolver un labor cultural importante na emisora santiaguesa Unión Radio Galicia e para facer campaña a favor do Estatuto de Galicia de 1936. No período de posguerra centrouse en recuperar a figura de Rosalía de Castro, e mesmo promocionou a creación do Patronato, do que foi presidente. En 1952 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Publicou Legitimidad de la Reina de españa Dª Isabel II de Borbón (1855) e diversos tratados didácticos, como Ábaco aritmético o nuevo sistema de cálculo numérico y en gran parte mecánico (1864),   Redutor métrico y dicionario metrológico en español, inglés y norteamericano (1873) e Redutor métrico (de tipos y precios), seguido de un dicionario metrológico (1876).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. Foi un dos primeiros membros da Unión Sindical Obrera (1966-1967). Foi deputado no Parlamento galego polo PSOE (1985-1988) e secretario xeral da UGT desde 1980. Participou na creación e constitución do Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal e da Fundación para a defensa do Consumidor (FUNDECO), e impulsou a formación da Fundación Luís Tilve (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Roberto Luis Moskowich-Spiegel Pan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor. Obtivo o título de frauta no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Foi membro fundador de distintos grupos musicais, como Talea (1986), e da Asociación Galega de Compositores (1987). Da súa produción destacan obras como a música para a obra dramática Edipo Rei (1983), Fotosíntese (1985), Plaint for García Lorca (1986) ou Tres pezas para quinteto de vento (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso bieito. Foi predicador xeral da orde de San Bieito en Santiago de Compostela, onde foi secretario das Festas Minervais de 1697. Na obra publicada co gallo do certame, inseriu unha Oración poética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar colombiano. Candidato conservador, foi elixido presidente da república (1845-1849) e contribuíu á penetración económica de EE UU. Rompeu co Partido Conservador e, como representante do liberalismo radical, obtivo o poder (1861). Foi elixido presidente constitucional (1863-1864) e reelixido en 1866, pero enfrontouse cos liberais e foi derrocado (1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arma de fogo portátil, máis longa e pesada ca o fusil, empregada durante os ss XVI e XVII. De orixe alemá, cargábase pola boca e disparábase, apoiándoa nun forcado, mediante unha mecha.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Soldado armado con mosquete.

    2. Compoñente de cada unha das dúas compañías dacabalo, coñecidos como grises ou negros, segundo a cor dos cabalos que montaban, que durante o s XVII pertenceron á casa do rei de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arma de fogo portátil, de repetición, máis curta e máis longa ca o fusil e que constituíu o armamento propio dos exércitos durante máis de medio século.

    2. Especie de elo ou anel metálico de diferentes formas, que se pecha automaticamente abríndose cara ao interior grazas a un resorte, co fin de pasarlle unha corda ou o burato dun pitón.

    3. Broche metálico de diferentes formas que se pecha automaticamente grazas a un resorte que adoita ser colocado no extremo dun cabo, que se emprega para envergar as velas dos balandros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ribeira dereita da ría de Arousa situada entre a punta de Cabío e a praia de Belloch, na parroquia do Xobre (A Pobra do Caramiñal).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desprender algo muxicas ao arder.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dosel de gasa co que se cobre a cama para evitar que entren os mosquitos ou outros insectos.

    2. Rede ou obxecto co que se cobre algo para que non entren os mosquitos ou outros insectos.

    3. Lugar pragado de mosquitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Insecto da suborde dos nematóceros, especialmente da familia dos culícidos.

    2. anófele.

    3. Insecto díptero, do xénero Culex, da familia dos culícidos, de larvas acúaticas e omnivoras. Os adultos chuchan líquidos internos mediante picaduras.

    4. Insecto da familia dos tiflocídidos, de pequeno tamaño e parasito de cultivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo mosquito.

    2. Individuo do pobo mosquito.

    3. Pobo amerindio que habita na zona costeira de Honduras e de Nicaragua. Son agricultores e fabrican un tecido feito con cortiza de árbore, moi semellante ao hule. Mesturáronse con poboación negra.

    4. Lingua que fala o pobo mosquito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avión bimotor De Havilland empregado durante a segunda guerra mundial como aparato de bombardeo e de asalto.

    VER O DETALLE DO TERMO